23/02/2021
As aavv de veciños , así como , case a totalidade de veciños
afectados polo ruinoso estado das carreteras do concello de
Carballedo que , dende fai maís de un ano reclaman a súa
mellora , estamos tremendamente contrariados coas declaracións
do PRESIDENTE da Deputación aos medios , declaracións que
nos deixaron totalmente perplexos coa falta de seriedade , de
rigor pero , sobre todo e ante todo , a falta de veracidade e
malas artes utilizadas para vender unha suposta millora , que si
ben é certo se acometeu , non se cingue en nada á realidade que
vostede expón coas súas palabras , a que nos vemos e sufrimos
de maneira directa e , moito menos , responde a unhas verdadeiras
necesidades que deberían acometerse , segudo as súas propias
palabras no seu momento , atendendo a un criterio de prioridade .
Por tal motivo , estas declaracións non fan maís que aumentar ,
se cabe , a nosa absoluta indignación coa súa conduta e coa
xestión que está realizando co problema que nos incumbe . Aínda
que , vaia por diante , calquera obra de mellora ben vinda sexa , a
verdade é que hai que apuntar que resulta , non soamente
insignificante con respeto á totalidade das obras necesarias para o
arranxo das estradas afectadas , senón que é totalmente
secundario arranxar o drenaxe e o aparcamento do catamarán
cando , moito o noso pesar , non hai tal atracción turística e cando
, precisamente esas augas drenadas , non afectaban en absoluto
a rede viaria . Doutra banda , non se sabe con que criterio pero o
de prioridade non é , arránxase o drenaxe en 385m dunha das
cunetas que resulta ser das que menor problema presentan nese
sentido en detrimento de aquelas que , de maneira obxetiva ,
sofren ese acuciante problema tanto na estrada LU-P1001 , coma a
LU-P1002 , LU-P1004 e a LU-P1010.
E , se todo o exposto ata o de agora non fose suficiente , o
malestar dos veciños e dos usuarios das viarias vai en aumento ao
ter conocemento , iso si a través da prensa , da súa presenza no
noso concello con motivo de supervisar os traballos realizados e ,
doutra banda , a súa falta de interés xa reiterada por escoitar as
peticións das asociacións o que , o noso entender , non deixa de ser un total e absoluto desprezo e unha deixamiento das súas
funcións como representante dunha administración que debería
velar pola seguridade e polo desenvolvemento rural , como
vostede mesmo se jacta nos medios de comunicación , pero , moi o
noso pesar , está evidenciado que non é así.
Só para estar claro , non queremos deixar de mostrar o noso
descontento o poñer en dúbida a autonomía independente dos
pensamentos políticos dos firmantes que apoian a nosa petición ,
así como , a impotencia despois de ver o resultado do pleno no que
se presentou a nosa moción e na que votaron en contra a
coalición que goberna.
Seguiremos reclamando os nosos dereitos ata lograr conseguir
os obxetivos que perseguimos para o que , se cadra , teremos
que trasladar este problema ao valedor do pobo ou a calquera
outra instancia que teña a ben escoitarnos e recoñecer eses
dereitos pero , o que si temos claro é que , a pesar de tentar
silenciarnos con falsas informacións , estaremos aquí en todo
momento para trasladar a realidade da nosa situación cando sexa
oportuno e desmontar todas e cada unha das informacións que non
respondan a veradade .
Por último , supoño que o sucedido co autobus escolar na
LU-P1803 , serviralle de exemplo do que acotío estamos
padecendo os que reclamamos o arranxo urxente das nosas
estradas para evitar este tipo de accidentes como así lle consta a
esa administración pola cantidade de reclamacións que reciben a
ese efecto . Iso , señor presidente ,é o que intentamos evitar e
só ocurre cando non se escoita nin se atende a peticións como as
nosas facendo , de ese xeito , unha flagrante deixadez dás súas
funcións que poden acarrear consecuencias moi graves.
El presidente de la Diputación de Lugo y responsable directo del área de Gestión Territorial, José Tomé Roca, supervisó junto con la diputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, el resultado de un conjunto de actuaciones desarrolladas por la instituci....