Monumenta: andar con arte

Monumenta: andar con arte Monumenta, andar con arte é un programa de actividades culturais que se desenvolve ao redor da acción de camiñar e da experiencia
da andaina.

Monumenta, andar con arte é un programa de actividades culturais que se desenvolve ao redor da acción de camiñar e da experiencia
da andaina como a mellor e a máis antiga das maneiras de explorar e de vivir o territorio. Con este novo horizonte, Monumenta
avanza un paso máis á hora de mostrar, difundir e contar o noso patrimonio material —igrexas, castros e outros monumentos e lugares históricos—

desde as achegas do patrimonio inmaterial, que é a raíz do seu significado. O camiñar, como o respirar, revestiu de contido os nosos carreiros ao longo da historia, para configurar a paisaxe, os nosos relatos
e vivencias. Co saber dos camiñantes convidados, Monumenta achega outra mirada aos nosos camiños, nos que se erguen os edificios históricos relixiosos ou as primeiras instalacións da Revolución Industrial. Convidados expertos en diferentes áreas como a arquitectura, a arqueoloxía, a xeografía, a xeoloxía ou a arte, axudarannos a entender outras particularidades e valores dos diversos aspectos do patrimonio material e inmaterial de Galicia.

Monumenta é un ciclo da   da   e ademáis contou coa xenerosa colaboración –e implicación– de todos os concellos polos qu...
15/09/2021

Monumenta é un ciclo da da e ademáis contou coa xenerosa colaboración –e implicación– de todos os concellos polos que pasamos nesta edición 2021. Moitas grazas a todas as persoas que, representando aos seus concellos, nos acompañaron durante as andainas e ás técnicas/técnicos que nos axudaron na programación das actividades. Concello de Pontedeume Concello de Ribas de Sil Concello O Saviñao Concello de Cea Concello de Ribeira
Concello de Cerdedo-Cotobade Concello de Silleda

Terminou   , pero unha das cousas que máis valoramos é divulgar e promocionar o traballo dos/das guías profesionais que ...
14/09/2021

Terminou , pero unha das cousas que máis valoramos é divulgar e promocionar o traballo dos/das guías profesionais que están todo o ano realizando fermosos roteiros por Galicia. é un dos nosos imprescindibles colaboradores. Lembrar, participar nos súas andainas non é un gasto, é un investimento.

Rematou Monumenta 2021.  Moitísimas grazas a todas as persoas que participastes ou mostrastes interese por algún roteiro...
13/09/2021

Rematou Monumenta 2021. Moitísimas grazas a todas as persoas que participastes ou mostrastes interese por algún roteiro e que, debido ao protocolo Covid-19, non puidemos atender.
Nas próximas semanas, resumiremos os "Momentos Monumenta" máis destacados que nos deixaron estos 2.400 km percorridos ao longo de 14 andainas por fermosas paisaxes, con ducias de actividades e a participación de máis de 30 expertas e expertos. Foi un enorme privilexio compartir con todas e todos vós esta experiencia.

13/09/2021

   -Cotobade
11/09/2021

-Cotobade

En poucas horas pecharemos as andainas desta fin de semana por Pazos de Arenteiro e O Corgo.  Por desgraza, temos máis s...
31/08/2021

En poucas horas pecharemos as andainas desta fin de semana por Pazos de Arenteiro e O Corgo.
Por desgraza, temos máis solicitudes que prazas dispoñibles e non poderemos atender todas as peticións.
Aproveitamos para repetir o punto de encontro da andaina "Os bosques sagrados de Galicia". É na entrada principal da casa rural Fervenza Casa Grande.

http://www.fervenza.com/

https://goo.gl/maps/dKJG6gaX8FpNidzK8

★★★★☆ · Hotel

29/08/2021

Este domingo, na andaina polos penedos da Picaraña en Ponteareas, convidamos ao paisaxista sonoro Carlos Suarez para que...
25/08/2021

Este domingo, na andaina polos penedos da Picaraña en Ponteareas, convidamos ao paisaxista sonoro Carlos Suarez para que nos fale das gravacións de campo. No Mapa Sonoro de Galicia podedes escoitar algunhas das súas obras.

http://mapasonoro.consellodacultura.gal/coleccions/colecion/14

Unha marabillosa viaxe sonora a través do río Miño, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. O proxecto foi levado polo colectivo escoitar.org, cos técnicos Carlos Suárez e Jesús Otero, que recolleron e documentaron diferentes sons da auga na súa interacción co resto do medio físico ...

Este sábado, na andaina por Corrubedo "A paisaxe litoral na punta de Corrubedo", faremos a presentación do Abellón. http...
24/08/2021

Este sábado, na andaina por Corrubedo "A paisaxe litoral na punta de Corrubedo", faremos a presentación do Abellón.

http://www.folque.com/01.140415wp/actividades/producions/abellon/

Abellón é un proxecto artístico e educativo que convida a unha reflexión vinculando tres mundos aparentemente non conectados: o biolóxico, a partir da figura das abellas; o social, desde os rituais…

Como adianto ás seguintes andainas desta fin de semana por   e  , aquí tendes un interesante artigo de onte mesmo na BBC...
23/08/2021

Como adianto ás seguintes andainas desta fin de semana por e , aquí tendes un interesante artigo de onte mesmo na BBC en español.

En un mundo cada vez más ruidoso, Gordon Hempton ha pasado más de 40 años hablando sobre la importancia de salvar el silencio. ¿Estamos finalmente listos para escuchar?

Caldo son María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz + pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra). Caldo é un dos proxectos má...
19/08/2021

Caldo son María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz + pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra). Caldo é un dos proxectos máis frescos do novo folk galego. Melodías tradicionais integradas en novos contextos sonoros. Veñen de recibir o premio Martín Códax da Música 2020 na categoría de folk e o premio Fran Pérez “Narf” 2020 da Deputación da Coruña.

Peregrinas a Santiago de Compostela
BERDOIAS, VIMIANZO, A CORUÑA
Domingo 22 de agosto, 10:00

https://www.youtube.com/watch?v=mStRJxHXmKM

Gravado en directo no Tinta Negra (Vigo). Moscoso noitébrego é un arranxo orixinal de Caldo sobre unha melodía tradicional da zona de Moscoso.Músicos:Pedro F...

      As bágoas de San Lourenzo desde o Cabo do Mundo. Con Javier Trigales,  Mateo Mena, Ramón Souto, Carolina Sánchez S...
18/08/2021


As bágoas de San Lourenzo desde o Cabo do Mundo. Con Javier Trigales, Mateo Mena, Ramón Souto, Carolina Sánchez Sanz, Iago Bischoff.

       Arqueoloxía na Vía da Prata: o castelo de Lobarzán. Con Beatriz Comendador Rey, Víctor Rodríguez Muñiz e Lucía Ro...
18/08/2021


Arqueoloxía na Vía da Prata: o castelo de Lobarzán. Con Beatriz Comendador Rey, Víctor Rodríguez Muñiz e Lucía Rodríguez Álvarez. Universidade de Vigo.

Os camiños da minaría aurífera en Galicia.
17/08/2021

Os camiños da minaría aurífera en Galicia.

A xornada de onte na noite das perseidas non rematou como tiñamos pensado. Desde a organización querémosvos agradecer a ...
13/08/2021

A xornada de onte na noite das perseidas non rematou como tiñamos pensado. Desde a organización querémosvos agradecer a vosa comprensión e paciencia. Por sorte, co esforzo colectivo conseguimos sair do Castro.
A empresa de autobuses xa falou con nós e desculpouse polo grave erro do condutor ao mudar a data do servizo para esta madrugada.
Aceptamos as desculpas ainda que todavía temos ese mal rato metido no corpo. Unha vez máis, moitas grazas a todxs por sacar adiante o transporte de volta.

Esta fin de semana estaremos en Oímbra e Ribas de Sil. As temperaturas serán altas pero as expertas e expertos dixéronno...
13/08/2021

Esta fin de semana estaremos en Oímbra e Ribas de Sil. As temperaturas serán altas pero as expertas e expertos dixéronnos que están dentro do normal nesta época do ano. Os horarios xa foron establecidos, en cada localización, co obxectivo de adaptarnos á climatoloxía. Un recurso que se recomenda na montaña, ademáis do chapeu, é levar un paraugas. Si estades a tempo, podedes engadilo ás "Necesidades específicas". Grazas.

https://monumentagalicia.com/2021/andainas/2021/arqueoloxia-na-via-da-prata-o-castelo-de-lobarzan/

Estrea mundial de BUZZ na noite das "bágoas de San Lourenzo". Inspirados nos procesos de difracción, reflexión e refracc...
11/08/2021

Estrea mundial de BUZZ na noite das "bágoas de San Lourenzo".

Inspirados nos procesos de difracción, reflexión e refracción dos raios electromagnéticos en relación co pó de estrelas, presentamos unha iniciativa de música electrónica deseñada por Buzz –Mateo Mena e Ramón Souto–, para a noite do 12 de agosto na aldea do Castro, O Saviñao, Lugo.

Unha intervención sonora modificando en tempo real a radiación electromagnética e as emisións de radiofrecuencia na ionosfera e transformando en "audibles" os rangos inaudibles de frecuencia da electricidade atmosférica e dos raios de luz de diversas fontes: vento solar, meteoros, estrelas…

A sesión rematará coa charla do xoven astrónomo Iago Bischoff, que nos falará do ceo estrelado desde O Saviñao.

Colaboradores: Luís Javier Fitera, Severino García Seijo, Blanca Viñas.

Asesoramento científico-técnico: Belén Montenegro, Álvaro Gallego.

Agradecementos: Ignacio Barcia.

https://monumentagalicia.com/2021/andainas/2021/as-bagoas-de-san-lourenzo-desde-o-cabo-do-mundo/

       “El Camino Olvidado” no Bierzo. Con Borja Jiménez Rodriguez ( Miel del Camino de Santiago), Olga Verde (Godelia),...
10/08/2021


“El Camino Olvidado” no Bierzo. Con Borja Jiménez Rodriguez ( Miel del Camino de Santiago), Olga Verde (Godelia), Marcos López (Asociación Leonesa del Camino Olvidado) e Leticia Rey.

     Os contactos culturais nos camiños marítimos. Con Carolina Queipo Gutiérrez, Carlos de Castro Álvarez e Antía Muíño...
09/08/2021


Os contactos culturais nos camiños marítimos. Con Carolina Queipo Gutiérrez, Carlos de Castro Álvarez e Antía Muíño.

Dirección

Galicia

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Monumenta: andar con arte publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Monumenta: andar con arte:

Compartir

Categoría


Otros Agencia de viajes en Galicia

Mostrar Todas

También te puede interesar