Feder 5 - Deputación de Ourense

Feder 5 - Deputación de Ourense Negociado de Planificación - Proxectos ARRAIANO, DELORUR e TERRAS DO AVIA Encadradas nas axudas do

Os proxectos ARRAIANO, DELORUR e TERRAS DO AVIA presentados pola Deputación de Ourense, foron aprobados no ano 2008 polo Ministerio de Política Territorial, estando encadradas nas axudas do FEDER - Eixe 5, Desenvolvemento Local e Urbano, dentro do Programa Operativo Rexional de Galicia.

09/02/2015

A Deputación de Ourense presenta o primeiro programa transfronteirizo de termalismo España-Portugal.

Os cidadáns da eurocidade Chaves-Verín poderán este ano participar no programa de Termalismo Saudable "Ourense, a provincia termal" que ofrece tratamentos, servizos médicos e actividades socio-culturais nas instalacións balnearias da provincia de Ourense.

Manuel Baltar asinou hoxe na sede da eurocidade o convenio de colaboración co alcalde de Verín e o vicepresidente da Cámara Municipal de Chaves.

Ourense, 6 de febreiro de 2015.- A Deputación de Ourense é o primeiro goberno provincial que pon en marcha un programa de termalismo social transfronteirizo España-Portugal, permitindo aos residentes da eurocidade Chaves-Verín beneficiarse do programa de Termalismo Saudable "Ourense, a provincia termal" que desenvolve a institución provincial, e que ofrece tratamentos termais, servizos médicos e actividades socio-culturais nas instalacións balnearias da provincia de Ourense.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar asinou hoxe na sede da eurocidade co alcalde de Verín, Juan Jiménez, e co vicepresidente da Cámara Municipal de Chaves, Carlos P***s, o convenio de colaboración que permitirá aos cidadáns portugueses residentes en Chaves participar do programa de Termalismo Saudable en igual condición que os empadroados en calquera municipio da provincia de Ourense, en virtude da súa pertenza á eurocidade Chaves-Verín.

O Programa de Termalismo Saudable 2015 significa a extensión por primeira vez dunha política social desenvolvida por unha administración provincial española aos cidadáns do país veciño en base da súa pertenza a unha Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) como é a eurocidade Chaves-Verín.

En opinión de Manuel Baltar, "esta iniciativa supón un impulso máis ao desenvolvemento dun sector estratéxico para a provincia de Ourense como é o Termalismo, unha aposta inequívoca do goberno provincial por potenciar unha das nosas singularidades, e agora, coa internacionalización da nosa riqueza termal, favoreceremos a promoción non só do noso termalismo senón tamén do noso patrimonio, turismo, gastronomía e medio natural".

A igualdade de trato entre os cidadáns empadroados en calquera municipio de Ourense e os cidadáns residentes en Chaves-Verín, que recolle o Programa de Termalismo Saudable, é coherente coa asunción do concepto das Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial, "unha identidade xurídica que facilita o recoñecemento da nova dimensión transfronteiriza para aproveitar as oportunidades que esta situación de privilexio xeográfico concede aos residentes de ámbolos dous lados da fronteira", explica Manuel Baltar.

Ocio e saúde

A Deputación de Ourense, por medio da súa Área de Benestar, publicará no BOP o próximo 9 de febreiro o Programa de Termalismo Saudable 2015 "Ourense, a provincia termal", unha actuación enmarcada no ámbito das políticas sociais que oferta servizos de saúde, benestar e envellecemento activo a través do termalismo social baseado nos beneficios -en termos de calidade de vida- que ofrecen as propiedades terapéuticas das augas declaradas como mineiro-medicinais, os servizos médicos asociados ao seu desfrute e as actividades socioculturais que se prestan nas instalacións termais da provincia de Ourense.

O programa contempla distintas modalidades nas que poden participar os cidadáns que cumpran os requisitos de idade que cada modalidade esixe, con independencia do concello de España no que residan, se ben a subvención á que aceden é maior se están empadroados nalgún municipio da provincia de Ourense ou residen na eurocidade Chaves-Verín.

A xestión do programa realízase a través da administración electrónica para que o beneficiario poida tramitar a súa solicitude dende calquera lugar e a calquera hora, obtendo unha resposta inmediata e en tempo real sen demoras nin retrasos. No mesmo momento no que o cidadán realiza a solicitude on-line obtén a resolución da administración.

Asemade, as bases reguladoras do Programa 2015 tamén contemplan o papel das "Entidades Adheridas", unha figura ideada para todas aquelas entidades que queiran proporcionar apoio tecnolóxico aos seus cidadáns a través da xestión das solicitudes.

Os organismos interesados poderán xestionar solicitudes ao programa, para o cal, previamente, terán que asinar un convenio coa Deputación de Ourense que os acredita como "Entidade Adherida" ao programa. Desta maneira, os cidadáns poderán xestionar as súas solicitudes a través dos Servizos Sociais da eurocidade, tanto os de Verín como os de Chaves, converténdose a AECT e os concellos que a conforman nos primeiros en adquirir a condición de "Entidade Adherida" ao programa de Termalismo Saudable 2015 da Deputación de Ourense.

http://dpouv2.depourense.es/index.php/actualidade/1053-a-deputacion-de-ourense-presenta-o-primeiro-programa-transfronteirizo-de-termalismo-espana-portugal

09/02/2015

O proxecto "LIFE Regenera Limia" porá en marcha máis de vinte actuacións para mellorar a conca do río Limia.

A Deputación de Ourense e o Inorde, socios do proxecto, participan en investigacións sobre fertilizantes e xurros, e poñendo a disposición 10 hectáreas de terreo para actividades prácticas en xestión de fertilizantes.

Ourense, 5 de febreiro de 2015.- O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, investirá máis de dous millóns de euros (2.053.000 €) na posta en marcha do proxecto "LIFE Rexenera Limia", que nace co obxectivo de recuperar a calidade medioambiental do río Limia ao seu paso por esta bisbarra de Ourense mediante máis dunha vintena de actuacións.

Este proxecto, que foi elixido pola Comisión Europea de entre preto de 1.500 candidaturas, pretende aplicar un conxunto de medidas preventivas e de rexeneración para reducir os nutrientes de orixe gandeira nas masas de auga da conca do río Limia, para cumprir cos obxectivos medioambientais que establece a Directiva Marco da Auga e a normativa de transposición á lexislación española.

A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu hoxe unha xornada na que os socios do proxecto explicaron as diferentes técnicas que se utilizarán para mellorar a conca do río. A xornada foi inaugurada polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da CH Miño-Sil, Francisco Marín; a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, e o alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, e contou tamén coa participación de representantes das empresas Ecolagunas e Gas Natural, así como de Alberto de Anta, xefe da Área de Xestión Ambiental da CH Miño-Sil, quen explicou as actividades do proxecto.

A Deputación de Ourense e o Inorde, socios do proxecto, participan en investigacións sobre fertilizantes e xurros, e poñendo a disposición 10 hectáreas de terreo para actividades prácticas en xestión de fertilizantes.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou no acto de inauguración "a importancia da cooperación público-privada que nos une neste proxecto, que aporta para a comarca da Limia -a máis importante no ámbito agrario de Galicia- un traballo rigoroso e necesario para achegar solucións medioambientais co fin de conseguir que A Limia e, por extensión, a provincia de Ourense sexan máis "verdes" e melloren o seu medio ambiente".

O proxecto europeo "LIFE Regenera Limia" ten como obxectivo levar a cabo accións preventivas no ámbito medioambiental na cunca do río Limia para facer compatible a actividade gandeira co bo estado das masas de auga da comarca da Limia.

Xestión de residuos gandeiros

En concreto, hoxe presentáronse 26 accións entre as que destaca o desenvolvemento de solucións alternativas para a xestión dos residuos gandeiros, destinadas a reducir o seu impacto no medio ambiente a través zonas húmidas artificiais intensivas de macrófitos. Trátase de crear un sistema de lagoas artificiais como proxecto piloto de tratamento de zurros de porcino por medio de métodos naturais de depuración.

Ao mesmo tempo, considérase a creación e posta en marcha dun sistema de control Integrado de xestión de fertilizantes e estercos en chans agrarios que permita un emprego máis eficiente destes, reducindo as achegas difusas de nutrientes ás augas, traballo no que participa a Deputación de Ourense.

Está previsto tamén a reconversión das antigas explotacións mineiras de extracción de area na Canle de Antela nun sistema lagunar de pozas que potencien a capacidade de depuración natural do curso fluvial e que contribúa á recuperación de espazos húmidos na ZEPA da Limia.

Tamén se levará a cabo a recuperación ambiental dos leitos fluviais modificados e a rexeneración e reconexión de sistemas laguares para reducir a presenza de nutrientes na auga e a eutrofización, á vez que se recuperarán os ecosistemas locais de especial transcendencia en espazos incluídos na Rede Natura 2000.

Coa posta en marcha destas actuacións espérase que unha vez que finalice o proxecto, que terá unha duración de tres anos, se reduza a concentración de nutrientes na auga, o uso de fertilizantes (un 30% menos), o de estercos (un 50% menos) e que haxa un 40% menos de gases de efecto invernadoiro.

O programa contempla tamén accións de formación e información aos sectores máis afectados, estando prevista a participación de aproximadamente un millar de persoas no conxunto das actuacións previstas.

A xornada de hoxe completouse cun foro de debate no que se analizou o estado das masas de auga da bacía do Limia, as redes de control e investigación da calidade das augas, o emprego de boas prácticas como garantía de rendemento agrícola e as boas prácticas nos ámbitos agrícola, gandeiro e forestal.

No proxecto, cofinanciado polo programa LIFE da Unión Europea, participan como socios beneficiarios a Xunta de Galicia -a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas-, a Deputación de Ourense, o Inorde, as empresa Ecolagunas e Coren, o sector gandeiro e Gas Natural como colaborador financeiro.

Toda a información do proxecto está dispoñible na web www.regeneralimia.org.

http://dpouv2.depourense.es/index.php/actualidade/1052-o-proxecto-life-regenera-limia-pora-en-marcha-mais-de-vinte-actuacions-para-mellorar-a-conca-do-rio-limia

31/07/2014

Actuacións de rehabilitación nun hórreo en Arnoia (Ourense). Antes da rehabilitación (Proxecto TERRAS DO AVIA)

14/07/2014

RUTA DAS TORRES DA LIMIA - TORRE DA PENA (XINZO DE LIMIA)
Paneis explicativos nas tres torres da Limia: O Castro (Sandiás), A Pena (Xinzo de Limia), e Porqueira.
Unha das últimas actuacións contempladas nos proxectos ARRAIANO, DELORUR e TERRAS DO AVIA, realizados no último... trimestre do ano 2012, consistiron en plans de sinalización turística e de seguridade viaria destas zonas. Destacan, polo seu volume, o Proxecto de sinalización turística e de seguridade viaria das comarcas do Carballiño e O Ribeiro (TERRAS DO AVIA), que ascendeu a un total de 205.284,05 euros, mentres que no caso das comarcas de Valdeorras e Viana (DELORUR), o total destas dúas actuacións ascendeu a un total 173.629,04 euros. No caso do Proxecto ARRAIANO (comarcas da Limia e Monterrei), o importe foi moito menor, case 12.000 euros, consistindo este proxecto na instalación de paneis explicativos das 3 torres medievais (A Pena, Porqueira e Sandiás) que rodeaban a antiga Lagoa de Antela.

07/07/2014

Torre Wimax en Mandín (Proxecto ARRAIANO).

25/06/2014

Illetas soterradas en Xinzo de Limia (Ourense). Axudas á mellora do espazo público, medio ambiente e paisaxe urbana, baseándose no Plan Especial de Actuación para a Accesibilidade co que contan Verín, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, A Rúa, Viana do Bolo, O Carballiño e Ribadavia, dos núcleos urbanos obxecto do proxecto a través de actuacións para a peonalización, pavimentación, renovación de mobiliario urbano, supresión de barreiras arquitectónicas e instalación de illas soterradas para a recollida selectiva dos residuos sólidos urbanos. Proxecto ARRAIANO, proxecto cofinanciado polo FEDER.

12/08/2013

Centro de Transformación de Biomasa de Trasmiras (Ourense)(Proxecto ARRAIANO).
Actividade 3: Creación dun Centro de Transformación da Biomasa (CTB) para a súa acumulación, clasificado, triturado e secado, así como dotación de material para ...realiza-los traballos de limpeza e xestión da biomasa das vías na zona de dominio público dos municipios obxecto do proxecto (Proxecto Cofinanciado ó 70 polo FEDER e o 30% pola Deputación de Ourense).

06/08/2013

::. Negociado de Planificación - Deputación de Ourense

02/07/2013

Placa da microplanta de transferencia da comarca da Limia (Parque Empresarial de Xinzo de Limia) – Proxecto de actuacións en materia de recollida selectiva e tratamento de residuos solidos na provincia de Ourense. Este proxecto foi xestionado polo negociado e coofinanciado polo Fondo de Cohesión. As actuacións iniciáronse en decembro de 2001. Estas actuacións relacionábanse coa realización de investimentos en instalacións, vehículos, equipos e medios materiais, para a implantación do servizo de recollida selectiva e o tratamento de residuos solidos na provincia, tales como:
-Construcción e equipamentos de 11 Microplantas de Transferencia (T2 e T3). Estas plantas teñen como finalidade fundamental a recollida independente dos residuos segregados nos contedores para o seu posterior traslado ás prantas de transferencia da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA).
-Camións compactadores.
-Colectores diversos.
-Vehículos de transporte ás prantas de tratamento.

25/03/2013

RUTA DAS TORRES DA LIMIA - TORRE DE PORQUEIRA
Paneis explicativos nas tres torres da Limia: O Castro (Sandiás), A Pena (Xinzo de Limia), e Porqueira.
Unha das últimas actuacións contempladas nos proxectos ARRAIANO, DELORUR e TERRAS DO AVIA, realizados no último... trimestre do ano 2012, consistiron en plans de sinalización turística e de seguridade viaria destas zonas. Destacan, polo seu volume, o Proxecto de sinalización turística e de seguridade viaria das comarcas do Carballiño e O Ribeiro (TERRAS DO AVIA), que ascendeu a un total de 205.284,05 euros, mentres que no caso das comarcas de Valdeorras e Viana (DELORUR), o total destas dúas actuacións ascendeu a un total 173.629,04 euros. No caso do Proxecto ARRAIANO (comarcas da Limia e Monterrei), o importe foi moito menor, case 12.000 euros, consistindo este proxecto na instalación de paneis explicativos das 3 torres medievais (A Pena, Porqueira e Sandiás) que rodeaban a antiga Lagoa de Antela.

25/03/2013

RUTA DAS TORRES DA LIMIA - TORRE DO CASTRO
Paneis explicativos nas tres torres da Limia: O Castro (Sandiás), A Pena (Xinzo de Limia), e Porqueira.
Unha das últimas actuacións contempladas nos proxectos ARRAIANO, DELORUR e TERRAS DO AVIA, realizados no último... trimestre do ano 2012, consistiron en plans de sinalización turística e de seguridade viaria destas zonas. Destacan, polo seu volume, o Proxecto de sinalización turística e de seguridade viaria das comarcas do Carballiño e O Ribeiro (TERRAS DO AVIA), que ascendeu a un total de 205.284,05 euros, mentres que no caso das comarcas de Valdeorras e Viana (DELORUR), o total destas dúas actuacións ascendeu a un total 173.629,04 euros. No caso do Proxecto ARRAIANO (comarcas da Limia e Monterrei), o importe foi moito menor, case 12.000 euros, consistindo este proxecto na instalación de paneis explicativos das 3 torres medievais (A Pena, Porqueira e Sandiás) que rodeaban a antiga Lagoa de Antela.

28/02/2013

Illetas soterradas en Xinzo de Limia (Ourense) (Proxecto ARRAIANO). Axudas á mellora do espazo público, medio ambiente e paisaxe urbana, baseándose no Plan Especial de Actuación para a Accesibilidade co que contan Verín, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, A Rúa, Viana do Bolo, O Carballiño e Ribadavia, dos núcleos urbanos obxecto do proxecto a través de actuacións para a peonalización, pavimentación, renovación de mobiliario urbano, supresión de barreiras arquitectónicas e instalación de illas soterradas para a recollida selectiva dos residuos sólidos urbanos. Proxecto ARRAIANO, proxecto cofinanciado polo FEDER.

28/02/2013

Mellora da contorna dun cruceiro en Piñeira de Arcos (Sandiás) dentro do Proxecto Arraiano (proxecto cofinanciado ó 70% polo FEDER) no ámbito dedicado á promoción do patrimonio cultural e preservación deste, a Deputación de Ourense convocou no 2010 unha liña de axudas destinadas á preservación e conservación do rico patrimonio etnográfico dos nosos concellos, asi como a realización da mellora de accesos ó castelo de Monterrei.

A intención da Deputación de Ourense, ó convoca-las devanditas axudas, foi a protección, conservación, así como a posta en valor dos numerosos bens do patrimonio etnográfico que atesoura a provincia da Ourense (moitos deles nun pésimo estado de conservación), co fin de evita-la súa perda para sempre, coa perda que iso implicaría para o patrimonio cultural e, por ende, turístico, da provincia.

Os investimentos subvencionados tiverón carácter de obras de limpeza, consolidación, conservación e rehabilitación das construcións, instalacións e do seu contorno, e articularán unha política de promoción da cultura e da paisaxe nas áreas xeográficas dos proxectos.

25/02/2013

O Proxecto Arraiano contou co financiamento da Deputación de Ourense e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) Ten como obxectivo mellora-lo ben...

21/02/2013

Centro de Transformación de Biomasa de Trasmiras (Ourense)(Proxecto ARRAIANO). Actividade 3: Creación dun Centro de Transformación da Biomasa (CTB) para a súa acumulación, clasificado, triturado e secado, así como dotación de material para ...realiza-los traballos de limpeza e xestión da biomasa das vías na zona de dominio público dos municipios obxecto do proxecto (Proxecto Cofinanciado ó 70 polo FEDER e o 30% pola Deputación de Ourense).

Dirección

Progreso Nº32
Orense
32003

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 14:30
Martes 08:00 - 14:30
Miércoles 08:00 - 14:30
Jueves 08:00 - 14:30
Viernes 08:00 - 14:30

Teléfono

(+34) 988 38 51 10

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Feder 5 - Deputación de Ourense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Feder 5 - Deputación de Ourense:

Compartir