28/02/2021
Si algo está claro é que o viñedo de Ribadavia (que representa o Ribeiro do Avia e gran parte do actual Condado de Tea) estivo ordenado, rexido e estimulado pola monarquía galega, pola aristocrácia laica i eclesiástica e pola burguesía das cidades e vilas galegas dende tempos moi antigos. No Tombo das viñas de Ribadavia amosase todo un territorio vitivinícola delimitado ao servizo do rei e dos mosteiros, daquela Afonso IX (rei de Galicia e León). Foi este un rei moi galego, que pasou parte da sua infancia na vila de Ribadavia, en cuxo territorio posuía abondante viñedo e adegas. Vemos neste Tombo as doazons, prebendas e bo trato que mantiña cos habitantes da nosa comarca polo apoio prestado e a fidelidade amosada, nun momento no que se agrandaban os conflictos bélicos con Castilla, ansiosa por anexionarse o reino de Galicia e León, asunto que nunca aconteceu mentres viviu este rei. Chama a atención tamén a grande estima que lle tiña ao territorio de Ribadavia, onde pasaba longas tempadas, ou facía parada nas suas viaxes a outros lugares do reino. Seica un dos seus fillastros, Martín Alfonso, froito do amorio coa sua amante Teresa Gil, foi Tenente de Ribadavia (unha especie de alcalde dun territorio, neste caso o Ribeiro), e outro fillo froito dos amorios coa Estebaiña foi un dos trovadores da lírica galego protuguesa máis notorio, Estevan Fayan. O que está claro é que o viño do Ribeiro e a lingua galega sempre foron da mao, notese tamén os vencellos deste rei con Portugal, tanto a sua primeira muller, como algunha das máis importantes amantes eran portuguesas, polo que o idioma oficinal no reino de Galicia e León era o galego.No podía ser doutro xeito, chegando a ser o idioma galego o oficial e o que primeiro se falou na Universidade de Salamanca, creada na segunda década do s. XIII polo rei galego Alfonso IX (hai que decir que nesa época tanto Salamanca como Extremadura foron reconquistadas polo noso rei e repoboadas polos galegos).
Tempo de lectura: 2 min. Un rolo de pergamiño procedente do mosteiro de Melón, custodiado no Arquivo da Catedral de Ourense. Este é Tombo das Viñas de Ribadavia, un...