Arzúa Turismo

  • Home
  • Arzúa Turismo

Arzúa Turismo Contact information, map and directions, contact form, opening hours, services, ratings, photos, videos and announcements from Arzúa Turismo, Tour guide, .

Descobre Arzúa, o destino verde 🌿💧🧀
Paisaxes, aloxamentos rurais, gastronomía, deportes activos...
Ven e reconéctate coa terra e contigo mesmo.

O que gastas aquí,queda aquí 👇
25/11/2024

O que gastas aquí,queda aquí 👇

Onte presentouse no Museo das Peregrinacións, en Santiago de Compostela, a guía dixital dos concellos galegos do Camiño ...
22/11/2024

Onte presentouse no Museo das Peregrinacións, en Santiago de Compostela, a guía dixital dos concellos galegos do Camiño Francés. Unha ferramenta innovadora que permitirá a turistas e peregrinos descubrir a riqueza das paisaxes, sabores, sons e emocións que ofrece o noso territorio, incluíndo a inesquecible experiencia de . 🌄🧀🎶

Begoña Balado, Vicepresidenta da Mancomunidade e concelleira de , participou no acto xunto aos representantes dos outros 10 concellos e ao Director de Turismo de Galicia, José Merelles. Esta guía supón un importante avance na posta en valor do patrimonio e da diversidade cultural do Camiño Francés. 🚶‍♀️📱




07/11/2024

Queixo Galmesán no Forum Gastronomic de Barcelona,
😋🧀

Casa Brandariz, en Dombodán, é un exemplo de tradición e innovación en Arzúa. Cunha historia de cinco séculos, esta casa...
05/11/2024

Casa Brandariz, en Dombodán, é un exemplo de tradición e innovación en Arzúa. Cunha historia de cinco séculos, esta casa foi transformada en 1993 nunha das primeiras de turismo rural en Galicia. Hoxe recibe visitantes de todo o mundo, ofrecendo unha experiencia única que combina tradición e modernidade, conservando a esencia da nosa arquitectura e historia. Un orgullo para o turismo rural arzuán.



Casa Brandariz cumple su 30 aniversario alojando a huéspedes en sus habitaciones

🍂🔥 MAGOSTO NO COUTO DE OÍNS! 🔥🍂Prepárate para unha festa chea de tradición, música e diversión! 🎶🍷 O vindeiro sábado, 9 ...
02/11/2024

🍂🔥 MAGOSTO NO COUTO DE OÍNS! 🔥🍂

Prepárate para unha festa chea de tradición, música e diversión! 🎶🍷 O vindeiro sábado, 9 de novembro, xuntarémonos no Couto de Oíns para celebrar o Magosto máis animado da tempada. 🌰🎤

Que nos teñen preparado?
✅ Karaoke para que cantes os teus temas favoritos 🎤✨
✅ Un sorteo sorpresa que non quererás perder! 🎁😱
✅ E moito máis para g***r dunha tarde inesquecible! 🎉

📅 Anótate antes do 7 de novembro para non quedar sen praza! 📆
Non o penses máis e ven festexar o Magosto con nós! 🍂🌰🔥

Entre castañas asadas e música de orquestra, os magostos son o mellor momento para conectar, compartir historias e disfr...
28/10/2024

Entre castañas asadas e música de orquestra, os magostos son o mellor momento para conectar, compartir historias e disfrutar en compañía.
Comezan os magostos en Arzúa! 🌰 Estades todos convidados a vir a Rendal ao magosto popular o próximo xoves, 31 de outubro. Ven a compartir castañas e bo ambiente! 🔥

25/10/2024

Onte, 24 de outubro, Arzúa acaparou o protagonismo no stand da Deputación da Coruña durante a 25ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se celebrou en Ourense. O concello de Arzúa, coñecido pola súa rica tradición queixeira, destacou por promocionar a súa ga...

Pasear sen présa nin ruído, baixo as cores do outono en Arzúa, é un regalo para os sentidos 🍂🌿. Ven e goza da tranquilid...
15/10/2024

Pasear sen présa nin ruído, baixo as cores do outono en Arzúa, é un regalo para os sentidos 🍂🌿. Ven e goza da tranquilidade que nos rodea.

30/09/2024
27/09/2024

𝐀𝐭𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐯𝐞𝐜𝐢𝐧̃𝐚𝐧𝐳𝐚!
Hoxe o tren turístico estará dispoñible para tod@s a partir das 𝟏𝟔:𝟑𝟎𝐡 𝐚𝐭𝐚 𝐚𝐬 𝟏𝟗:𝟑𝟎𝐡, 𝐜𝐨𝐧 𝐬𝐚𝐢́𝐝𝐚𝐬 𝐜𝐚𝐝𝐚 𝟑𝟎 𝐦𝐢𝐧𝐮𝐭𝐨𝐬
🚂. A parada estará situada diante do
𝐦𝐮𝐥𝐭𝐢𝐮𝐬𝐨𝐬 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐐𝐮𝐞𝐢𝐱𝐨.
Non perdades a oportunidade de desfrutar
dun percorrido pola contorna! 🌳🧀

Concello de Arzúa

26/09/2024
O resultado dunha reunión moi produtiva para ultimar os detalles do tren turístico con motivo do Día Mundial do Turismo....
24/09/2024

O resultado dunha reunión moi produtiva para ultimar os detalles do tren turístico con motivo do Día Mundial do Turismo. 𝐀 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐓𝐮𝐫𝐢𝐬𝐦𝐨 𝐞 𝐩𝐫𝐨𝐦𝐨𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞𝐜𝐨𝐧𝐨𝐦𝐢𝐜𝐚, 𝐁𝐞𝐠𝐨𝐧̃𝐚 𝐁𝐚𝐥𝐚𝐝𝐨, compartiu ideas e ilusión xunto a 𝐂𝐫𝐮𝐳 𝐋𝐞𝐢𝐯𝐚 (𝐝𝐢𝐫𝐞𝐜𝐭𝐨𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐂𝐄𝐈𝐏 𝐀𝐫𝐳𝐮́𝐚), 𝐀́𝐧𝐠𝐞𝐥𝐞𝐬 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐚𝐦𝐚𝐫𝐭𝐚 (𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐥𝐞𝐱𝐢𝐨 𝐍𝐨𝐬𝐚 𝐒𝐞𝐧̃𝐨𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐑𝐨𝐬𝐚𝐫𝐢𝐨) 𝐞 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐩𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐅𝐫𝐞𝐢𝐫𝐞 (𝐝𝐢𝐫𝐞𝐜𝐭𝐨𝐫𝐚 𝐝𝐚 𝐑𝐞𝐬𝐢𝐝𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐒𝐚𝐧 𝐉𝐨𝐬𝐞́). Preparando un percorrido inesquecible para a veciñanza, a residencia e os nosos centros escolares!

23/09/2024

Arzúa, 23 de setembro de 2024.- Con motivo do Día Internacional do Turismo, o Concello de Arzúa organiza un tren turístico que percorrerá os principais puntos de interese da vila e a contorna. Esta actividade está, especialmente, destinada ao alumnado dos centros educativos do municipio e aos ...

O vindeiro domingo 29 de setembro, estades todos convidados á tradicional romaría do Santo Cristo de Branzá.
23/09/2024

O vindeiro domingo 29 de setembro, estades todos convidados á tradicional romaría do Santo Cristo de Branzá.

Esperámosvos o sábado 28 de setembro en  , para que nos acompañedes no roteiro da "Fervenza das Hortas" 🌄👣💪👟
23/09/2024

Esperámosvos o sábado 28 de setembro en , para que nos acompañedes no roteiro da "Fervenza das Hortas" 🌄👣💪👟

𝐇𝐨𝐱𝐞, 𝐚́𝐬 𝟏𝟒:𝟒𝟒, 𝐝𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐚 𝐛𝐞𝐧𝐯𝐢𝐝𝐚 𝐨𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐚𝐨 𝐨𝐮𝐭𝐨𝐧𝐨! É o momento perfecto para descubrir Arzúa nunha das súas épocas máis...
22/09/2024

𝐇𝐨𝐱𝐞, 𝐚́𝐬 𝟏𝟒:𝟒𝟒, 𝐝𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐚 𝐛𝐞𝐧𝐯𝐢𝐝𝐚 𝐨𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐚𝐨 𝐨𝐮𝐭𝐨𝐧𝐨!
É o momento perfecto para descubrir Arzúa nunha das súas épocas máis máxicas. As fragas e carballeiras tinguen as súas follas de dourado e cobre, creando paisaxes de postal que invitan a perderse por camiños e sendeiros que atravesan o noso concello.

Nesta estación, os magostos enchen o aire cun arrecendo a castañas asadas e é tempo de atopar setas frescas baixo as árbores. Os días de outono son ideais para pasear e deixarse levar polo ritmo da natureza, disfrutando do cruxir das follas baixo os pés, o son da auga nos regatos e o aroma da terra húmida.

Ven a vivir o encanto do outono en Arzúa, deixa que as súas paisaxes che envolvan e aproveita para desconectar. Esta é a mellor época para redescubrir a beleza da nosa terra. Arzúa agarda por ti!








Non vos perdades as festas de Rendal de San Miguel e San Froilán, os días 29 de setembro e 5 de outubro. Vinde a celebra...
22/09/2024

Non vos perdades as festas de Rendal de San Miguel e San Froilán, os días 29 de setembro e 5 de outubro. Vinde a celebralo con nós!

Address


Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Arzúa Turismo posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Business

Send a message to Arzúa Turismo:

Videos

Shortcuts

  • Address
  • Telephone
  • Alerts
  • Contact The Business
  • Videos
  • Claim ownership or report listing
  • Want your business to be the top-listed Travel Agency?

Share