22/06/2024
❞𝗢 𝗥𝗲𝗶 𝗱𝗼 𝗚𝗼𝗱𝗲𝗹𝗹𝗼❞, 𝗮 𝗻𝗼𝘃𝗮 𝗰𝗮𝗺𝗽𝗮𝗻̃𝗮 𝗱𝗮 D.O. Monterrei
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei pon en marcha unha campaña publicitaria para reivindicar a calidade do godello elaborado nesta zona vitivinícola. Esta campaña busca seguir fomentando o coñecemento e o consumo do Godello de Monterrei, un viño cada vez máis demandado porque encaixa á perfección cos gustos do consumidor actual: frescos, delicados e elegantes.
O equipo da axencia de publicidade que realizou a creatividade quixo recoller na súa estratexia todos os valores que simboliza a D.O. Monterrei, como son a historia vitícola de máis de 2.000 anos na rexión, o respecto pola terra e a priorización da calidade dos viños; pero cun enfoque creativo diferenciado e moderno, como corresponde cunha das denominacións máis novas de Galicia.
A idea
Creada polo estudo creativo Manu Cidre, a campaña arrincou o pasado 14 de xuño cunha acción de intriga que consistiu nunha pegada de carteis nas catro provincias galegas. O cartel estaba composto unicamente por unha coroa e o slogan "Viva o rei!”, algo que sen dúbida espertou a curiosidade de máis dun, dado que a peza non tiña nin logo nin firma de marca algunha. O misterio podía resolverse rápidamente escaneando o QR impreso nos carteis e accedendo a unha páxina web (oreidogodello.com) onde se atopaba a peza audiovisual principal da campaña.
No spot, un mozo de Monterrei enumera todas as bondades que podería relatar sobre os viños da súa terra pero que finalmente decide non facer porque, según afirma, non está aquí para contarnos historias. Nun ton áxil e divertido, acaba concluíndo que non fai falla dicir nada do Godello de Monterrei, porque “é un viño que fala por sí só, un viñazo, e só fai falla probalo para darse de conta de que é o Rei do Godello”.
A campaña en medios
A través da coordinación do estudo creativo Manu Cidre e a axencia de medios galega Ingenio Media, ao longo das próximas semanas desenvolveranse diferentes accións publicitarias tanto offline coma online. Ademáis, a campaña tamén conta cun site (oreidogodello.com) no que se pode acceder a todo o contido xerado para a ocasión.
Nesta primeira fase, poderemos ver a campaña en televisión, en prensa, en cine, en vallas e outros formatos de exterior ubicados estratéxicamente por toda a xeografía galega e tamén nos aeroportos e estacións de trens da comunidade.
A campaña ademáis conta cunha importante inversión en medios dixitais, especialmente en Meta e en Youtube. E nas vindeiras fases contará con outras accións especiais e coa colaboración de diferentes influencers e xeradores de contido que axudarán a dar visibilidade ao Godello de Monterrei.