03/02/2023
VENRES EN XOGO
Retomamos de novo o inventario dos pazos de Galicia realizado en 1985 para presentar esta foto dun dos máis coñecidos grazas á súa enorme resonancia literaria, pois nel situaría Valle Inclán os amoríos do Marqués de Bradomín na súa célebre Sonata de Otoño. Construído no ano 1554, o seu aspecto actual amosa as reformas efectuadas nos anos 1620 e 1908 con planta en forma de U, unha marcada horizontalidade que contrasta coa disposición das xanelas, e as cornixas rematadas por unhas ameas que proceden dunha antiga torre apegada ao edificio. Posúe un gran extensión onde destaca a riqueza arbórea dos seus carballos centenarios incluídos no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. De que pazo, remodelado recentemente como aloxamento de turismo rural, estamos a falar?
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Cultura. G85352-21.