Noia Sancosmeira

  • Home
  • Noia Sancosmeira

Noia Sancosmeira 👫 Visitas turísticas guiadas
📌 Noia (A Coruña)
🗺️ Ría de Muros e Noia
ℹ️ Paula Alonso - Guía oficial GT-927-XG

Desfruto creando rutas evocadoras 📝

Hoxe tiven a oportunidade de ver   no seu paso por Noia ao pé do río Traba no barrio de San Bernardo. É un espectáculo p...
28/08/2024

Hoxe tiven a oportunidade de ver no seu paso por Noia ao pé do río Traba no barrio de San Bernardo. É un espectáculo para a vista e por suposto un evento que pon a Noia no foco ✅

Grazas W***y por compartir a foto!

📷

Xa podemos desfrutar desta acuarela de Francisco Padilla recentemente adquirida polo Museo de Pontevedra. Nela vemos unh...
26/08/2024

Xa podemos desfrutar desta acuarela de Francisco Padilla recentemente adquirida polo Museo de Pontevedra. Nela vemos unha escena costumbrista de finais do século XIX en Noia (día de mercado) que aínda celebramos no mesmo lugar, a actual Rúa do Curro, cada xoves e domingo.

Un día en el mercado de Noia
Acuarela, 1873
Francisco Pradilla y Ortiz (1848-1921)
Museo de Pontevedra

Na visita desta mañá fixemos un percorrido guiado 🗣️ polas rúas principais do casco histórico dunha Noia en festas patro...
25/08/2024

Na visita desta mañá fixemos un percorrido guiado 🗣️ polas rúas principais do casco histórico dunha Noia en festas patronais no que combinamos cultura, tradición e, como non, gastronomía grazas á Festa da empanada organizada por CF Noia ⚽⚽

A "cultura sancosmeira" é a suma de tres conceptos esenciais para aqueles que habitamos a Ría de Muros e Noia: o sombrei...
22/08/2024

A "cultura sancosmeira" é a suma de tres conceptos esenciais para aqueles que habitamos a Ría de Muros e Noia: o sombreiro de traballo, a muller que o elaboraba e usaba e a desaparecida embarcación tradicional que aínda perdura na memoria de moitos

Que mellor ocasión para desfrutar desta visita temática que o día da celebración Ponte Un San Cosmeiro! Coñeceremos as rúas antano transitadas por estas mulleres, icónicas na vida comercial e social do pasado século na nosa vila

Non vola perdades!

🗓️ Sábado 24 de agosto 🕛 19:30
🪙 Gratuíta
📌 Saída: Praza das Angustias
(ao pé dos Franciscanos)

📷 Foto: Ramón Dimas (1956)

Na visita guiada desta mañá ao legado esquecido da nosa ría participaron persoas de Cataluña, Aragón, País Vasco, e pola...
18/08/2024

Na visita guiada desta mañá ao legado esquecido da nosa ría participaron persoas de Cataluña, Aragón, País Vasco, e pola parte galega de Ourense, Compostela, Silleda, Outes e Noia 💙.

Foi un paseo de dúas horas para dar a coñecer as pegadas dos oficios tradicionais e actividades industriais xa desaparecidos e relacionados co noso pasado mariñeiro.

Grazas por vir e ata a próxima!

Achégase o día da nosa segunda visita patrimonial pola contorna da zona litoral ⚓ de Noia. Nela coñeceremos puntos de in...
15/08/2024

Achégase o día da nosa segunda visita patrimonial pola contorna da zona litoral ⚓ de Noia. Nela coñeceremos puntos de interese relacionados coa nosa ría e antigos oficios surxidos dela.

Agardámosvos!

🗓️ Domingo 18 de agosto 🕛 12:00

📝 Inscrición (nome, DNI e teléfono) en:

ℹ️ Oficina de turismo de Noia (Rúa Galicia, 8)
☎️ 981821598
✉️ [email protected]

No interior da igrexa de San Martiño atopanse varias pilas de auga bendita feitas con cunchas mariñas de Filipinas doada...
11/08/2024

No interior da igrexa de San Martiño atopanse varias pilas de auga bendita feitas con cunchas mariñas de Filipinas doadas no século XIX polo Almirante Luís Cadarso Rey, un dos persoeiros máis ilustres da nosa localidade

Podes coñecer esta e outras curiosidades cos nosos tours guiados polo casco histórico de Noia

🗓️ Luns a Domingo
🕛 11:00
📌 Punto de encontro:
Museo do Mar de Noia
Malecón de Cadarso, 13
https://bit.ly/4fGbpQr

📝 Reserva a túa praza!

☎️ 686944020
✉️ [email protected]

Na fachada oeste da igrexa e debaixo da campá podemos contemplar un dos escudos da nosa comunidade máis antigos que se c...
25/07/2024

Na fachada oeste da igrexa e debaixo da campá podemos contemplar un dos escudos da nosa comunidade máis antigos que se conservan, do século XV.
Feliz día de Galicia!

Recoñeces esta igrexa, un dos máis recoñecidos monumentos do estilo gótico mariñeiro en Galicia?  Podes desfrutar desta ...
16/07/2024

Recoñeces esta igrexa, un dos máis recoñecidos monumentos do estilo gótico mariñeiro en Galicia?
Podes desfrutar desta e doutras xoias do patrimonio artístico local con

👫 Visitas turísticas guiadas
📌 Noia (A Coruña)
🗺️ Ría de Muros e Noia
ℹ️ Paula Alonso - Guía oficial GT-927-XG

A primeira das nosas visitas patrimoniais será ao fermoso barrio da Chaínza, tamén coñecido como o barrio da auga 💦Non v...
11/07/2024

A primeira das nosas visitas patrimoniais será ao fermoso barrio da Chaínza, tamén coñecido como o barrio da auga 💦

Non vola perdades!

🗓️ Domingo 14 de xullo 🕛 12:00

📝 Inscrición (nome, DNI e teléfono) en:

ℹ️ Oficina de turismo de Noia (Rúa Galicia, 8)
☎️ 981821598
✉️ [email protected]

É un regalo para os ollos a iluminación da Casa da Cultura na Corredoira de Luís Cadarso. Anímate a coñecer o casco hist...
09/07/2024

É un regalo para os ollos a iluminación da Casa da Cultura na Corredoira de Luís Cadarso. Anímate a coñecer o casco histórico de Noia este verán nunha visita ao solpor!

ℹ️ Paula Alonso - Guía turístico GT-927-XG
☎️ 686 94 40 20
✉️ [email protected]

Fermoso paseo o que fixen co grupo do curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela 𝘕𝘰𝘷𝘢𝘴 𝘰𝘭𝘭𝘢𝘥𝘢𝘴 á 𝘤𝘰𝘴𝘵𝘢 𝘨𝘢𝘭...
07/07/2024

Fermoso paseo o que fixen co grupo do curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela 𝘕𝘰𝘷𝘢𝘴 𝘰𝘭𝘭𝘢𝘥𝘢𝘴 á 𝘤𝘰𝘴𝘵𝘢 𝘨𝘢𝘭𝘦𝘨𝘢 que ten lugar este fin de semana en Noia.

O punto de inicio foi a nosa alameda, cos seus bancos con respaldo de ferro deseñados por Isaac Díaz Pardo e elaborados na Real Fábrica de fundición de Sargadelos. O do pé da foto data de 1926.

📷 Patricia Esteirán

Falan de nós! Poderás desfrutar deste ben de interese cultural e outros moitos bens patrimoniais na próxima visita guiad...
03/07/2024

Falan de nós! Poderás desfrutar deste ben de interese cultural e outros moitos bens patrimoniais na próxima visita guiada gratuíta de Sancosmeira o domingo 14 de xullo ás 12:00
Información e inscrición:
Oficina de turismo de Noia
Teléfono: 981821598
[email protected]

El conjunto formado por el templo gótico y el cementerio de Santa María A Nova en Noia alberga varias piezas artísticas de interés y una muestra con más de 500 lápidas con grabados datados desde la época medieval

Nesta ocasión fixemos un tour co grupo de Zaragoza que visita a nosa localidade con ocasión do campionato nacional de fú...
15/06/2024

Nesta ocasión fixemos un tour co grupo de Zaragoza que visita a nosa localidade con ocasión do campionato nacional de fútbol sala categoría Sub-14 masculina ⚽

Práceme compartirvos o cartaz de actividades deste verán en Noia, no que realizarei un par de visitas en torno ao patrim...
01/06/2024

Práceme compartirvos o cartaz de actividades deste verán en Noia, no que realizarei un par de visitas en torno ao patrimonio local coa colaboración da Concellería de Turismo de Noia

Anotade! 📝 Prazas limitadas

🗓️ Domingo 14 de xullo 12:00
🗓️ Domingo 18 de agosto 12:00

Noia Sancosmeira colabora no curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela organizado polo Colectivo Ollo, no...
15/05/2024

Noia Sancosmeira colabora no curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela organizado polo Colectivo Ollo, no cal faremos un percorrido visual pola historia da nosa vila.

O obradoiro celebrarase na Sociedade Liceo de Noia Oficial e ten como obxectivo o desenvolvemento de novas olladas fotográficas a través do coñecemento das tendencias, técnicas e procedementos da fotografía contemporánea galega.

Máis info e matrícula: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran/ii-novas-olladas-costa-galega-obradoiro-fotografia-documental-colectivo-ollo-12780

Aquí estamos para ensinalo!Reserva a túa visita guiada 🗣️ℹ️ Paula Alonso - Guía turístico GT- 927XG☎️ 686944020✉️ info@n...
06/05/2024

Aquí estamos para ensinalo!
Reserva a túa visita guiada 🗣️

ℹ️ Paula Alonso - Guía turístico GT- 927XG
☎️ 686944020
✉️ [email protected]

Calquera escusa é boa para agarimar a unha nai, pero cando conteña o alento ao escoitar os misterios da nosa vila, desex...
01/05/2024

Calquera escusa é boa para agarimar a unha nai, pero cando conteña o alento ao escoitar os misterios da nosa vila, desexará a túa aperta. Regaládevos un día distinto e inesquecible, cheo de segredos. Reserva en:

☎️ 686944020
✉️ [email protected]

A ponte atirantada de Noia, inaugurada en 2014, comunica a beiramar de A Barquiña (parroquia de Santa Cristina de Barro)...
01/05/2024

A ponte atirantada de Noia, inaugurada en 2014, comunica a beiramar de A Barquiña (parroquia de Santa Cristina de Barro) coa praia de Testal (parroquia de Santa Mariña do Obre) nun fermoso percorrido panorámico de 1,7 kms que é posible facer a pé 👣

Marabilloso ambiente o que se viviu esta mañá en Noia en torno aos eventos da feira de San Marcos
25/04/2024

Marabilloso ambiente o que se viviu esta mañá
en Noia en torno aos eventos da feira de San Marcos

120 anos de historia ten o órgano da igrexa de San Martiño, que conta con 961 tubos organizados en 14 rexistros e con do...
20/04/2024

120 anos de historia ten o órgano da igrexa de San Martiño, que conta con 961 tubos organizados en 14 rexistros e con dous teclados: o primeiro acciona os tubos da parte traseira, e o segundo os tubos da zona frontal. Trece pedais accionan os tubos máis graves.
📷Foto cedida por Luis Bello, xaneiro de 2023

Solpor onte en Porto do Son coa fermosa silueta do campanario da igrexa de San Vicente de Noal. Na outra beira da ría, M...
10/04/2024

Solpor onte en Porto do Son coa fermosa silueta do campanario da igrexa de San Vicente de Noal. Na outra beira da ría, Monte Louro ⛰️

Faciana de Xoán de Estivadas que atopamos na tapa do sartego onde está inscrito o seu nome. Coñeces cal é a particularid...
03/04/2024

Faciana de Xoán de Estivadas que atopamos na tapa do sartego onde está inscrito o seu nome. Coñeces cal é a particularidade desa inscrición? 📷

25/03/2024

Escolle data para coñecer a fermosura do casco histórico de Noia nesta Semana Santa. Visitas con guía oficial.

Datas: Do 26 ao 31 de marzo
Horario: 17:00
Prezo: 10 €

Reserva en:

☎️ 686944020
✉️ [email protected]

👫 Visitas turísticas guiadas
📌 Noia (A Coruña)
🗺️ Ría de Muros e Noia
ℹ️ Paula Alonso - Guía oficial GT-927-XG

Desfruto creando rutas evocadoras 📝

Guía das celebracións de Semana Santa en Noia
24/03/2024

Guía das celebracións de Semana Santa en Noia

Msúsica: Anima Christi (Marco Frisina)

Address


15200

Opening Hours

Monday 09:00 - 21:00
Tuesday 09:00 - 21:00
Wednesday 09:00 - 21:00
Thursday 09:00 - 21:00
Friday 09:00 - 21:00
Saturday 09:00 - 21:00
Sunday 09:00 - 21:00

Telephone

+34686944020

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Noia Sancosmeira posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Business

Send a message to Noia Sancosmeira:

Videos

Shortcuts

  • Address
  • Telephone
  • Opening Hours
  • Alerts
  • Contact The Business
  • Videos
  • Claim ownership or report listing
  • Want your business to be the top-listed Travel Agency?

Share