10/11/2023
🙌🏼 Aquí vos esperamos!
Énchenos de emoción poder compartir, por fin, o Curso Avanzado de Lentes Violetas!
Despois de moito tempo dándolle forma con amizades, no noso maxín e corazóns, nace este curso no que ademais de introducir espazos facilitados e de creación de rede, contaremos con obradoiros a cargo de xente marabillosa. Itxi Guerra que nos achegará a perspectiva anticapacitista, Andrea Nunes Brións e Anxela Paris (coordinadoras de O Cento Voando), Líonel S. Delgado (columnista en El Salto Diario), Cristy Tojo formadora en autodefensa feminista, Raúl Macías de Masculinidad Subversiva, a sexóloga Jeane Costa ou o especialista en dereitos das persoas trans Leo Mulió.
E como se non podemos bailar non é a nosa revolución este ano combinamos formación e gozo incluíndo proxectos artísticos con perspectiva de xénero. O venres trasladarémonos á Guion clube, onde contaremos con O Rabelo e Catuxa Salom e o sábado estarán con nós Aldaolado.
Apúntaste? Tes toda a información sobre o curso e a inscrición na nosa bio. Vémonos en ALVARELLA.
Este curso está enmarcado nun proxecto subvencionado nun 70% pola Deputación da Coruña Deputación da Coruña, cun importe de 24.670,42 euros, a través do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2023, así como nun proxecto subvencionado cun importe de 17.892,57 euros polo Ministerio de Igualdad na convocatoria de subvencións públicas destinadas a programas e proxectos de concienciación, prevención e investigación das distintas formas de violencia contra as mulleres 2023.
https://aventeira.com/lentes-violetas/educacion-para-a-igualdade/avanzado/