Galiza de cabo a rabo

Galiza de cabo a rabo "Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo". Vicente Risco. Leria

Pazo de O Casal. Concello de BriónA documentación existente vincula este pazo cos condes de Altamira dende o século XVII...
12/04/2024

Pazo de O Casal. Concello de Brión

A documentación existente vincula este pazo cos condes de Altamira dende o século XVII. Conta entre as súas ruínas, que é como está agora mesmo, cunha capela adicada a San José da que xa pouco resta, unha cheminea lareira de grandes dimensións e un patín exterior que se adiviña realmente impresionante pese a estar a ser devorado pola vexetación que parece tentar facerse dona de tal propiedade.

Na procura de máis información sobre a mesma, vin que tamén ten ou tiña (con tanta maleza é difícil facer afirmacións, eu ver non vin nada disto) unha torre redonda, un pombal e un hórreo de sete pés.

Vese que nalgún momento se tentou rehabilitar pero descoñezo a razón pola que non se finalizou tal traballo. Se alguén sabe máis sobre este pazo agradecería que o comentase.

Espero que, tal coma min, podades apreciar a súa beleza pese ao seu deterioro ❤️

Ponte colgante de Calvelo. Concello de Cerdedo- Cotobade.A través dunhas pasarelas de madeira, moi moi esvaradías en día...
08/04/2024

Ponte colgante de Calvelo. Concello de Cerdedo- Cotobade.

A través dunhas pasarelas de madeira, moi moi esvaradías en días de choiva, accedemos a esta ponte colgante duns 30 metros de lonxitude e 15 metros de altura que atravesa o río Lérez. Se están molladas recoméndovos ir seguindo as mesmas pero pola parte de terra.

A unha man da ponte temos un fermoso muíño con cuberta de pedra e a outra man, a uns 500 metros, a praia fluvial de Calvelo tamén coñecida como praia do canal.

Para chegar á ponte colgante podemos facelo dende a N-541 que une Pontevedra e Ourense. Está sinalizado o desvío e atópase moi próximo a esta estrada. Se vos coincide de pasar non dubidedes en facer unha paradiña 🤩🤗.

Espero que vos guste! 🥰

Camiño dos Faros. Etapa 5. De Arou a CamariñasCon case 24 kilómetros de lonxitude, esta etapa parte de Arou e pasa pola ...
07/04/2024

Camiño dos Faros. Etapa 5. De Arou a Camariñas

Con case 24 kilómetros de lonxitude, esta etapa parte de Arou e pasa pola praia de Lobeiras. Despois unha costa abrupta de gran beleza levaranos aos pés da Duna de Monte Branco, con case 150 metros de altura o que a converte nunha das dunas rampantes máis alta de Europa. O camiño dos faros non sube á mesma co fin de preservala e protexela.

E así chegamos á fermosa Praia do Trece cunha mestura perfecta de area, rocas e calas. Dende a praia xa avistamos o Cemiterio dos Ingleses. Nesta zona tiveron lugar tres naufraxios a finais do século XIX que marcaron para sempre a historia e o nome da Costa da Morte.

Continuamos cara as Praias de Reira e dende ahí ascendemos a Faro Vilán, o primeiro faro eléctrico de España, co impresionante peñasco de Vilán de Fora ao seu frente, pero separado da terra. Un pouco máis adiante o Faro Vello, un faro de v***r que funcionou dende 1854 e do que aínda se poden ver os seus restos.

E tras baixadas e subidas alcanzamos a Ermita da Virxe do Monte, no alto do Monte Farelo e construída no século XVIII. E a nada estamos xa de Camariñas a estas alturas.

Tal como vos dixen en outras etapas, é fundamental consultar a climatoloxía prevista para a súa execución, xa que hai lugares nos que abunda a auga e outros especialmente esvaradíos e o vento pódenos xogar malas pasadas.

Polo resto, dicir que hai un tramo duns kilómetros que decorre por pavimento duro, por se sufrides das articulacións 😜. E tamén que tal como nas outras etapas, pódese chegar aos principais puntos de interese en coche ou polo menos preto deles.

Espero que vos guste! ❤️

̃odosfaros

Sendeiro dos Muíños da Barosa. PR-G 105. Concello de BarroNo Parque da Natureza do Río Barosa, atopámonos con este sende...
06/04/2024

Sendeiro dos Muíños da Barosa. PR-G 105. Concello de Barro

No Parque da Natureza do Río Barosa, atopámonos con este sendeiro circular de pouco máis de dous kilómetros de lonxitude, que decorre entre muíños e fervenzas que fan do mesmo un lugar realmente especial.

Hai dúas zonas de estacionamento para deixar o voso vehículo. Unha delas ao carón da parte inferior do percurso, dende onde podemos ver unha fermosa panorámica do conxunto dende abaixo, e outra no tramo intermedio ao final da subida a través dos muíños.

Esta parte é a única que conta con pendente, unha pendente asumible por camiños en bo estado e ben sinalizados, que poden resultar lixeiramente esvaradíos nalgún punto en días de choiva. O que resta do percurso é un apacible paseo ás beiras do río, con augas mansas e verdes árbores como compañía.

Este lugar sempre me gustou especialmente e aínda que no verán está un pouco masificado para o meu gusto e baixa o caudal de auga, agora mesmo despois das últimas choivas está realmente espectacular.

Non demoredes en visitalo se aínda non o coñecedes. Sei que vos gustará! 🤩

Ponte dos CabalosUnindo os Concellos de Lalín e Agolada, atopamos esta monumental ponte sobre o río Arnego de dous ollos...
05/04/2024

Ponte dos Cabalos

Unindo os Concellos de Lalín e Agolada, atopamos esta monumental ponte sobre o río Arnego de dous ollos de diferente tamaño e máis de trinta metros de lonxitude.

Aínda que data do século X, a finais do 2020 estes dous concellos puxéronse de acordo para facer unha intervención na mesma para a súa conservación e posta en valor.

Por ela pasaba un Camiño Real procedente do Vento, no municipio de Lalín, que atravesaba a ponte e dirixíase por Ventosa a Taboada, Lugo. Tamén saía un ramal do Camiño Real que a través de Ferreiroa se dirixía a Agolada.

Ademáis de como Ponte dos Cabalos, é coñecida como ponte de Parada ou Portádego porque antigamente para facer uso da mesma había que pagar un imposto.

A ponte foi escenario de numerosos episodios bélicos no século XIX, primeiro na Guerra de Independencia contra os franceses e logo nos enfrontamentos entre carlistas e isabelinos. De feito, dise que o seu nome procede dun combate na invasión francesa na que caeron varios cabalos aquí e que tardaron moito tempo en retirar.

Tamén neste punto remata o Roteiro da Ponte dos Cabalos (roteiros de Lalín).

Espero que vos guste! ❤️🤩

Camiño dos faros. Etapa 4. De Laxe a ArouEsta é a etapa máis curta deste roteiro duns 200km de lonxitude total. Conta co...
02/04/2024

Camiño dos faros. Etapa 4. De Laxe a Arou

Esta é a etapa máis curta deste roteiro duns 200km de lonxitude total. Conta con tan só 18km e o grado de dificultade técnica é mínimo excepto un tramo espectacular que decorre entre maxestuosos penedos.

Cada metro desta parte do camiño paga a pena. O Faro de Laxe, a Pedra dos Namorados e a Furna de Espuma, a Praia dos Cristais, a marabillosa panorámica da Praia de Soesto dende o alto, a Lagoa de Traba, un tramo de penedos xigantes de formas variadas, Camelle (a casa do alemán) e a Praia de Arou para rematar.

Como podedes ver, combina diferentes atractivos que a fan un roteiro imprescindible. É posible chegar en coche ata a maior parte destes puntos de interese en caso de non dispoñer da condición física precisa para levala a cabo.

E tal e como recomendei en outras etapas deste camiño, é case obrigatorio consultar as condicións metereolóxicas antes de facela.

Para min, de todas as rutas que levo ás miñas costas, unha das máis fermosas sen lugar a dúbidas. ❤️😎

En Galicia hai documentados uns cruceiros con reloxo de sol ubicados en:1. Concello de Rianxo. Lugar O Pazo.2. Concello ...
31/03/2024

En Galicia hai documentados uns cruceiros con reloxo de sol ubicados en:

1. Concello de Rianxo. Lugar O Pazo.
2. Concello de Ribeira. Na igrexa parroquial de Aguiño.
3. Concello de Santiago de Compostela. Lugar Corexo.
4. Concello de Zas. Lugar Baio Grande. (O da primeira imaxe)
5. Concello de Paderne. Lugar Adro.
6. Concello de Guitiriz. Lugar Os Corredoiros.
7. Concello de Avión. Lugar Liñares.
8. Concello de Cerdedo-Cotobade. Lugar O Trebello. (O da segunda imaxe)
9. Concello de As Neves. Lugar O Reguengo.
10. Concello do Rosal. Por localizar.

Se xa coñecedes algún máis deste listado ou outro que non apareza, anímovos a compartir a foto aquí ou na páxina de Relojes de sol en Galicia ou Cruceiros Galicia .

Espero que sexa do voso interese! 🧐😍

Baños de San Xusto. San Xurxo de Sacos. Concello de Cerdedo-Cotobade.Moi preto das augas do río Lérez podemos atopar os ...
30/03/2024

Baños de San Xusto. San Xurxo de Sacos. Concello de Cerdedo-Cotobade.

Moi preto das augas do río Lérez podemos atopar os Baños de San Xusto, o seu recentemente reformado balneario (feito sobre as instalacións dunha antiga minicentral eléctrica e os baños anteriores e que permanece pechado actualmente), así como varios muíños de finais do século XIX. As augas destes baños estaban especialmente indicadas para enfermidades da pel, do fígado, reumáticas e artríticas.

Xa a mediados do século XIX, estas augas satisfacían as necesidades de centos de persoas cada ano mediante uns pilóns colocados ao aire libre. E é en 1915 cando se constrúe o primitivo gran balneario de San Xurxo de Sacos, que chegou a contar con 12 bañeiras e que se mantivo en ruínas ata fai poucos anos.

Afastándonos un pouco da beira do río, na propia carballeira de San Xusto, podemos ver a capela e máis o seu cruceiro así como un mirador con unhas vistas únicas do cañón que forma o río e do frondoso bosque autóctono que o agarima. A capela data do século XV- XVI e conta cunha inscrición en cada unha das súas portas.

Existe unha área recreativa onda capela e tamén ao carón do mirador na que podemos descansar, repoñer forzas e ata ler unhas fermosas liñas nos bancos do merendeiro que fan referencia á carballeira.

Para chegar a este lugar tomaremos un desvío na nacional 541 no que xa indica o balneario de San Xusto. Non hai pérdida posible. Ollo se o poñedes no google maps, buscádeo como área recreativa da carballeira de San Xusto ou pola capela, senón pódevos tolear 🤣🤣🤣 .

Espero que vos guste ❤️😎🛁

Pedra dos Namorados, Furna da Espuma e Praia dos Cristais. Concello de Laxe. A Pedra dos Namorados, sita a beira da auga...
29/03/2024

Pedra dos Namorados, Furna da Espuma e Praia dos Cristais. Concello de Laxe.

A Pedra dos Namorados, sita a beira da auga, é un promontorio rochoso cuberto de inscricións románticas labradas no mesmo penedo, e que cada vez se van estendendo máis polos penedos adxacentes. Entre elas destaca a do ilustre xeólogo local Isidro Parga Pondal de 191?; o derradeiro número non se aprecia con claridade.

E xusto á dereita deste penedo tan visitado, a Furna da Espuma, un auténtico espectáculo da natureza na que nos días de mar embravecido se acumula unha gran cantidade de escuma.

Tamén a pouca distancia a coñecida Praia dos Cristais, famosa polo colorido das súas "pedriñas" que vén dado debido ao seu uso no pasado como vertedoiro de vidro. Pero vese que o mar non é rancoroso e respondeu dándolles unha praia con area de cores.

Pódese chegar en coche ata moi preto do sitio e se o que queremos é camiñar hai un sendeiro que forma parte do roteiro dos faros e que podemos seguir cara un lado ou outro pola beira da auga.

Deixo para outra entrada a etapa 4 do Camiño dos Faros que vai dende Laxe a Arou e é a que pasa por aquí. Pero como adianto direivos que é realmente espectacular. Das miñas rutas favoritas de Galicia ❤️

Espero que vos gusten estes sitios! 🤩🥰😎

Torre- Pazo de Guimarei. Concello de A EstradaConsiderado como o conxunto Torre-Pazo máis representativo de A Estrada e ...
28/03/2024

Torre- Pazo de Guimarei. Concello de A Estrada

Considerado como o conxunto Torre-Pazo máis representativo de A Estrada e a un paso do centro da vila, pertence actualmente a mans privadas e atópase nun estado de deterioro moi avanzado desgraciadamente.

A Torre, declarada Ben de Interese Cultural, do século XII e de planta cadrada, sufriu o ataque dos irmandiños no século XV. A súa altura ronda os quince metros e adosada a esta atopamos os restos do Pazo de Guimarei, do século XVII e co Señor del Villar de Payo Muñiz, Antonio de Mosquera Novoa como primeiro residente do mesmo.

Sobre a porta principal do Pazo, un impresionante escudo no que podemos ver a inscripción "Villar". Cuns 34 metros de lonxitude, aínda podemos apreciar no seu interior a un lado dependencias como a cociña, unha impoñente cheminea, os servizos e outras estancias. E ao outro lado o que intúo deben ser espazos para o gando.

Tamén se poden ver dentro dos límites da propiedade outras edificacións anexas que seguramente irían destinadas aos animais.

Aínda que a maleza impide ver o peche da finca completo, déixase ver un muro dunha altura importante en determinados puntos.

Unha mágoa que teñamos nestas condicións unha parte da nosa historia 😔

Camiño dos faros. Etapa 6: de Camariñas a Muxía.Fai uns días falábavos da primeira etapa deste roteiro duns 200 km de lo...
27/03/2024

Camiño dos faros. Etapa 6: de Camariñas a Muxía.

Fai uns días falábavos da primeira etapa deste roteiro duns 200 km de lonxitude en total e, xa fai uns meses, da derradeira etapa. Hoxe toca a máis longa de todas, aínda que non a máis complexa tecnicamente falando pois non ten practicamente desnivel ningún e os camiños son moi bos.

Cunha lonxitude de algo máis de 32km, ten o seu inicio na vila mariñeira de Camariñas e remata en Muxía. Diferente en paisaxe ás demáis, neste tramo non só apreciaremos a fermosa costa galega senón que descubriremos a ría de Camariñas, fermosas aldeas, o tesouro de Cereixo, os muíños do río Negro, o faro de Muxía e o Santuario da Virxe da Barca.

Natureza e historia acompañarannos durante todo o percurso. Ademáis da kilometraxe, como dificultade engadida, teño que dicir que hai algunhas zonas nas que considero, dende o meu punto de vista, que sería convinte repasar ou mellorar a sinalización. Toda a ruta está marcada con pintura verde e ao non estar repasada de recén nalgúns tramos é difícil visualizala coa vexetación desta época.

Comparto con vós algúns dos meus lugares favoritos deste tramo. Espero que vos gusten tanto coma a min! ❤️🤗

Fervenza de Parafita. Concello de ValgaTodo un espectáculo da natureza seguindo o curso do río Valga. Mediante unhas pas...
26/03/2024

Fervenza de Parafita. Concello de Valga

Todo un espectáculo da natureza seguindo o curso do río Valga. Mediante unhas pasarelas de madeira que nos acompañarán durante un kilómetro máis ou menos, podemos remontar o río admirando as súas fermosas caídas de auga, os seus muíños, tan típicos da arquitectura, cultura e paisaxes galegas, a forza da natureza en estado puro e o fermoso bosque autóctono no que nos adentra este roteiro.

É sen dúbida un sendeiro máxico, situado entre Raxoi e Parafita, cunha clara protagonista, unha fervenza duns seis metros de altura aproximadamente e ben bonitiña por certo! ❤️

Para chegar aquí temos dúas opcións 🚘 / 🏃🏻‍♀️🏃: ou ben en coche ata o aparcamento e seguindo as pasarelas de madeira das que vos falei, ou como parte dalgún outro roteiro de maior kilometraxe que nos ofrece este concello.

Para min foi unha gran descuberta e estou segura de que vos encantará!🤩

Hórreos de Carnota, Lira e San Martiño de Ozón. Costa da morte.Hoxe vai o tema de hórreos e aínda que daría para longo e...
25/03/2024

Hórreos de Carnota, Lira e San Martiño de Ozón. Costa da morte.

Hoxe vai o tema de hórreos e aínda que daría para longo e tendido este asunto, vouvos presentar dous moi coñecidos e visitados na zona e un terceiro que pese a ter menos fama e ser un pouco menos longo que os anteriores, conta co mesmo número de pés, 22 pares concretamente.

O hórreo de San Martiño de Ozón, ao igual ca o de Lira, foi erixido dunha soa tacada, a diferenza do de Carnota que é o resultado dun engadido de 11 pés que se fixo posteriormente ao inicial.

O de Carnota, de 1768 e ampliado en 1783, ten 34 metros de longo e 1,90 de ancho. O de Lira, construído entre 1779 e 1814 ten 36,53 metros de longo e 1,60 de ancho. E o de San Martiño de Ozón conta con 27 metros de longo.

Conforman xuntos os 3 xigantes da costa da morte dentro desa tipoloxía e merecen ser visitados todos por igual. A todos eles se pode chegar en coche e nos tres casos hai moitas máis cousas que ver nas súas inmediacións.

Espero que o disfrutedes! 😎😍

* Por orde de fotografía aparecen primeiro o de San Martiño de Ozón, segundo o de Lira e terceiro o de Carnota.

Santa Trega. A GuardaSon moitas as cousas que nos ofrece esta zona e todas elas imprescindibles. As vistas nada máis che...
25/03/2024

Santa Trega. A Guarda

Son moitas as cousas que nos ofrece esta zona e todas elas imprescindibles. As vistas nada máis chegar penso que é o primeiro que te deixan sen alento. Con esa marabillosa panorámica de Portugal ao outro lado, a desembocadura do río Coura, a vila de Caminha, a praia de Moledo, o Forte da Ínsua, a espectacular desembocadura do río Miño no Océano Atlántico e como non, a nosa propia costa galega.

E continuando na cima podemos visitar a capela de Santa Trega, con existencia documentada do século XII aínda que con ampliacións e reformas posteriores. Excavacións recentes puxeron ao descuberto varios sepulcros visigodos que demostran a antigüidade e sacralización do lugar. Conta cun impresionante cruceiro de San Francisco a súa porta, do século XVI. Tamén cun moderno Via Crucis que percorren os fieis na súa centenaria procesión do Voto.

Tamén nesta parte existe un obelisco e un museo arqueolóxico que non tiven o pracer de visitar.

Baixando un pouco, un impresionante castro que se extende á dereita e á esquerda da estrada, no que queda confirmada unha primeira ocupación entorno ao século IV aC. Cunha extensión estimada dunhas vinte hectáreas, considérase que puido ser residencia de entre 3000 e 5000 persoas.

Hai que pagar o que, dende o meu punto de vista, é unha cantidade máis ben simbólica para subir a cima e visitar o que resta desta parte da nosa historia.

Lembrade, visita obrigada! 😍🤩😎

Inicio do Roteiro dos Faros. De Malpica á praia de Barizo.Xa noutra ocasión compartín con vós o tramo final deste camiño...
23/03/2024

Inicio do Roteiro dos Faros. De Malpica á praia de Barizo.

Xa noutra ocasión compartín con vós o tramo final deste camiño duns 200km, dividido en 8 etapas tradicionalmente. Dende Malpica a Cabo Fisterra, bordeando unha parte do noso maxestuoso litoral galego, pasaremos por diferentes aldeas mariñeiras, praias, dunas, ríos, acantilados, bosques e, como o seu nome indica, todos os faros presentes no percurso.

É un roteiro lineal. É doado e asumible economicamente coller un taxi ao final de cada etapa se se vai nun coche ao punto de inicio. Está dividido nas seguintes etapas:

1. Malpica a Niñóns. 21,3km.
2. Niñóns a Ponteceso. 27,1km.
3. Ponteceso a Laxe. 25,3km.
4. Laxe a Arou. 18km.
5. Arou a Camariñas. 23,8km.
6. Camariñas a Muxía. 32,6km.
7. Muxía a Nemiña. 25,3km.
8. Nemiña a Cabo Fisterra. 26,9km.

Como recomendacións propias, direivos que dende o meu punto de vista, a dificultade que presenta este camiño vén da kilometraxe e sobre todo das condicións metereolóxicas. Recoméndovos que consultedes o tempo antes, e non só a temperatura ou se vai chover senón o vento co que ides ter que lidar.

Ahí vos deixo unhas fotiños de Malpica á Praia de Barizo para ir facendo ganas.

Espero que vos gusten! ❤️😎

Sendeiro ata Cabo Home. Concello de CangasEste percurso sen grande dificultade, ben sinalizado dende a zona de estaciona...
22/03/2024

Sendeiro ata Cabo Home. Concello de Cangas

Este percurso sen grande dificultade, ben sinalizado dende a zona de estacionamento e en perfectas condicións, ofreceranos sempre e cando a densa néboa que ás veces fai a súa presenza o faga posible, unha panorámica realmente espectacular.

O faro de Cabo Home, do ano 1853, é unha das torres baliza máis altas de todo o litoral galego, con 18 metros de embergadura e unha luz cun alcance de 12km. Debido precisamente á néboa da que vos falaba antes, dende 1888 este faro conta cunha serea que lle custou o alcume da "Vaca de Fisterra", co fin de avisar a navegantes do perigo existente. Ademáis deste, tamén podemos achegarnos ata o faro de Robaleira e o de Punta Subrida.

Pero alén de faros, esta área ten moito máis que ofrecer. Podemos disfrutar neste roteiro de exuberantes praias, acantilados que impresionan, formacións rochosas peculiares e unhas impresionantes vistas das illas Cíes.

Aproveitade un día despexado e prometo que non vos decepcionará! 😍❤️

A Galicia abandonadaPor desgraza, e isto non é unha novidade para ninguén, hai moitos lugares na nosa terra que por dife...
19/03/2024

A Galicia abandonada

Por desgraza, e isto non é unha novidade para ninguén, hai moitos lugares na nosa terra que por diferentes razóns foron quedando no abandono sendo hoxe en día pasto de silvas e demáis maleza que os engole sen compaixón algunha. Outros, aínda que con mellor accesibilidade, tampouco están nas condicións que deberían. E incluso aqueles nos que se fixo algunha obra de restauración e mantemento, é sumamente difícil poder visitalos e disfrutalos. É unha mágoa que non se faga un pouquiño máis por manter viva unha parte da nosa historia.

Podería facer centos de entradas sobre este tema pero imos comezar coa primeira. Por orde de fotografía:

1. Sanatorio de Cesuras. No concello de Oza- Cesuras e no que se iniciaron recentemente obras de restauración.
2. Ferrería de Locay. Concello de Folgoso do Courel.
3. Cargadoiro de mineral Coto Wagner, Rande. Concello de Redondela.
4. Granxa das Salinas do Ulló. Concello de Vilaboa.
5. Central Térmica e Hidroeléctrica de Segade. Concello de Caldas de Reis.
6. Aldea de Codesás Vello. Concello de Melón.
7. Balneario do Mondón. Concello de O Bolo.
8. Antiga Canteira de Medáns. Concello de As Neves.
9. Batería de Cabo Silleiro. Concello de Baiona.
10. Colonias escolares de Laxedo. Concello de A Lama.

Para a próxima tocará saber máis sobre a súa historia 🤓

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Ribeira SacraE se fai pouco vos falaba do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas ...
17/03/2024

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Ribeira Sacra

E se fai pouco vos falaba do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, hoxe volvo á carga con outra xoia arquitectónica da Ribeira Sacra, para min a miña preferida, pero para gustos cores.

Coa primeira referencia da súa existencia no século IX, convertirase en 1517 en priorato anexo do mosteiro de Santo Esteban.

A súa igrexa é románica con pranta de cruz latina e, ao conxunto, incorpóranselle no século XIII elementos goticistas. Intervencións posteriores no século XVIII conlevan á perda das dependencias e do claustro primitivo dando como resultado un novo claustro de estilo neoclásico. O século XIX marcará o fin da vida monástica.

Ubicado nun enclave único, no medio dun frondoso bosque autóctono, podemos chegar a este fermoso mosteiro ben sexa en coche, con estacionamento ao carón do mesmo, ou a pé seguindo o roteiro circular PR-G 98 (Cañón do Sil- Santa Cristina) duns 18km, ben sinalizado e adecuado, aínda que de dificultade moderada.

Tamén nas súas proximidades, en coche, podemos coller cara o oeste e achegarnos ao miradoiro do Castro da Cividá, o de Cabezoás, o da Columa e o de Vilouxe. Ou tamén cara o leste e disfrutar das vistas dende os Balcóns de Madrid ou o Miradoiro do Curral do Penso.

Espero que vos guste! ❤️

San Salvador de Soutomerille. CastroverdeAdentrándonos no fermoso camiño que, entre carballos e castiñeiros, leva aos pe...
16/03/2024

San Salvador de Soutomerille. Castroverde

Adentrándonos no fermoso camiño que, entre carballos e castiñeiros, leva aos peregrinos cara Santiago de Compostela, podemos descubrir a beleza e maxia deste lugar.

O primeiro que atoparemos a man esquerda é o pouco que resta dunha casa señorial, a Casa Torre de Arriba, engulida practicamente na súa totalidade pola maleza. Pese a iso, podemos apreciar a envergadura e importancia que debeu ter no seu tempo. Relatan os peregrinos que este era un dos refuxios cos que contaban no seu camiño e que esta construcción tiña cárcere, soga e coitelo para os malfeitores.

Un pouco máis adiante, na bifurcación, podemos coller de frente e visitar o que probablemente sexa un dos camposantos máis pequenos e singulares de Galicia, con tan só tres panteóns e unha fosa.

Se en lugar de coller de frente cara o cemiterio collemos á esquerda, moi pronto veremos o impresionante Castiñeiro da Corredoira, con arredor de 350 anos.

E un pouco máis abaixo a xoia do lugar, a misteriosa Igrexa Mozárabe de San Salvador de Soutomerille, abandonada e descoidada aínda que testigo claro do prerrománico coa súa fermosa fiestra. Reza sobre a parte superior da mesma unha inscripción que traducida di "Canto antiga é a igrexa, testemúñao a pedra inferior".

E ao carón da mesma, tamén en estado ruínoso, a Casa Torre de Abaixo. Unha mágoa que non se faga algo máis por conservar este patrimonio nas condicións que se merece.

Espero que vos guste. Se queredes podedes prolongar o paseo tanto como desexedes. 🥰🤗

Fuciño do Porco. O VicedoPunta Socastro, máis coñecida popularmente como "Fuciño do Porco", sitúase no concello de O Vic...
15/03/2024

Fuciño do Porco. O Vicedo

Punta Socastro, máis coñecida popularmente como "Fuciño do Porco", sitúase no concello de O Vicedo e recibe este alcume pola súa forma. O nome orixinal tampouco é unha casualidade xa que, xusto antes de comezar o cabo, no alto, atopábase un castro.

Fuciño do Porco tamén foi útil para Sargadelos, que precisaba ferro e viu aquí o lugar idóneo para extraelo. Creouse así a mina "María Antonia" na que os mineiros que chegaban por mar ían cargando en pequenos botes este mineral.

E non remata ahí a súa utilidade xa que tamén foi empregada a zona con fins pesqueiros, gandeiros e madereiros.

Actualmente conta con estacionamento a pouca distancia deste enclave único, un camiño de terra e unhas pasarelas serpenteantes e escaleiras de madeira que nos levarán ata esta marabilla da natureza. O roteiro ida e volta son menos de 4km e non conta con dificultade algunha máis aló do tramo de escaleiras que pode ser custoso para alguén con determinados problemas de saúde. Está ben sinalizado e limpo.

Aínda que todo o traxecto en si mesmo é fermoso, dende a punta as vistas deixarannos embelesados. Poderemos contemplar as illas Gabeira, a Insua, Coelleira, as puntas do Faro Roncadoiro e Estaca de Bares e divisar ao fondo da ría Covas, Viveiro e o porto de Celeiro.

Eu fun xa fai algún tempo pero penso que agora no verán hai que solicitar un permiso para chegar e en novembro do ano pasado debeu pecharse o acceso por un movemento de terras que non sei se xa se lle deu arranxo. Se algún de vós o sabe, agradeceríamos que o comentara.

Espero que vos guste ❤️

Dirección

Allariz

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Galiza de cabo a rabo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Videos

Compartir

Categoría


Otros Guías turísticos en Allariz

Mostrar Todas