Xeitura - Turismo Cultural

Xeitura - Turismo Cultural Departamento de Turismo Cultural - Grupo Xeitura S.Coop.Gal.

Somos unha empresa sita na provincia de Ourense que traballa no ámbito da economía social ofrecendo Servizos Culturais, Medioambientais e de Ocio.

🌿 Este domingo... visita ao EcoEspazo O Rexo! Anímaste? 🌿📅 Cando? Domingo 9, como cada segundo domingo do mes.⏰ Horario:...
04/02/2025

🌿 Este domingo... visita ao EcoEspazo O Rexo! Anímaste? 🌿

📅 Cando? Domingo 9, como cada segundo domingo do mes.
⏰ Horario: De 11:00 a 12:30.
🎟 Prezo: 16€ por persoa (inclúe unha deliciosa degustación de queixo artesán 🧀).

✨ Que che agarda?
🔸 Un espazo único onde natureza e arte se mesturan.
🔸 Un paseo entre ovellas 🐏 e muros de pedra, descubrindo a historia e esencia do lugar.
🔸 A degustación dun queixo exquisito, elaborado con moito mimo no Val do Rexo.

🍃 Por que vir?
🌳 Para desconectar da rutina e conectar coa terra.
🧀 Para saborear un produto de calidade e coñecer o seu proceso de elaboración.
🌞 Para g***r dunha mañá diferente nun entorno único en Allariz.

📲 Reserva xa a túa praza! Escríbenos por WhatsApp ou envíanos unha mensaxe. As prazas voan! 🚀

Vive o EcoEspazo O Rexo en boa compañía e lévate unha experiencia para lembrar! 💚

♥️Volven as visitas guiadas por Allariz. Un xeito lúdico e diferente de coñecer a historia e o patrimonio de Allariz pas...
30/01/2025

♥️Volven as visitas guiadas por Allariz. Un xeito lúdico e diferente de coñecer a historia e o patrimonio de Allariz paseando por rúas do casco vello.

🕌✨ Cada pedra conta unha historia. E a nós encántanos compartir historias rodeados de arte e natureza, así que... ven a descubrir Allariz✨

📅Anota datas: o día 2, 9 e 23 de febreiro e marzo (sempre en domingo)
📝A saída é dende a oficina de Turismo de Allariz.
📝Non é preciso inscripción previa.
📝Custe: 5€ (pódese pagar en man).

Non hai idade 👶👴 Coñecemento 📚, cultura 🎨 e diversión 🎉, esta é a nosa declaración de intencións 🎯

🤗 Vai 15 días levamos a cabo unha visita máis obradoiro do Arquivo Histórico Provincial de Ourense ❤️.Temos varios obrad...
29/01/2025

🤗 Vai 15 días levamos a cabo unha visita máis obradoiro do Arquivo Histórico Provincial de Ourense ❤️.

Temos varios obradoiros para comprender e entender a historia, sempre adaptados a cada grupo e centro. Se precisas máis información, pregúntanos 🙂.

Este é un recordo 📸 inmortalizado do 2024. Nesta ocasión tivemos o inmenso pracer de ensinar a dous grupos xeniais o pat...
26/01/2025

Este é un recordo 📸 inmortalizado do 2024. Nesta ocasión tivemos o inmenso pracer de ensinar a dous grupos xeniais o patrimonio cultural 🏛️, patrimonial e artístico 🎨 da cidade de Ourense, ambos cursos para o concello. Gracias ás persoas participantes, pasámolo moi ben e aprendimos un montón todas xuntas 🤗✨

🙂Onte visitamos o Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial e a igrexa de San Pedro en Quintela de Leirado cun grupo de Es...
24/01/2025

🙂Onte visitamos o Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial e a igrexa de San Pedro en Quintela de Leirado cun grupo de Espazo +60 de Afundación de Ourense.

Mil gracias Pablo pola amabilidade, as explicacións e os agasallos 🙏.


🌟 Aprender xogando e descubrindo! 🐑🎨🤗Xa está aberto o prazo para reservas datas para visitar o Ecoespazo de O RexoSe for...
23/01/2025

🌟 Aprender xogando e descubrindo! 🐑🎨

🤗Xa está aberto o prazo para reservas datas para visitar o Ecoespazo de O Rexo

Se formas parte dunha escola ou coñeces a alguén que o faga, presta atención! En Xeitura Turismo Cultural temos unha experiencia única para crianzas no Ecoespazo e Granxa de O Rexo, onde natureza, arte e tradición se unen para crear aprendizaxes inesquecibles. 📚🌳

✨ Que facemos?

🔸 Primeira parada: a granxa de ovellas. As crianzas coñecerán de preto ás nosas ovellas e aprenderán sobre o coidado destes animais nun entorno sostible.

🔸 Mans á obra na queixería. Verán todo o proceso artesanal para facer queixo: dende a ordeña ata o envasado. Unha experiencia que combina ciencia, tradición e sabor 🧀.

🔸 Arte e natureza no Ecoespazo de Agustín Ibarrola. Exploraremos unha contorna máxica onde a arte contemporánea se integra perfectamente coa paisaxe. Un lugar que deixará pegada nas crianzas. 🎨🌿

🔸 Degustación para rematar. Probarán os queixos de O Rexo e, para os máis pequenos, iogures fresquiños feitos con leite cru ecolóxica 🥛🐄.

📅 Pide máis información ou reserva a túa visita! Contacta connosco para máis info. Queremos que os nenos e nenas gocen aprendendo tanto como nós gustamos de ensinar! 💚

E como non ía ser menos, volvemos coas visitas ao Rexo. 🌄 Cada último domingo do mes🌞 vamos de visita co noso Equipo  ao...
20/01/2025

E como non ía ser menos, volvemos coas visitas ao Rexo. 🌄 Cada último domingo do mes🌞 vamos de visita co noso Equipo ao Ecoespazo do Rexo. Dende vai moito tempo, cada 15 días 📅 somos os responsables de levar xente nova, alegría 😄 e visitas ao Rexo. O noso cometido é facervos pasar unha mañá entretida e chea de coñecemento nun entorno onde arte 🎨, natureza 🌳 e historia 📜 camiñan da man (e as ovellas 🐑 tamén).

Non se nos ocorre mellor plan para coñecer o EcoEspazo O Rexo, a súa granxa, a queixería 🧀 e por suposto toda a gran familia de ovellas 🐑 con Tronco e Argui 🐕 🚜

O último domingo de cada mes, a visita é 👣 modo grupo familia. Unha visita para adultos e crianzas.
Toma nota:

👣 Modo grupo familia: visita para adultos e crianzas na que sempre hai un obradoiro para as crianzas e tamén degustación para todas e todos 🧀🍽️. Comeza ás 11:00 e remata as 13:30.

🌱 Prezos: visita + degustación + obradoiro:
- 1 adultos + 1 menor: 35€
- 3 membros (2 adultos + 1 menor ou 2 menores + 1 adulto): 40€
- 4 membros (2 adultos + 2 menores ou 1 adulto + 3 menores): 45€
- 5 membros (2 adultos + 3 menores ou 1 adulto+ 4 menores): 50 €

Fora destas datas, podedes consultarlle directamente a Xeitura para organizar unha visita (grupo minimo de 6 persoas)

✨ Ribadavia, a vila ourensana máis luminosa de Galicia en 2024, agárdate! ✨Queres visitar o lugar que conquistou a todos...
19/01/2025

✨ Ribadavia, a vila ourensana máis luminosa de Galicia en 2024, agárdate! ✨

Queres visitar o lugar que conquistou a todos este Nadal e se alzou co premio Ferrero Rocher? 🌟 Ribadavia, a vila que iluminou toda a provincia 😆 ten preparado algo moi especial para que a descubras connosco.

📍 Chámanos ou escríbenos e deixa que che contemos o que traemos entre mans. Unha experiencia única agárdate moi de preto desta marabillosa vila histórica, onde cada recuncho conta unha historia máxica.

🎉 Este 2025 promete ser inesquecible! Seguiremos sorprendéndote con proxectos únicos, así que non perdas pista das nosas redes. O mellor está por chegar! 🌟

17/01/2025

Sobre a lenda de Santa Mariña e sobre a importancia de mirar ao pasado.

2024 foi un ano cheo 🌟 de proxectos, visitas 📸 e novidades. Entre a morea de cousas que fixemos, esta foi unha delas. Ho...
14/01/2025

2024 foi un ano cheo 🌟 de proxectos, visitas 📸 e novidades. Entre a morea de cousas que fixemos, esta foi unha delas. Hoxe compartimos con vós como sinalizamos a Ruta Cultural O Bañiño no concello de Punxín, un percorrido sinxelo de moita beleza patrimonial 🏛️ e natural 🌿. Sen dúbida, recomendámosvos facer esta ruta.

Este 2025 comezamos un ciclo novo de visitas para redescubrir Ourense dende perspectivas diferentes; tanto de artistas 🎨...
12/01/2025

Este 2025 comezamos un ciclo novo de visitas para redescubrir Ourense dende perspectivas diferentes; tanto de artistas 🎨, como escritores 📚, historiadores... A semana pasada, xunto con fixemos a primeira "O Ourense de Risco e Conde Corbal".

😀Queremos ensinar Ourense dun xeito diferente, compartindo recunchos e historias non tan coñecidas en Ourense📣 Faremos unha por mes e será os venres pola mañá. Un xeito moi ameno para redescubrir a nosa cidade doutro xeito. 🏛️

Moi pronto indicaremos as seguintes datas 📅 para que vos poidades anotar na de febreiro. 🌟

📸 O noso compañeiro Abraham, facendo das súas e disfrutando desta actividade coma sempre. Temos un equipazo ♥️

A semana pasada tivemos 2 obradoiros moi especiais na Biblioteca Nós de Ourense  📚 Nestes 2 obradoiros o obxectivo foi p...
08/01/2025

A semana pasada tivemos 2 obradoiros moi especiais na Biblioteca Nós de Ourense 📚 Nestes 2 obradoiros o obxectivo foi preparar o Nadal do próximo ano redescubrindo o Nadal con perspectivas diferentes noutras parte do mundo.

🌏 Desta quenda tocou abordar 2 tradicións: unha de Ucrania e outra de Islandia. ❄️ Pasámolo moi ben e aprendimos moito. Convidámosvos a indagar e descubrir máis sobre:

🕷️A tradición de pavuchky (pequenas arañas) que se colgan na árbore de Nadal en Ucrania. Son arañas feitas por eles mesmos con papel, alambre, purpurina e outros materiais e teñen moitas historia detrás.

🥔Os 13 jólasveinarnir de Islandia. Sabías que o Nadal en Islandia comeza antes? 🎁 Ás crianzas que se portan ben reciben agasallos e ás que se portan mal patacas podres. 🥔

🌳 Esta fin de semana toca visita ao EcoEspazo O Rexo! 🌳📅 Cando? Domingo 12, como cada segundo domingo do mes.⏰ Horario: ...
06/01/2025

🌳 Esta fin de semana toca visita ao EcoEspazo O Rexo! 🌳

📅 Cando? Domingo 12, como cada segundo domingo do mes.
⏰ Horario: De 11:00 a 12:30.
🎟 Prezo: 16€ por persoa (inclúe unha deliciosa degustación de queixo 🧀 do Val do Rexo).

🌼 Que vas descubrir?
Un espazo único onde arte, natureza e historia se fusionan para ofrecer unha experiencia inesquecible. Ademais, coñecerás de preto ás adorables ovellas 🐏 e aprenderás todo sobre este proxecto tan especial.

🍂 Por que vir?

É unha oportunidade perfecta para desconectar e conectar coa natureza.
Degustarás o sabor auténtico do queixo artesán.
Gozarás dunha mañá chea de coñecemento e boas vibras no corazón de Allariz.

📲 Reserva xa a túa praza! Escríbenos por WhatsApp ou envíanos unha mensaxe e non quedes sen sitio.

👉 Aínda temos prazas dispoñibles, pero corren rápido!

Non deixes pasar esta oportunidade de vivir o EcoEspazo O Rexo con compañía.

04/01/2025

Estamos nostálxicas, e hoxe rescatamos outro anaquiño de vídeo que nos fixo a TVG, no que falamos das visitas ao Castro de Armea e de como as galegas e galegas recilamos patrimonio 😂 Aquí Begoña nos fala sobre interpretación (en clave de humor) e sempre con toques didácticos que nos fan comprender mellor a nosa historia.

Manolo mil grazas, ti tamén formas parte de Xeitura 😍

Non todo está nos libros... hai historias que se senten, se escoitan e se viven! E iso é o que facemos coas nosas visita...
02/01/2025

Non todo está nos libros... hai historias que se senten, se escoitan e se viven! E iso é o que facemos coas nosas visitas teatralizadas. 👏 O noso equipo de historiadoras e historiadores non escribe guións teatrais, senón que documenta o pasado e convérteo en algo vivo e emocionante. 🔍✍️

Xa levamos anos facendo estas visitas (a máis antiga é no Arquivo Histórico de Ourense!), e agora estamos a preparar unha experiencia única na nosa vila. ✨ Queres saber máis? Seguro que che encantará vivir este paseo no tempo connosco.

👉 Escribe por privado ou déixanos un comentario para máis info! 🚶‍♂️✨

✨🍇 Despedimos o 2024 con moito orgullo do noso e brindamos polo 2025! 🌟Remata un ano no que coidamos das nosas tradición...
31/12/2024

✨🍇 Despedimos o 2024 con moito orgullo do noso e brindamos polo 2025! 🌟

Remata un ano no que coidamos das nosas tradicións, do noso patrimonio e dos sabores e costumes que nos fan tan únicas e únicos. Que o novo ano traia máis ocasións para celebrar, compartir e pór en valor todo o que somos: Galicia viva, auténtica e con futuro.

Brindemos polo 2025, cheo de saúde, fartura e moita retranca galega. E que nunca falte un bo licor para comezar bailando! 🎉

Feliz Aninovo!

Equipo Xeitura

😀Anunciamos fugazmente 2 actividades que temos programadas para o día 2 e 3:🎄Xeitureando un Nadal polo mundo: xoves 2 e ...
30/12/2024

😀Anunciamos fugazmente 2 actividades que temos programadas para o día 2 e 3:

🎄Xeitureando un Nadal polo mundo: xoves 2 e venres 3 de xaneiro ás 12:00. 📍Biblioteca Pública Nós, ao lado do auditorio (Ourense). Para crianzas de 6 a 9 anos. 20 Prazas. Inscrición na propia bibioteca.

📜 Redescrubrindo Ourense: venres 3 de xaneiro de 11:30 a 13:00. O Ourense de Risco e Conde Pombal. Todas as idades. 20 Prazas. Inscrición tamén na bibioteca Nós.

Vamos comezar o 2025 con moita enerxía e historia!

Dirección

Avenida Pardo Bazán, Est. Autobuses Oficinas S/N
Allariz
32660

Teléfono

+34609474976

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xeitura - Turismo Cultural publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Xeitura - Turismo Cultural:

Videos

Compartir

Xeitura Patrimonio S.Coop.Gal.

Dende 2012 ofrecendo Servizos Culturais, Medioambientais e de Ocio no ámbito da Economía Social.

xeitura.com