77 Turismo de Betanzos

77 Turismo de Betanzos Visitas guiadas a Betanzos

No seu momento, e dado que a televisión non existía, o   tiña que facerse por outros medios.Nun día coma hoxe do 1891 ap...
20/01/2025

No seu momento, e dado que a televisión non existía, o tiña que facerse por outros medios.

Nun día coma hoxe do 1891 aparecía esta curioso párrafo no xornal El Mendo no que se buscaba parella para un acaudalado señor.

Conseguría atopar o amor en ??? ❤️

Onte fixéronnos unha pregunta a respecto da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia que se celebra na época próxima ao Corpus...
19/01/2025

Onte fixéronnos unha pregunta a respecto da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia que se celebra na época próxima ao Corpus en xuño na Catedral de Santa María de .

é unha das cidades que participa debido á súa Historia coma antiga capital dunha das sete provincias existentes ata a reforma de Javier de Burgos.

Na nosa Vila hai unha representación dos escudos desas antigas sete provincias. Coñecedes o lugar, non? 😉

Que pasedes un moi bo domingo!!!

Voltan os eventos da  organizados por  e  e voltamos con eles. Aquí vos deixamos os detalles desta cea tan especial:A Ar...
15/01/2025

Voltan os eventos da organizados por e e voltamos con eles.

Aquí vos deixamos os detalles desta cea tan especial:

A Artesa da Moza Crecha presenta su homenaje a "History in Drops" de y a los 2 perfumes de
Experiencia Gastronómica, aromático y musical con Menú Degustación de 8 Platos basado en 8 fragancias.
Viaje Histórico a cargo de .
Nuestro primer evento temático del año, para nosotros el evento del año.
Trabajo de Investigación, Sensorial, Gastronómico y Emotivo.
Jueves 23 de Enero - 21:00hs.
Plazas muy Limitadas
Reservas:
☎️622 468 417










Que o incendio ocorrido en   o 18 de setembro do 1616 foi unha auténtica desgraza para a Cidade non é unha novidade.Os d...
13/01/2025

Que o incendio ocorrido en o 18 de setembro do 1616 foi unha auténtica desgraza para a Cidade non é unha novidade.

Os danos que se produciron foron cuantiosos, documentándose 262 casas queimadas. Pero non foron vivendas o único que sufriu a ira do lume, tamén os nosos templos.

Tales foron os danos e tal a situación económica delicada na que quedou a Vila, que o párroco de Santa María do Azougue tivo que pedir axuda para a súa reconstrución. Non só a veciñanza e confrarías senón, tamén, ao Arzebispado de Santiago, que a concedeu nunha data coma a de hoxe, 13 de xaneiro, pero do 1617.

Nun 10 de xaneiro do 1840 aprobábase pola Corporación Municipal, presidida pot José Andrés Gayoso, o novo horario de pec...
10/01/2025

Nun 10 de xaneiro do 1840 aprobábase pola Corporación Municipal, presidida pot José Andrés Gayoso, o novo horario de peche das portas da muralla.

Debido á situación de conflito motivada pola 1ª Guerra Carlista, o horario de fechamento da cidade reducírase notablemente para mellorar a seguridade dos habitantes de . Asinada a paz e volvendo os tempos de calma, este acordo ampliaba o tempo de apertura das portas ata as 10 da noite.

Conmemórase hoxe, 7 de xaneiro, o 75 aniversario do pasamento de  . Como xa compartimos noutras ocasións, hai diferentes...
07/01/2025

Conmemórase hoxe, 7 de xaneiro, o 75 aniversario do pasamento de .

Como xa compartimos noutras ocasións, hai diferentes historias que o unen coa nosa cidade e que pidedes ver nos nosos posts ou atentendo ás efemérides que publica hoxe a .

Pero na mesma data, no ano 1905, dábase unha circunstancia, tamén na Arxentina, ligada á nosa Vila. Neste caso, o filántropo Manuel Naveira, deixaba asinado, con esta data, un testamento no que, entre outras cousas, quedaba consignada unha partida de cartos (100 mil pesetaa da época) e unhas
instrucións para a construción dun "Asilo para pobres ciegos y sordo-mudos", coñecido coma o Asilo Manuel Naveira.

A construción será levaba a cabo da man da súa viúva e fillo baixo a traza do importante arquitecto Pedro Mariño Ortega, home de diversas obras na veciña cidade da Coruña das que nos poden contar moitas cousas e .

Se de algo sabemos en   é de costas!!Agora que comeza xaneiro e se soe falar de que é un mes que vaia con pendente ascen...
03/01/2025

Se de algo sabemos en é de costas!!

Agora que comeza xaneiro e se soe falar de que é un mes que vaia con pendente ascendente, compartimos convosco unha imaxe do inicio da costa dos Prateiros. Que vos traia moita sorte ☘️ para este ano.

Feliz 2025!!!

Dende 77 Turismo queremos desexarvos a mellor das sortes e da vida para este vindeiro ano.Os nosos mellores desexos. Que...
31/12/2024

Dende 77 Turismo queremos desexarvos a mellor das sortes e da vida para este vindeiro ano.

Os nosos mellores desexos. Que veña un ano cargado de emocións, experiencias e visitas guiadas da nosa man. ❤️❤️❤️

Moi feliz aninovo, 2025!!

29/12/2024

Sabías que existen as tarxetas agasallo da ❓ Nestas datas, que mellor que ter un detalle coas persoas 🥰 que máis queres e que poidan desfrutar de experiencias únicas. Gastronomía, estancias ✨ con encanto ou 👣 rutas por terra e mar.

ℹ️ Toda a información en: https://turismo.marinasbetanzos.gal/experiencias/tarjeta-regalo-biosfera/

Agasalla Biosfera! ☺️🎁


29/12/2024
Dende 77 Turismo queremos desexarvoa unhas moi felices festas e un Bo Nadal!!Que desfrutedes moito deatas datas, na mell...
24/12/2024

Dende 77 Turismo queremos desexarvoa unhas moi felices festas e un Bo Nadal!!

Que desfrutedes moito deatas datas, na mellor compaña!!

Brindaremos popr vós!! 🥂

23/12/2024
O presente ano está a piques de finalizar pero, dende 77 Turismo, non queremos despedilo sen programar unha última visit...
17/12/2024

O presente ano está a piques de finalizar pero, dende 77 Turismo, non queremos despedilo sen programar unha última visita pola nosa querida .

E, que mellor que percorrer a vida e obra dos máis grandes benefactores da nosa cidade??

Se queredes coñecer quen eran os famosos irmáns García Naveira, como foi o seu paso pola emigración e en que derivou a súa volta á nosa Vila, non podedes perdervos esta visita!!

Durante máis de dúas horas percorreremos lugares e obras ligados á vida destes próceres betanceiros!

⛔️⛔️⛔️Importante: durante esta visita non se accederá ao parque do Pasatiempo, xa que permanece pechado por restauración!⛔️⛔️⛔️

⚠️Imprescindible realizar reserva previa⚠️

As nosas vías de contacto son as seguintes:

💻 www.turismobetanzos.es
[email protected]
☎️ 604.08.32.31

🚨 Importante 🚨 Durante o transcurso da visita tomaranse imaxes con fins publicitarias.

17/12/2024
Decembro, e o ano, comezan a ir costa abaixo.Agardamos que, a pesar de que o ano vaia a menos, a vós todo vos vaia a mái...
16/12/2024

Decembro, e o ano, comezan a ir costa abaixo.

Agardamos que, a pesar de que o ano vaia a menos, a vós todo vos vaia a máis. Iso, a pesar de que sexa aínda luns.

Desexámosvos o mellor para esta semana con esta imaxe nocturna betanceira!

13/12/2024
Nun 12 de decembro do ano 1895 quedaba constituída, oficialmente, na cidade de   a "Junta Popular Gestora del Ferrocarri...
12/12/2024

Nun 12 de decembro do ano 1895 quedaba constituída, oficialmente, na cidade de a "Junta Popular Gestora del Ferrocarril de Betanzos a Ferrol".

Formada por numerosos persoeiros brigantinos, contaba coa presidencia de Maximiliano Linares Rivas, o irmán do, por aquel entón Ministro de Fomento, Aureliano Linares Rivas.

O encargado de redactar os escritos e instancias necesarias para a solicitude de obras era Francisco Javier Martínez Santiso.

A historia desta liña de ferrocarril está chea de contratempos e anécdotas, moitas delas, contadas na nosa visita ao Barrio da Magdalena!!

Dirección

Betanzos

Teléfono

+34604083231

Página web

https://www.marinasbetanzos.gal/, https://www.calidadendestino.es/, https://turismo.marinasb

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando 77 Turismo de Betanzos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a 77 Turismo de Betanzos:

Compartir

Categoría