12/12/2024
😊 Hoxe propoñémosche un paseo pola parroquia de Sendelle, no Concello de Boimorto.
⛪️ Parada indispensable na igrexa parroquial de Santa María, unha xoia do século XII. Nas imaxes podes ver a arquitectura externa, pero dentro garda un tesouro: pinturas do século XVI que representan a Última Cea e escenas do Xuízo Final.
⚜️ No pazo do Marco de Arriba fíxate no escudo da fachada e na inscrición manuscrita na pedra de abaixo que reza «Esta casa hizo Rodrigo de primeiro, ano de 1614». Pertenceu á liñaxe dos Codesido.
✝️ Tamén no Marco podes visitar a capela do Carme, de forma rectangular, con muros de pedra revogada e cuberta a dúas augas.
Anímaste? 😉