![](https://img4.travelagents10.com/377/020/1148117293770206.jpg)
11/02/2025
📌BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO CONCURSO-DESFILE DO MARTES DE ENTROIDO 2025 NO CARBALLIÑO
1. Obxecto do concurso
O presente concurso ten como finalidade premiar o esforzo, traballo e animación que realizan as agrupación participantes no desfile do martes de entroido, 4 de marzo de 2025 organizado pola Concellería de Cultura do Concello do Carballiño.
2. Participantes
A participación está aberta a tódolos colectivos (asociacións xuvenís, culturais, veciñais, etc.; grupos, pandillas, colexios...) que o desexen.
3. Obrigas dos participantes
As comparsas inscritas no concello estarán obrigadas a desfilar o martes de entroido, día 4 de marzo estando unha hora antes para a súa organización, excepto que por motivos de climatoloxía ou outros, o desfile será o 9 de marzo (Festa da Cachucha) ou calquera outra data acordada pola organización.
A organización comprobará no lugar de saída do desfile a presencia das agrupacións onforme a ficha de inscrición presentada, e será moi estrita coa puntualidade das comparsas na hora de saída do desfile.
Todas as comparsas que participen deberán estar compostas, como mínimo de 15 persoas, sen límite de cantidade máxima.
Para circular dentro do circuíto pechado ao tráfico, a carroza e o vehículo que a arrastre non estarán obrigados a ter as autorizacións necesarias para aqueles vehículos que si circulen por vías abertas ao tráfico. Así mesmo non se permitirá a condución de carrozas dentro do circuíto a persoas que presenten síntomas evidentes de estar baixo os efectos de bebidas alcohólicas ou outras dr**as.
As carrozas non poderán exceder unha altura máxima de 3,9 m de altura.
Estará prohibido utilizar calquera animal vivo e/ou elemento que se considere perigoso sen o permiso correspondente por parte da organización. Para elo, debe facelo constar no momento da inscrición os permisos correspondentes. Deberase facer constar a categoría dos elementos pirotécnicos (categoría I ou II) e só se poderán facer uso dos mesmos na Rotonda da Alameda.
A asistencia ao acto de entrega de premios que terá lugar o propio día do desfile.
Cada comparsa farase responsable dos seus actos e deberán obedecer as instrucións que se lle indiquen dende a organización, Policía Local e Protección Civil durante todo o percorrido. O Concello do Carballiño non se fai responsable dos danos morais ou materiais que, así mesmos ou a terceiros ocasionen os participantes.
4. Inscrición e prazo
As inscricións faranse no Departamento de Cultura do Concello nun prazo improrrogable ata o día 1 de marzo de 2025 en horario de oficina (de 9 a 14 horas) e presentaranse no rexistro unicipal, a partir do día seguinte ó da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP trala comunicación efectuada para o efecto na Bases de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Para calquera consulta poderán chamar aos teléfonos 662198 615 ou 988 530 007, ext. 29.
Os solicitantes deberán presentar a seguinte documentación que non obre no poder da administración.
Entidade legalmente constituída:
- Solicitude de inscrición
- Fotocopia do CIF
- Fotocopia do DNI do representante legal da asociación.
- Certificación bancaria do nº de conta (deberá coincidir cos datos da solicitude)
Entidade NON legalmente constituída: Enténdese como tal aquela agrupación de persoas que carecen de personalidade xurídica e que non obtivesen o correspondente CIF en Facenda. As actuacións con estas agrupacións faranse coa persoa que se destine como representante ou solicitante e que será a que asuma a totalidade das responsabilidades fiscais e ante o Concello pola participación nesta convocatoria.
- Solicitude de inscrición.
- Fotocopia do DNI do representante legal da agrupación.
- Certificación bancaria do no de conta (deberá coincidir cos datos da solicitude)
- Relación de persoas que integran a agrupación con nome e apelidos de todas elas.
O departamento de cultura xestionará de oficio a comprobación de estar ao corrente das obrigas fiscais coa administración local, tanto as legalmente constituídas como os representantes das restantes agrupacións.
5. Procedemento de concesión
O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva.
A instrución do procedemento corresponderalle aos servizos administrativos da Concellería de Cultura.
Unha vez rematado o prazo de presentación de inscricións o órgano de instrucción comprobará a corrección da documentación administrativa achegada, e remitirá ao xurado a relación de participantes cuxa documentación estea correcta e fora presentada en prazo para a súa valoración e posterior emisión da correspondente acta.
6. Crédito orzamentario
Para este concurso a Concellería de Cultura establece os seguintes premios con cargo a aplicación orzamentaria 334.11.480.00 Transferencias correntes 2025.
Establécense os seguintes premios:
1º Premio: 1.300 euros
2º Premio: 1.000 euros
3º Premio: 800 euros
4º Premio: 400 euros
5º Premio: 350 euros
6º Premio: 300 euros
7º Premio: 250 euros
8º Premio: 200 euros
- 12 accesits de 120 euros ás comparsas que non acaden ningún dos premios anteriores.
- Un premio especial de 300 euros para a mellor comparsa que acade a maior puntuación. O xurado neste caso estará composto por un representante de cada comparsa que participe no desfile, que deberán seleccionar cun voto á que consideren mellor comparsa. Os criterios a ter en conta serán os mesmos que os estipulados na base 7ª desta convocatoria. Levantarase acta unha vez feito o reconto da puntuación dende o departamento de cultura.
- As cinco primeiras comparsas gañadoras terán un incremento de 250 euros cada unha delas, sempre que participen no desfile do día 9 de marzo (Festa da Cachucha), excepto que por causas indicadas na base 3, non se concederá dito incremento. Dada a non obriga da participación neste desfile, en caso de que algunha delas non desexe participar, poderáselle ofrecer á seguinte na clasificación.
Aos premios aplicaráselle as retencións correspondentes segundo a lexislación vixente e poderán ser compatibles con outros para o mesmo fin.
7. Criterios de valoración
O sistema de puntuación que o xurado utilizará no concurso estará composto polos seguintes apartados e puntuacións:
- Orixinalidade: de 0 a 5 puntos
- Disfrace e maquillaxe: de 0 a 5 puntos
- Posta en escena: máximo 15 puntos
- Empatía co disfrace: de 0 a 5 puntos
- Acompañamento musical: de 0 a 5 puntos
- Coreografía e animación: de 0 a 5 puntos
- Número de compoñentes: máximo 5 puntos (15 minutos antes de iniciarse o desfile
procederase ao reconto)
- de 15 a 40 compoñentes: 1 punto
- de 41 a 60 compoñentes: 2 puntos
- de 61 a 80 compoñentes: 3 puntos
- de 81 a 100 compoñentes: 4 puntos
- Máis de 100 compoñentes: 5 puntos
- Carroza: máximo 5 puntos (non se considera carroza un vehículo ou unha moto).
- Desfile con carroza: 1 punto
- Calidade: de 0 a 2 puntos
- Orixinalidade: de 0 a 2 puntos
Máxima puntuación total: 35 puntos.
En caso de empate na puntuación final de dúas ou máis agrupacións terase en conta o criterio do número de compoñentes.
8. Xurado
O xurado valorará as comparsas ao logo do desfile e estará formado por:
-Concelleiro de Cultura como presidente
-Un membro de cada grupo político con representación no Concello
-Un representante do comercio.
-Un representante do movemento veciñal
-Un representante do ámbito cultural
Actuará como secretario/a un/unha traballador/a do Concello do Carballiño.
Calquera dos premios poderanse declarar deserto se o xurado o considera oportuno. Dita decisión será inapelable e farase pública coa lectura da acta despois do desfile no baile de disfraces a celebrar o día 4 de marzo e no caso de aprazamento o día 9 de marzo ou a data acordada pola organización.
9. Resolución de concesión
A decisión do xurado elevarase ao órgano competente para aprobalo. O órgano competente poderá rexeitar aqueles premiados que non cumpran coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
O prazo máximo para resolver e notifica-la resolución do procedemento non poderá exceder de 6 meses nos termos establecidos nos artigos 25 e 26 da Lei 38/2003, xeral de subvencións e nos artigos 62 e 63 do seu regulamento e en ningún caso poderá exceder do 30 de novembro de 2025.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a propia Xunta de Goberno no prazo dun mes ou directamente ante o orde xurisdicional contencioso-administrativo recurso Contencioso-Administrativo no prazo de tres meses dende a notificación da mesma.
10. Xustificación e pagamento
Unha vez ditada resolución polo órgano competente, procederase ao pagamento vía transferencia bancaria ao número de conta proporcionado polos representantes das comparsas gañadoras.
11. Aceptación das bases
A participación no concurso comporta a aceptación das presentes bases, sendo excluido todo aquel participante que incumpra as mesmas.
Ok
12. Información sobre tratamento de datos persoais.
En cumprimento do establecido no artigo 13 do Regulamento UW2016/676 do Parlamento Europeo e do Concello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación deste datos, infórmase aos interesados do seguinte: os datos persoais serán incluídos nun ficheiro xestionado polo Concello do Carballiño coa finalidade de estatística. O representante da agrupación poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición recoñecidos na Lei Orgánica 3/2018 de 5 de decembro de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais mediante correo electrónico a [email protected] ou por correo ordinario ó Concello do Carballiño (Praza maior, 1 C. 32500 O Carballiño).