Mariña Patrimonio

Mariña Patrimonio Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Mariña Patrimonio, Cervo.

Somos unha asociación sociocultural que botou a andar no ano 2008 co fin de defender e divulgar o patrimonio galego, centrándonos especialmente na comarca de A Mariña

PATRIMONIO INMATERIAL. “Os contos eróticos de tradición oral”Mariña Patrimonio pecha o ano cunha interesante conferencia...
02/01/2025

PATRIMONIO INMATERIAL. “Os contos eróticos de tradición oral”
Mariña Patrimonio pecha o ano cunha interesante conferencia sobre patrimonio inmaterial a cargo de Xosé Miranda, recoñecido poeta, novelista e contista, que abordou o tema do erotismo na tradición oral. O autor, xunto a Antonio Reigosa e Xoán Cuba, posúe unha extensa obra que recolle anos de investigación sobre a tradición oral galega entre a que se atopan os “Contos colorados”, arredor dos que desenvolveu esta intervención o pasado sábado 28 de decembro na sala das Carboeiras de Sargadelos.
A idea central desta conferencia foi demostrar que a cultura galega posúe unha abundante produción de contos eróticos de tradición oral, que sempre foron marxinados na produción literaria xeral debido aos prexuízos sociais e ideolóxicos existentes sobre a temática sexual, considerándoos como unha literatura menor. Porén, Xosé Miranda mantén que é unha literatura do mesmo nivel que o resto e merece, por tanto, o mesmo tratamento no mundo literario.
Ao longo da súa exposición, Miranda demostrou como gran parte dos contos eróticos tradicionais galegos aparecen na literatura escrita de distintas culturas. Idénticas historias pódense atopar na literatura castelá, europea, asiática, africana ou americana, tanto en tempos afastados como recentes. Autores de prestixio da literatura grecorromana, do Século de Ouro castelán, da Ilustración europea, así como de Rusia, a India e os países do norte e sur de Europa, recollen en diversos formatos literarios as mesmas narracións que podemos atopar nos contos eróticos da tradición oral galega.
Afortunadamente, moitos destes contos están agora rescatados e publicados grazas ao traballo destes tres autores e outros máis que nas últimas décadas publicaron traballos de compilación, dignificando así esta literatura e poñéndoa no lugar que lle corresponde.
Pola nosa parte, ademais da nosa gratitude a Xosé Miranda por facernos este agasallo de fin de ano, agradecemos tamén ao Concello de Cervo que nos cedese o local para a celebración deste acto, que contou coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
https://www.youtube.com/watch?v=NZ0oVXTNxyI&t=1s

LembradePATRIMONIO INMATERIAL: OS CONTOS ERÓTICOS NA TRADICIÓN ORALMariña Patrimonio organiza para mañá, sábado 28 de de...
27/12/2024

Lembrade
PATRIMONIO INMATERIAL: OS CONTOS ERÓTICOS NA TRADICIÓN ORAL
Mariña Patrimonio organiza para mañá, sábado 28 de decembro, unha charla impartida polo escritor e experto en tradición oral, Xosé Miranda, baixo o título "Os contos eróticos na tradición oral". Durante a sesión, o relator explorará diversos aspectos relacionados cos relatos eróticos que forman parte do rico patrimonio oral de Galicia.
A actividade, que forma parte da programación destinada a promover o coñecemento e a preservación do patrimonio cultural inmaterial galego, terá lugar ás 12:00 horas na Sala As Carboeiras, situada no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, en Cervo.
Data: Sábado, 28 de decembro de 2024
Hora: 12:00 horas
Lugar: Sala As Carboeiras, Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, Cervo

PATRIMONIO INMATERIAL: Os contos eróticos na tradición oralO vindeiro sábado 28 de decembro, o escritor e experto en tra...
22/12/2024

PATRIMONIO INMATERIAL: Os contos eróticos na tradición oral
O vindeiro sábado 28 de decembro, o escritor e experto en tradición oral, Xosé Miranda, ofrecerá unha charla titulada Os contos eróticos na tradición oral, na que falará sobre diferentes aspectos relacionados cos relatos eróticos que forman parte do patrimonio oral de Galicia.
A charla, que terá lugar ás 12:00 horas na Sala As Carboeiras do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, en Cervo, encádrase dentro das actividades organizadas por Mariña Patrimonio para promover o coñecemento e a preservación do patrimonio cultural inmaterial de Galicia.
Data: 28 de decembro de 2024
Hora: 12:00 horas
Lugar: Sala As Carboeiras, Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, Cervo

No auditorio do CENIMA en Foz, ante preto do medio centenar de persoas, Francisco Canosa, xeólogo e divulgador científic...
19/12/2024

No auditorio do CENIMA en Foz, ante preto do medio centenar de persoas, Francisco Canosa, xeólogo e divulgador científico centrado nas ciencias da Terra, impartiu unha conferencia para dar a coñecer os resultados da investigación realizada no ano 2023 sobre a presenza de metais preciosos en minerais de diversos xacementos primarios da comarca, asociadas á minaría antiga. Esta investigación foi promovida por Mariña Patrimonio e financiada mediante convenio coa Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Na súa exposición explicou o proceso da toma de mostras e a metodoloxía seguida para realizar as análises en laboratorio, que permitiron determinar os contidos de ouro, prata e outros elementos presentes nas mostras recollidas. Obviamente, os resultados obtidos son fiables para as mostras tomadas, que se supoñen representativas dos xacementos escollidos. Porén, sería precisa unha analítica de rocha total para unha mellor precisión nos resultados.
Os resultados indican que a presenza de ouro resulta relevante no xacemento de Coira, en Barreiros, que posúe unha elevada concentración deste elemento. Así mesmo, apréciase moi ben o sistema de explotación realizado en tempos antigos, polo que constitúe un xacemento de gran interese histórico e turístico. A presenza de prata é moi relevante no xacemento de Paraños, en Riotorto. Resulta sorprendente e, ao tempo interesante, que á vista da análise realizada na mina da Muxueira, en Riotorto, que foi explotada cun sistema propio da minaría do ouro, pareza que o que realmente se explotou foi o mineral de ferro.
Cos resultados das análises realizadas, semella aparentemente contraditorio a evidencia de que nesta zona se explotara un xacemento secundario de ouro da magnitude da mina romana da Espiñeira. A explicación posible é que puido haber xacementos primarios que aínda non foron verificados e, por outra banda, Canosa explicou que os xacementos secundarios posúen gran cantidade de ouro que, ao longo de millóns de anos de erosión constante, o río transporta e acumula en toda a súa cunca fluvial. Esta pode conter cantidades importantes de ouro moi difusamente repartido, non sendo imprescindible que houbese xacementos primarios con gran concentración.
O informe de resultados desta investigación será posto a disposición de quen desexe consultalos, para o que se informará no seu momento de onde estará aloxado.
O noso agradecemento ao seu autor, Fran Canosa, e ao concello de Foz, pola súa colaboración neste acto.

https://www.youtube.com/watch?v=v-kfu2zkeXw

O próximo luns 16 de decembro, ás 19:00 horas, Francisco Canosa, doutor en Xeoloxía, presentará os resultados dun proxec...
11/12/2024

O próximo luns 16 de decembro, ás 19:00 horas, Francisco Canosa, doutor en Xeoloxía, presentará os resultados dun proxecto de investigación sobre os metais preciosos na minaría antiga da Mariña nunha conferencia que terá lugar no Salón de Actos do CENIMA (Foz). Este proxecto, promovido por Mariña Patrimonio, contou co apoio da área de Cultura da Deputación de Lugo.

O bo tempo acompañou na excursión organizada por Mariña Patrimonio a Santiago de Compostela para o sábado 16 de novembro...
19/11/2024

O bo tempo acompañou na excursión organizada por Mariña Patrimonio a Santiago de Compostela para o sábado 16 de novembro. A visita á capital do país, sempre oportuna e apetecida, tiña como obxectivo visitar a catedral pola mañá e achegarnos pola tarde á exposición “Unha vida vikinga”, na Cidade da Cultura.
Especialmente satisfactoria foi a visita guiada á catedral, que incluíu o Pórtico da Gloria, marabillosamente restaurado e probablemente o maior prodixio da arte románica, así como as cubertas renovadas do templo, pasando pola tribuna e completada coa subida á torre da Carraca. Guiados por Tania, á que agradecemos a súa simpatía e a facilidade para comunicar, puidemos g***r dunha perspectiva diferente do complexo catedralicio e da propia cidade, o que nos permitiu entender a transcendencia e a atracción que este lugar exerce en todo o mundo.Unha visita que un quixera prolongar indefinidamente polo placer visual e espiritual que proporciona. A visita á catedral completouse, para quen así o quixo, coa posibilidade de visitar o museo, se ben o tempo dispoñible era reducido.
Logo do xantar en Casa Manolo, o grupo trasladouse ao Gaiás para a visita da tarde. A exposición “Unha vida vikinga” reúne unha importante e ben escollida selección de pezas relacionadas co fenómeno e a civilización vikinga e a súa expansión e influencia entre América do norte, Europa do leste e Rusia e a contorna do Mediterráneo, centrando a súa presenza en todo o norte de Europa. Esta exposición permite facernos una idea de como sería a vida dos homes e mulleres nas distintas etapas vitais e sobre a súa presenza nos diferentes lugares aos que chegaban as “vikingadas”, entre os que estaba incluído o territorio galego, do que tamén hai pezas expostas.
Con esta viaxe complétase a programación de excursións do ano 2024 de Mariña Patrimonio, se ben quedan aínda algunhas actividades divulgativas que se anunciarán proximamente.
+FOTOS: https://photos.app.goo.gl/pb1rSiyXQ5Ux8EBV9b

Mariña Patrimonio organiza unha saída a Santiago de Compostela para o sábado 16 de novembro, onde visitaremos o Pórtico ...
04/11/2024

Mariña Patrimonio organiza unha saída a Santiago de Compostela para o sábado 16 de novembro, onde visitaremos o Pórtico da Gloria, as cubertas da Catedral e a exposición Unha vida vikinga no Gaiás. As prazas son limitadas.
Para máis información sobre esta actividade, consultar no blog de Mariña Patrimonio: http://mrpatrimonio.blogspot.com/

Coincidindo coa feira de cada día 20, Mariña Patrimonio realizou una visita ao patrimonio da vila de Sarria, guiados pol...
24/10/2024

Coincidindo coa feira de cada día 20, Mariña Patrimonio realizou una visita ao patrimonio da vila de Sarria, guiados polo profesor, avogado e historiador local Xaime López Arias “Arlindo”. O grupo, composto por 30 participantes, iniciou a ruta urbana na
Ponte Ribeira, onde o Camiño de Santiago cruza o río Sarria e onde nace Vilanova de Sarria, fundada polo rei Afonso IX como vila real.

Logo dun paseo pola veiga do río Sarria, na que se sitúan actualmente boa parte dos equipamentos educativos e deportivos, así coma un fermoso muíño que merecería dunha restauración acorde coa súa importancia, iniciouse unha ruta pola vila histórica, de escasa extensión pero con gran densidade de edificios de alto valor patrimonial, seguindo o Camiño de Santiago pola escalinata e a Rúa Maior, a sede da Sociedade Cultural “La Unión”, a igrexa neorrománica de Santa Mariña e o vello casino, entre outros edificios de interese.

Logo dunha breve parada na casa Baamonde, sede do Concello, na que o grupo foi recibido polo Alcalde, continuamos o percorrido pola Rúa Maior cara á parte alta da vila onde se sitúa a Fortaleza de Sarria, restos do importante castelo derrubado polos Irmandiños, reconstruído e finalmente derrubado case na súa totalidade no século XIX.

Nas inmediacións puidemos visitar a Igrexa de San Salvador, templo a cabalo do románico e o gótico, así coma a antiga Prisión Preventiva, hoxe oficina de turismo e espazo cultural e de exposicións.

Logo de degustar o polbo na concurrida feira, o grupo rematou a visita no Mosteiro da Magdalena. Aínda que non puidemos visitar o seu interior por estar en obras, o noso guía ofreceunos unha ampla información sobre a súa historia, os seus usos actuais como colexio e como albergue, ademais de apreciar a diversidade de estilos arquitectónicos, románico, gótico e barroco das distintas partes que compoñen o edificio.

Agradecemos ao noso guía, Arlindo, a súa xenerosidade por adicarnos a xornada; así mesmo queremos destacar o seu enorme coñecemento da historia de Sarria e comarca, así como as súas amenas explicacións, tanto da evolución histórica de Sarria como da súa importancia actual como punto relevante dentro do Camiño Francés. Agradecemento tamén ao Concello de Sarria por facilitarnos algunhas das visitas que realizamos ao longo da xornada.
https://photos.app.goo.gl/MU6Z3fchb2jcJLLZ7

Acto Informativo sobre as Escavacións en Santo Estevo do Ermo Data: Xoves 17 de outubroHora: 17:00 hLugar: Santo Estevo ...
17/10/2024

Acto Informativo sobre as Escavacións en Santo Estevo do Ermo
Data: Xoves 17 de outubro
Hora: 17:00 h
Lugar: Santo Estevo do Ermo

Eira da Xoana ( Asociación Ecoloxista ADEGA)
Irmandade Augas Santas. Sto. Estevo do Ermo. Barreiros
Mariña Patrimonio
Tempos Arqueólogos

Este xoves 17 de outubro, terá lugar unha visita guiada ás 17:00h na escavación arqueolóxica que se está levando a cabo ...
16/10/2024

Este xoves 17 de outubro, terá lugar unha visita guiada ás 17:00h na escavación arqueolóxica que se está levando a cabo na finca adquirida, grazas á colaboración cidadá, en Santo Estevo do Ermo (Barreiros).
A intervención arqueolóxica, que conta co apoio da Área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ten como obxectivo recuperar e investigar parte deste importante espazo natural e histórico.
Durante a visita, organizada por Mariña Patrimonio, a Irmandade Augas Santas. Sto. Estevo do Ermo. Barreiros e a Fundación Eira da Xoana (Asociación Ecoloxista ADEGA), informarase sobre os avances e obxectivos desta intervención arqueolóxica.

Tempos Arqueólogos
Irmandade Augas Santas. Sto. Estevo do Ermo. Barreiros
Eira da Xoana Asociación Ecoloxista ADEGA

Comezamos as escavacións arqueolóxicas en Santo Estevo do Ermo.Xa deron comezo os traballos de escavación en Santo Estev...
15/10/2024

Comezamos as escavacións arqueolóxicas en Santo Estevo do Ermo.
Xa deron comezo os traballos de escavación en Santo Estevo do Ermo, un proxecto que busca recuperar e investigar este lugar.
Convidámosvos a achegarvos para coñecer o proceso de primeira man e visitar o lugar durante os traballos.
Ademais, este xoves 17 de outubro ás 17:00 h, realizaremos un pequeno acto no lugar da escavación para informar sobre esta intervención arqueolóxica.

Irmandade Augas Santas. Sto. Estevo do Ermo. Barreiros
Eira da Xoana
Asociación Ecoloxista ADEGA
Tempos Arqueólogos
Área de Cultura - Vicepresidencia. Deputación de Lugo.

Mariña Patrimonio está a organizar unha visita ao patrimonio de Sarria para o domingo 20 de outubro, aproveitando que é ...
05/10/2024

Mariña Patrimonio está a organizar unha visita ao patrimonio de Sarria para o domingo 20 de outubro, aproveitando que é día de feira. Pola mañá, visitaremos diversos lugares dentro da propia vila de Sarria, acompañados por Xaime Félix López Arias, "Arlindo", gran coñecedor da súa historia. A visita da mañá rematará no campo da feira, onde teremos reservado un lugar para xantar. Neste caso especial, cada quen encargarase de pedir o que desexe para xantar e de pagar directamente aos do mesón.
Pola tarde, veremos o mosteiro da Magdalena antes de regresar.
Temos pensado que o bus sairá da Cruz do Lobo ás 8h e que recollerá participantes en Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro, desde onde iremos ata Sarria. Para ver os prezos, condicións e detalles da viaxe pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio: https://mrpatrimonio.blogspot.com/2024/10/visita-ao-patrimonio-de-sarria.html
Tendo en conta que as prazas do bus son limitadas, o prazo para anotarse remata o día 15, cando avisaremos para facer o ingreso correspondente na conta da asociación. Para apuntarse, cómpre enviar un correo electrónico a [email protected], indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, número de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus e se van participar no xantar.

26/09/2024
Roteiro interpretativo en Santo Estevo do ErmoSábado, 21 de setembro
15/09/2024

Roteiro interpretativo en Santo Estevo do Ermo
Sábado, 21 de setembro

🌿Roteiro interpretativo en Santo Estevo do Ermo!🌿

🥰Redescubre o patrimonio menos coñecido da Mariña lucense canda nós o próximo sábado, 21 de setembro!📅

🌳Camiñaremos por unha paraxe natural espectacular onde atoparemos biodiversidade única e unha fervenza.
⛪💧Falaremos sobre igrexas medievais, fontes de augas santas, tradicións e lendas.
🐦Analizaremos a flora e fauna para coñecer a calidade das augas do rego de Santo Estevo.
🚮Aproveitaremos para recoller lixo no marco da XVII Limpeza de Ríos de ADEGA.

✍️ A actividade é gratuíta. Inscríbete aquí: https://forms.gle/ewspNNtnwjFTknpt7

🧐Toda a info aquí: https://adega.gal/axenda.php?id=1227&idioma=gl&sec=12

🟢🔵
Colaboran: Eira da Xoana, Mariña Patrimonio e Irmandade de Santo Estevo.

Financia: Augas de Galicia

1 de setembro: Nova data para a Xornada de Irmandade e Celebración en Santo Estevo do ErmoComo ben sabedes, a Xornada de...
23/08/2024

1 de setembro: Nova data para a Xornada de Irmandade e Celebración en Santo Estevo do Ermo

Como ben sabedes, a Xornada de Irmandade e Celebración en Santo Estevo do Ermo foi suspendida hai un mes debido ao mal tempo. Agora, temos o pracer de anunciar a súa nova data:
A Fundación Eira da Xoana (ADEGA), Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo convidan a todas as persoas que fixeron unha achega económica para a compra da parcela de Santo Estevo, así como a todas aquelas que desexen unirse a esta celebración, a participar nunha comida de confraternidade e nun paseo guiado pola fraga de Santo Estevo. Queremos celebrar con todos vós este importante logro e amosarvos en persoa o espazo que, grazas á vosa xenerosidade, estamos a preservar e recuperar.

Data: 1 de setembro, domingo
Lugar: Santo Estevo do Ermo, Barreiros
Hora: A partir das 14:00 horas

Programa:

14:30 h: Comida. Cada participante debe levar a súa propia comida. Será unha oportunidade para compartir e g***r dun ambiente de compañeirismo e celebración.
17:00 h (aproximadamente): Paseo pola fraga de Santo Estevo. Durante a visita, poderase coñecer en detalle o espazo natural e arqueolóxico que estamos a preservar, incluíndo os restos da antiga igrexa e o xacemento medieval.

Para facilitar a organización do evento, rogámosvos que confirmedes a vosa asistencia enviando un correo electrónico a [email protected] antes do mércores 28 de agosto.

Agradecemos unha vez máis a vosa xenerosidade e apoio. Grazas a vós, este proxecto é unha realidade.

Agardamos vervos en Santo Estevo para celebrarmos xuntos este logro e compartirmos unha xornada de convivio e recoñecemento ás persoas que o fixeron posible.

No salón de actos do Centro Cívico de Xove celebrouse onte (2/08/2024), cunha boa afluencia de público, a conferencia de...
03/08/2024

No salón de actos do Centro Cívico de Xove celebrouse onte (2/08/2024), cunha boa afluencia de público, a conferencia de Antón Meilán titulada Pardo de Cela e o Pazo da Rigueira de Ferrol (Xove), organizada por Mariña Patrimonio coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
O ponente, apaixoado estudoso deste persoeiro histórico fundamental da historia mariñá e galega, debuxou un retrato moi completo do mito e da persoa do Mariscal, permitindo obter una imaxe moi atinada do que debeu ser a realidade da nosa comarca da segunda metade do século XV, no contexto da creación do primeiro estado moderno europeo por parte dos Reis Católicos, que veu supoñer o debilitamento dos poderes feudais medievais que moi ben representaba o Mariscal Pardo de Cela.
O seu relato aportou una visión ampla do contexto que conduciu á degolación do Mariscal e do su fillo en Mondoñedo, permitindo obter as claves para comprender as verdadeiras causas destes feitos, que tiveron que ver co desafío que o Mariscal mantivo cos Reis Católicos e sobre todo co conflito de intereses co Bispado de Mondoñedo quen, quizais podendo evitala, deixou que a execución se consumase e tivera un enorme impacto social xa no seu tempo, elevando ao home á categoría de mito que permaneceu e medrou no imaxinario colectivo e na literatura posterior.
Meilán repasou tamén a presenza xeográfica do Mariscal e da súa familia mesmo despois da súa morte, e que os vincula a Burela, a Viveiro, Galdo e, por suposto, ao Pazo da Rigueira de Ferrol en Xove, adquirido polo Mariscal cando o seu conflito cos Reis o desvincula de Viveiro e necesita manterse cerca do patrimonio que conserva nesa zona occidental da comarca. Sobre este pazo, actualmente moi deteriorado e trasformado, fixo una descrición dos seus escasos restos, centrándose na capela que contén un pequeno pero interesante retablo do século XVIII, sinalando a necesidade de conservalo pola súa relevancia artística e histórica.
Agradecemento de Mariña Patrimonio ao Concello de Xove, á súa atenta colaboración para facer posible este acto e, especialmente, ao profesor Meilán pola súa sabedoría e paixón que permitiu coñecer una perspectiva moi ampla deste controvertido persoeiro da nosa historia.
VER VIDEO: https://youtu.be/lufEnPQ6aaA

CONFERENCIA SOBRE PARDO DE CELA E O PAZO DA RIGUEIRA Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro venres 2 de agosto a con...
30/07/2024

CONFERENCIA SOBRE PARDO DE CELA E O PAZO DA RIGUEIRA
Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro venres 2 de agosto a conferencia "Pardo de Cela e o pazo da Rigueira de Ferrol (Xove)" a cargo do profesor Antón Meilán García. O acto terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove a partir das 20.00h.
Antón Meilán compartirá connosco a súa ampla investigación sobre Pardo de Cela. Ademais de contextualizar historicamente a figura do Mariscal, falará sobre a importancia que tivo o pazo da Rigueira na súa vida para concluír cunha reflexión sobre o personaxe Pardo de Cela como mito na actualidade.

Polas previsións meteorolóxicas adversas, ADÍASE o Xantar de Irmandade e Celebración en Santo Estevo do Ermo previsto pa...
25/07/2024

Polas previsións meteorolóxicas adversas, ADÍASE o Xantar de Irmandade e Celebración en Santo Estevo do Ermo previsto para o día 27.
Avisaremos con suficiente antelación da nova data, que, en todo caso, será despois do 10 de agosto.
Desculpade as molestias, pero con chuvia non procede realizalo.

Dirección

Cervo
27891

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mariña Patrimonio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Mariña Patrimonio:

Videos

Compartir