DeExcursión

DeExcursión "DeExcursión" nace para promocionar el turismo escolar y familiar en Ferrolterra.

🧑‍🎨🎨 Voltamos ao cole despois das vacacións de Nadal cunha suxestión ben interesante: a ruta polas Meninas de Canido, un...
08/01/2025

🧑‍🎨🎨 Voltamos ao cole despois das vacacións de Nadal cunha suxestión ben interesante: a ruta polas Meninas de Canido, un percorrido que os grupos escolares poden facer contando co artista Eduardo Hermida, o artífice deste movemento, como guía de excepción.
💡É unha oportunidade para coñecer outras visións dos cadros de Velázquez e falar de arte e de todos os temas que os artistas participantes teñen abordado a través del, desde o feminismo ata o ecoloxismo.
👇👇
https://s.mtrbio.com/koqkuunnpn

Ben sabemos que estaredes moi ocupados escribindo cartas e metendo no caixa do correo os vosos desexos... recordade que ...
02/01/2025

Ben sabemos que estaredes moi ocupados escribindo cartas e metendo no caixa do correo os vosos desexos... recordade que en DeExcursión temos unha axenda para que organicedes o lecer de toda a familia! En Cedeira continúa o parque de xogos de entrada libre e gratuíta para toda a familia.
⬇️⬇️⬇️
https://s.mtrbio.com/mpnnvvjfqb

🙋‍♀️ Outra proposta para facer estes días na cidade de Ferrol, vencellada ao mar e á Armada: o Museo Naval. ❓ Sabiades q...
30/12/2024

🙋‍♀️ Outra proposta para facer estes días na cidade de Ferrol, vencellada ao mar e á Armada: o Museo Naval.
❓ Sabiades que orixinalmente creouse para amosar os restos da fragata Magdalena, afundida nas costas de Viveiro en 1810? Hoxe conta con moitas outras pezas.
ℹ️ A entrada é libre e gratuíta! Aberto de luns a venres, en horario de 09.30 a 13.30h.
👇👇
https://s.mtrbio.com/wknhpkrvyr

🙋‍♀️ 🎄 Consultade a nosa axenda de ocio familiar! Na web https://s.mtrbio.com/mkxxvsqngu na que tamén podedes descargarv...
27/12/2024

🙋‍♀️ 🎄 Consultade a nosa axenda de ocio familiar! Na web https://s.mtrbio.com/mkxxvsqngu na que tamén podedes descargarvos a nosa revista con un feixe de propostas para saídas polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Hai unha festa de Nadal de Apego en Ferrol, con actividades pola mañá e pola tarde; parque de xogos en Cedeira; música en Fene con Bellón e Maceiras, teatro e espectáculo de circo nas Pontes...

🔛 https://s.mtrbio.com/lhufqpqhfd

A Ruta da Construción Naval, unha ruta para coñecer e comprender como Ferrol pasou de ser unha pequena aldea a configura...
23/12/2024

A Ruta da Construción Naval, unha ruta para coñecer e comprender como Ferrol pasou de ser unha pequena aldea a configurar un enclave industrial de primeiro orde.
Aquí tedes información e recursos para organizar unha saída escolar ou ben unha visita guiada de grupo ou individual nestas festas!
👇👇
https://s.mtrbio.com/tqlqugknnx

🙋‍♀️ Xa tedes plan para os vindeiros días? 🎄 Consulta a axenda de ocio que temos na web de DeExcursión 👇https://s.mtrbio...
17/12/2024

🙋‍♀️ Xa tedes plan para os vindeiros días? 🎄 Consulta a axenda de ocio que temos na web de DeExcursión 👇
https://s.mtrbio.com/vxcypcjzlh

4️⃣0️⃣ anos leva o Museo Etnográfico Monte Caxado construíndo unha valiosa colección de obxectos a través dos cales coñe...
15/12/2024

4️⃣0️⃣ anos leva o Museo Etnográfico Monte Caxado construíndo unha valiosa colección de obxectos a través dos cales coñecemos como era a vida de antes, os costumes da sociedade rural anterior á chegada da industria á localidade das Pontes.
🐄 👩‍🌾​🏫​ Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado

🌐 Na súa web temos acceso ademais a un arquivo dixital con fotografías, audios, vídeos e diversos documentos nos que podemos pescudar como eran as festas, o traballo, a vida social, e tamén a escola! Atoparedes fotos antigas como esta da festa da árbore no antigo escolar de Santa María
👇👇👇
https://montecaxado.gal/

🌿 🍄 👩‍🏫 O mosteiro de Caaveiro e as fragas do Eume configuran un conxunto excepcional para a aprendizaxe e a descuberta!...
10/12/2024

🌿 🍄 👩‍🏫 O mosteiro de Caaveiro e as fragas do Eume configuran un conxunto excepcional para a aprendizaxe e a descuberta!! A Deputación da Coruña ofrece visitas e actividades guiadas para os centros educativos. 🚶‍♂️🚶

No noso último post tedes toda a información 👇
https://www.deexcursion.net/2024/12/09/caaveiro/

👉 A apertura e posta en valor do antigo muíño de Xuvia como Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CI...
09/12/2024

👉 A apertura e posta en valor do antigo muíño de Xuvia como Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX) é sen dúbida un grande acontecemento. O vindeiro día 14 tedes unha oportunidade excepcional para coñecelo e asistir a unha xornada na que se vai falar da historia dese muíño e en xeral do patrimonio industrial, o seu presente e futuro.
Concello de Narón CIMIX Narón Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

Na Capelada hai un reto PARA OS MÁIS INTRÉPIDOS: a “Senda do Santo”, única vía ferrata de Galicia.🧗‍♀️🧗‍♂️ A web do Conc...
06/12/2024

Na Capelada hai un reto PARA OS MÁIS INTRÉPIDOS: a “Senda do Santo”, única vía ferrata de Galicia.
🧗‍♀️🧗‍♂️ A web do Concello de Cedeira ofrece cumprida información sobre este percorrido, que poden facer deportistas federados pola súa conta ou ben grupos acompañados por monitores das empresas autorizadas.
💪​ O tramo inicial é un ascenso de 17 metros, pode que o máis esixente do percorrido, no que se inviste arredor dunha hora e media avanzando sobre as paredes de pedra con pontes colgantes, grapas e cadeas, coa impresionante vista dos acantilados e a aldea de Teixido de fondo.
Lede o post da nosa web 👇
https://i.mtr.cool/qmoqudftaw

🔛   A península de Sarridal, en Cedeira, é un lugar que xunta moitos atractivos para unha excursión escolar: ⛏️alí está ...
02/12/2024

🔛 A península de Sarridal, en Cedeira, é un lugar que xunta moitos atractivos para unha excursión escolar: ⛏️alí está un xacemento arqueolóxico que se pode visitar, no que se descubriu a pedra formosa máis antiga de Galicia; 🐟 tamén unhas vellas cetarias que dan pé a falar da economía da pesca, e tamén o 🏰 Castelo da Concepción, un enclave para imaxinar como eran os ataques dos piratas🏴‍☠️... un lugar para dar un paseo pola historia!

👇👇
https://www.deexcursion.net/2024/12/02/sarridal-en-cedeira-unha-viaxe-pola-historia/

Temos unha axenda cargada de propostas para o público familiar nos vindeiros días!🎵 Cancións de Xavi Longueirón en San X...
27/11/2024

Temos unha axenda cargada de propostas para o público familiar nos vindeiros días!
🎵 Cancións de Xavi Longueirón en San Xiao de Narón
🪄 Maxia na biblioteca de As Pontes
📚 Feira de Arte e Literatura en Narón
🧟 Contos de defuntos e outros asuntos en Fene
🧒 Teatro para o público xuvenil e adulto e Neda
🎦 Cine nas Pontes
🗣️ E un contacontos sobre "Un neno de aldea" en Narón

🔛 Consultade o detalle de todas estas propostas!!
👇👇
https://www.deexcursion.net/axenda/lista/

🍇🥦🥖A cadea de supermercados Gadis  pon en marcha un curso máis o seu programa para o fomento dos mellores hábitos nutric...
26/11/2024

🍇🥦🥖A cadea de supermercados Gadis pon en marcha un curso máis o seu programa para o fomento dos mellores hábitos nutricionais: Alimentes Dixitais.
Os profes poden solicitar xa a participación nesta iniciativa, na que o pasado curso entraron máis de 28.000 escolares de Galicia e Castela-León. 🎁 Ademáis de aprender a comer mellor, entraredes no sorteo de moitos premios!!

Contámolo todo no noso último post 👇
https://www.deexcursion.net/2024/11/26/gadis-relanza-o-seu-programa-educativo-alimentes-dixital/

Dirección

Rubalcava, 19. Entresuelo E
Ferrol
15402

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando DeExcursión publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a DeExcursión:

Videos

Compartir