03/07/2024
GONDOMAR PRESENTA A PROGRAMACIÓN PARA OS MESES DE XULLO E AGOSTO.
O Concello de Gondomar presentou hoxe a súa programación de para os meses de xullo e agosto, na que se inclúe música de todos os estilos, festas populares e gastronómicas, danza, teatro, cultura urbana, deportes, cine ao aire libre e outras moitas actividades pensadas para todas as idades.
Entre outras moitas novidades con respecto a anos anteriores, haberá un festival de monólogos, unha festa Holi (festa de po de cores) un showcooking ou unha actividade de escapismo.
As actividades desenvolveranse en distintos espazos, coa intención de levar a cultura e a festa a todos os recunchos de Gondomar e a todos os seus barrios e parroquias.
Serán máis de 50 actividades as programadas dende o 6 de xullo e ata o 31 de agosto, pensadas principalmente para o público familiar, con eventos tan tradicionais como as Festas de San Bieito que este ano recupera a localización da Praza Paradela para a súa Misa Maior, unha cita ineludible na comarca do Val Miñor, pero onde tamén terán cabida propostas máis vangardistas e novidosas.
O alcalde Paco Ferreira sinalou que “tratase dunha programación moi extensa e variada, con espectáculos e actividades pensadas para todo tipo de público , de todas as idades, no que hai unha mestura de tradición con outras propostas máis novidosas, que estamos seguros que serán un éxito”. O rexedor local aproveitou para “animar a toda cidadanía de Gondomar a participar e para convidar a quenes nos queiran visitar aproveitando estes meses de verán, que ademáis da música, da cultura do deporte ou da festa, gocen da nosa gastronomía, das nosas paixases e sobre todo da nosa hospitalidade”