Guido Guía

Guido Guía Guía Oficial de Turismo de Galicia GT-17-XG. Acreditado inglés, francés, italiano, castelán e galego

10/01/2025

Tirso Paz (Lugo, 1988), máis coñecido no mundo da arte como BublegumSR, ven de ter dúas obras seleccionadas entre as 50 mellores da arte urbana mundial do 2024. Ten realizado obras en numerosos

Lembrade, vémonos mañá! Cita ás 11h00 na entrada do Parque Rosalía! 🌳🌹💚
10/01/2025

Lembrade, vémonos mañá! Cita ás 11h00 na entrada do Parque Rosalía! 🌳🌹💚

O 2025 comeza forte para o proxecto Guido Guía. Nestes últimos días anunciáronse varias novidades para o novo ano, e tamén as primeiras datas de actividades.

Que grande Pauliña! 📚❤️
10/01/2025

Que grande Pauliña! 📚❤️

Paula Buján encárgase de achegar a lectura aos veciños dúas veces por mes a través desta iniciativa da Xunta, casa por casa, parroquia por parroquia ou na praza da vila

10/01/2025

Esta semana en Morra O Conto 📺🩵 pregúntanse sobre cal é a canción popular galega máis icónica: Muiñeira de Chantada ou Rianxeira? Que opinades? 😄

Onte con Lugo me gusta 📺 estiven entrevistando en   a un bo amigo de moitos anos. Artista musical (sobre todo rap) 🎶 esp...
10/01/2025

Onte con Lugo me gusta 📺 estiven entrevistando en a un bo amigo de moitos anos. Artista musical (sobre todo rap) 🎶 especialista en marketing dixital 📱 e xogador afeccionado de baloncesto 🏀 coma min 🙌 Alejandro Cortiñas, máis coñecido como , de 25 anos, é un rapaz ao que vale a pena seguir nas redes e coñecer.

Ten dous singles editados, compón e auto-produce audiovisualmente os seus temas, e traballou moito tempo como community manager da Fundación Secretariado Xitano en Lugo FSG Galicia. Para min un gran talento lucense cheo de futuro en todos os eidos, ademais de ter moita formación polos ciclos que estudou no CIFP As Mercedes. Ficade atentos e atentas á entrevista que sairá estes días, e non deixedes de seguir a Corti!

Ilusionadísimo!! Grazas, Javi, grazas, Diego!! Via Künig. Camino de Santiago de Hermann Künig ❤
09/01/2025

Ilusionadísimo!! Grazas, Javi, grazas, Diego!! Via Künig. Camino de Santiago de Hermann Künig ❤

O pasado 7 de xaneiro o guía turístico lucense Guido Álvarez anunciou nas súas redes unha gran noticia: que ía percorrer e divulgar nas redes

Hoxe foi un día completo, esta mañá puiden deixar lista para publicar esta entrevista que lle fixen esta semana para o L...
09/01/2025

Hoxe foi un día completo, esta mañá puiden deixar lista para publicar esta entrevista que lle fixen esta semana para o Lugo Xornal ao artista lucense Tirso Paz Bublegum, un dos muralistas con obra candidata ao premio á mellor do mundo do ano 2024 de Street Art Cities 🌎❤️ Un grande!

Tirso Paz (Lugo, 1988), máis coñecido no mundo da arte como Bublegum, ven de ter dúas obras seleccionadas entre as 50 mellores da arte urbana mundial do 2024. Hoxe conversa con Guido Álvarez sobre as súas orixes, traxectoria e momento actual. Naciches en Lugo. En que zona da cidade medraches? V...

09/01/2025

Percorrerei e divulgarei nas redes a Via Künig. Camino de Santiago de Hermann Künig do 19 ao 23 de febreiro, e quen queira sumarse será benvido/a! 😍

Antonte anuncieino nas redes, e esta tarde gravamos con Lugo me gusta 📺 este vídeo 🎥📱 con Javier Gómez Vila (promotor deste camiño 👣 histórico) e Diego AS (autor do mellor mural 🎨 do mundo 🌏 do ano 2021 e tamén de varias obras neste itinerario medieval).

Xustamente a idea de facer esta peregrinaxe deuma o gran Diego hai mes e medio, inspirado na aventura dos streamers Ibai Llanos e Xokas facendo e compartindo nas redes o Camiño Francés. Grazas por certo, rapaces, por espertarnos esta motivación!

As etapas serán as seguintes:

19 de febreiro: Pedrafita do Cebreiro - As Nogais
20 de febreiro: As Nogais - Becerreá
21 de febreiro: Becerreá - Baralla
22 de febreiro: Baralla - O Corgo
23 de febreiro: O Corgo - Lugo

Avisade se vos apetece vir! Iremos por libre, pero estaremos encantados de contar coa vosa compañía xa sexa un día ou os cinco 💪❤️

Axudádesnos a difundir a iniciativa compartindo este vídeo nas vosas redes? Grazas de antemán!! ✨✨✨

Hoxe, xantando 🍽 en   co famoso guía somocense e compostelán Juan Alonso, que é ademais un dos fundadores do proxecto Xp...
09/01/2025

Hoxe, xantando 🍽 en co famoso guía somocense e compostelán Juan Alonso, que é ademais un dos fundadores do proxecto Xplore Galicia. Moitas grazas pola túa visita, e desexando comezar pronto a colaborar con vós!! 🙌

Moitísima sorte!! 👏👏👏
09/01/2025

Moitísima sorte!! 👏👏👏

La nueva propietaria, Marta Varela, devuelve la vida a un local que llevaba diez años cerrado con una gran reforma e ilusión

Unha honra volver guiar por Samos cun dos meus mellores amigos, e un dos maiores coñecedores da historia samonense e gal...
09/01/2025

Unha honra volver guiar por Samos cun dos meus mellores amigos, e un dos maiores coñecedores da historia samonense e galega 🩵 Vémonos o sábado 25 de xaneiro, grazas El Progreso de Lugo!

A falta de más de medio mes para la actividad, son ya más de 50 las personas inscritas

Bravo, Paradai! Un colexio marabilloso 🌏❤️
08/01/2025

Bravo, Paradai! Un colexio marabilloso 🌏❤️

Este CEIP de Lugo se ha convertido en un referente de integración en Galicia ya que los 260 alumnos que tiene matriculados este curso son de 30 nacionalidades, por lo que en este centro conviven menores de 3 a 12 años de costumbres, tradiciones y credos diferentes

Hoxe escribín un pequeno artigo para o Lugo Xornal, unha pequena homenaxe a 6 grandes artistas lucenses que nos últimos ...
08/01/2025

Hoxe escribín un pequeno artigo para o Lugo Xornal, unha pequena homenaxe a 6 grandes artistas lucenses que nos últimos 4 anos foron seleccionados en varias ocasións entre os/as 50 mellores artistas urbanos/as 🎨 do mundo 🌎 Case nada!! Máxima admiración: Diego AS, Yoe 33, Rubén Paz Trece trazos, Nesui, Doa oa e Bublegum. Compartide se gustades, e apoiade aos tres que compiten este ano polo título mundial! ✨❤

Os patios dos colexios e institutos lucenses, o Parque da Milagrosa e as instalacións da antiga Frigsa, a contorna do vello Pavillón Municipal, os Xardíns da Volta da Viña… son moitos os berces da arte urbana na cidade bimilenaria, unha creatividade que nestes anos 20 do século XXI ven collei...

08/01/2025

Hoxe gravamos a cuarta das , a primeira do 2025. Nesta ocasión o meu pai Manuel Alvarez Prieto fala sobre a súa experiencia como xornalista en Lugo, especialmente en relación ao cine e á arte. Agardamos as vosas preguntas e comentarios de cara á quinta charla, aínda que moi probablemente na seguinte falará sobre a súa vivencia no naufraxio no barco "Ciudad de Asunción" no ano 1963, unha traxedia na que morreron 53 persoas e el salvou a súa vida. Grazas a todos e a todas por seguir este espazo! Agardamos os vosos comentarios e preguntas ❤

Hoxe os centros educativos galegos retomaron as clases, e xa tiven a miña primeira actividade con eles neste 2025 🙌 Visi...
08/01/2025

Hoxe os centros educativos galegos retomaron as clases, e xa tiven a miña primeira actividade con eles neste 2025 🙌 Visita guiada en inglés pola arte 🎨✨ das rúas de para o alumnado de 3º e 4º de E.S.O. e ciclos formativos do I.E.S. Gregorio Fernández de Sarria. Moitas grazas por contar conmigo!! ❤

Moitísimas grazas, Sarriaxa!! ✨✨✨
08/01/2025

Moitísimas grazas, Sarriaxa!! ✨✨✨

A iniciativa pretende ofrecer unha experiencia enriquecedora aos asistentes, poñendo en valor o patrimonio e a historia da localidade

3 ARTISTAS LUCENSES CON OBRAS CANDIDATAS A MELLOR MURAL DO MUNDO DO ANO 2024 Cando dicimos que os anos 20 do século XXI ...
08/01/2025

3 ARTISTAS LUCENSES CON OBRAS CANDIDATAS A MELLOR MURAL DO MUNDO DO ANO 2024

Cando dicimos que os anos 20 do século XXI son a idade dourada da arte urbana lucense non é por dicir: levamos xa varios anos con artistas 👩‍🎨👨‍🎨 e obras 🎨 premiadas e recoñecidas entre as mellores do mundo 🌎 Este ano temos a tres grandes aspirando ao premio... apoiemos a Bublegumsr, Doa Oa e Diego AS!

Enlace para votar en Street Art Cities: https://streetartcities.com/awards/2024?fbclid=PAY2xjawHl06JleHRuA2FlbQIxMQABppja1BGH_sCdrsCaLG7Dx1g1jaEiXuZ90MobxA-xHJp-4eIo0ZjgdSU6wg_aem_4Ec87dLH0NNoAEr89xW4ew

Boa noite, amigos e amigas! Cóntovos unha noticia da que pronto vos irei contando máis detalles. Próximamente vou facer ...
07/01/2025

Boa noite, amigos e amigas! Cóntovos unha noticia da que pronto vos irei contando máis detalles. Próximamente vou facer a Via Künig. Camino de Santiago de Hermann Künig dende Pedrafita ata Lugo ♥ Fareina por libre, por vivir a experiencia completa, e para ao mesmo tempo compartir e divulgar sobre ela nas redes. Convidareivos a acompañarme quen vos animedes, así que se vos gusta a idea permanecede atentos e atentas! De antemán grazas a Javier Gómez Vila (gran promotor deste camiño histórico), ao que lle contei a miña idea, por amosarme todo o seu apoio e ofrecerme asesoramento! Estou moi ilusionado con esta nova aventura ♥ E por suposto, importantísimo, grazas ao meu querido amigo Diego AS por darme esta idea tan xenial!

Dirección

Lugo
27004

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Guido Guía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Guido Guía:

Videos

Compartir

Categoría