Tirolina das Minas

Tirolina das Minas �Empresa de ecoturismo
�Historia, natureza e aventura
�Mina Consuelo, A Pontenova

📅Febreiro é o mes das tarefas de mantemento e posta a punto en Tirolina das Minas. 🚛Hoxe o freno da tirolina vai camiño ...
05/02/2025

📅Febreiro é o mes das tarefas de mantemento e posta a punto en Tirolina das Minas.
🚛Hoxe o freno da tirolina vai camiño de Francia para a súa re-certificación anual.
Non obstante... Este mes de febreiro podes aproveitar para visitar a Mina Consuelo:
✅Saídas: sábado 15 e sábado 22 de febreiro ás 11:00h. Prezo: 20 euros/persoa. Máis información e reservas chamando ao 633 24 88 35.

O Ecoturismo forma parte do noso compromiso como empresa dende o mesmo momento no que comezamos a deseñar as actividades...
28/01/2025

O Ecoturismo forma parte do noso compromiso como empresa dende o mesmo momento no que comezamos a deseñar as actividades que ofertamos.
Moitas grazas á Asociación Montes e Vales Orientais- GDR3 por facilitarnos ás empresas da comarca a adhesión á marca.

24/01/2025

💓 A Pontenova latexa! Un fermoso vídeo do noso pobo presentado onte en Fitur.

📷As experiencias que ofrecemos en “Tirolina das Minas” van moito máis aló de ser actividades de turismo activo na nature...
16/01/2025

📷As experiencias que ofrecemos en “Tirolina das Minas” van moito máis aló de ser actividades de turismo activo na natureza. A xente que nos visita sumérxese con nós no pasado da nosa pequena vila. Un paseo emocional e fermoso que comeza xunto aos fornos e á antiga Casa da Estación e continúa polos terreos das minas de ferro. Por iso hoxe queremos compartir estas fotografías da familia que habitou a que hoxe é a Oficina de Turismo da Pontenova, os da “Casa de Miguel”. (A pícara do laciño branco é a nosa querida Isabel -Sabeliña, lle chamaba seu pai-❤️).

📷Las experiencias que ofrecemos en “Tirolina das Minas” van mucho más allá de ser actividades de turismo activo en la naturaleza. La gente que nos visita se sumerge con nosotros en el pasado de nuestro pueblo. Un paseo emocional y hermoso que comienza junto a los "fornos" y la antigua Casa de la Estación y continúa por los terrenos de las minas de hierro. Por eso, hoy queremos compartir estas fotografías de la familia que habitó la que hoy es la Oficina de Turismo de A Pontenova, los de la “Casa de Miguel”. (La niña del lacito blanco es Isabel-Sabeliña, le llamaba su padre-❤️).

03/01/2025

🎄Temos o agasallo perfecto para quen deixou as compras de Reis para o último momento....

REGALA UNHA EXPERIENCIA ÚNICA😍

31/12/2024

🎊Moitas grazas a todas as persoas que, dende moitos puntos de Galicia e do Estado, vos achegástedes este ano á Pontenova para g***r das experiencias que ofrecemos e ser parte da nosa gran familia, aínda que só sexa por unhas horas.
Grazas pola vosa complicidade e por facer deste traballo unha marabillosa aventura.

Vémonos no 2025!

🎊Muchas gracias a todas las personas que, desde muchos puntos de Galicia y del Estado, os habéis acercado este año a A Pontenova para disfrutar de las experiencias que ofrecemos y ser parte de nuestra gran familia, aunque solo sea por unas horas.
Gracias por vuestra complicidad y por hacer de este trabajo una maravillosa aventura.

¡Nos vemos en el 2025!

Despide o 2024 cunha actividade chea de encanto e aventura. Mañá sábado últimas rutas do ano. Aínda queda algunha praza.
27/12/2024

Despide o 2024 cunha actividade chea de encanto e aventura. Mañá sábado últimas rutas do ano. Aínda queda algunha praza.

COMPLETO!!! Colgamos o cartel de completo para a Ponte da Constitución. Temos todas as prazas reservadas das nosas rutas...
04/12/2024

COMPLETO!!! Colgamos o cartel de completo para a Ponte da Constitución. Temos todas as prazas reservadas das nosas rutas guiadas con acceso á Mina Consuelo e á tirolina (os chamados pack "Fornos" e "Fornos Plus"). 100% de ocupación dende hai 2 días✌️.

👉🚲Para aluguer de bicis e cuadriciclos consultar dispoñibilidade. E o mesmo para algún salto extra na tirolina, que malo será que non poidamos facer un oco!😉

Ah! E temos nova web con todos os nosos servizos e actividades unificadas: podedes entrar dende http://tirolinadasminas.com ou dende http://xesteco.com

Probando a vía ferrata das P***s do Castelo nunha mañá soleada de novembro.🌞
28/11/2024

Probando a vía ferrata das P***s do Castelo nunha mañá soleada de novembro.🌞

🤩Volvemos este venres con actividades infantís no Boulloso da man das monitoras da EFA_Fonteboa.👉Haberá xogos, pintacara...
20/11/2024

🤩Volvemos este venres con actividades infantís no Boulloso da man das monitoras da EFA_Fonteboa.

👉Haberá xogos, pintacaras, manualidades e outras sorpresas na área recreativa.
👉Tamén poderemos lanzarnos de novo polo circuito de minitirolinas.

💰Prezo: 5 euros sen circuíto de minitirolinas e 10 euros incluíndo as minitirolinas (para poder atender a tod@s, serán 5 pases por nen@)

Moitas grazas por vir visitarnos! Cada vez son máis os centros de ensino que escollen a Pontenova para as súas saídas di...
20/11/2024

Moitas grazas por vir visitarnos!
Cada vez son máis os centros de ensino que escollen a Pontenova para as súas saídas didácticas. E é un pracer poder dar a coñecer a nosa historia e o noso patrimonio😍.

15/11/2024

Exitazo hoxe no bosque de minitirolinas do Boulloso.
Moitas grazas a tod@s por vir.

Repetiremos en breve con máis sorpresas e diversión para a picarada da zona😁. Estade atent@s!

14/11/2024
13/11/2024

🌳👦🧒O circuíto de minitirolinas entre as árbores é unha actividade incluída no pack "Fornos" que, nesta época do ano, facemos todos os sábados.
Pero... aproveitando que estas semanas están con nós as monitoras de Fonteboa, faremos unha SESIÓN ESPECIAL ESTE VENRES 15 DE NOVEMBRO.
📣Achégate ao Boulloso a partir das 16:00 h e, por só 5 euros, goza das tirolinas ata cansar! Non fai falta reserva previa.
🎥 Mirade qué vídeo máis chulo prepararon!
(O circuíto é apto para pícar@s dende 3 anos ata un peso máximo de 45 kg.)

09/11/2024

🤸‍♀️Esta mañá xuntamos ás nosas monitoras en prácticas da EFA_Fonteboa cun grupiño de rapazas do programa Erasmus Plus "Oscos-Eo" para unha visita moi especial ás profundidades da Mina Consuelo.

07/11/2024
En Tirolina das Minas témolo claro: apostamos por atraer profesionais do sector e investimos no futuro para poñer en val...
06/11/2024

En Tirolina das Minas témolo claro: apostamos por atraer profesionais do sector e investimos no futuro para poñer en valor non só a nosa empresa, senón todo o territorio.

👉Carla, Naroa, Saray e Ainhoa son catro alumnas do Ciclo de Guía no Medio Natural da (Coristanco) que elexiron A Pontenova para vir facer as súas prácticas, malia que non lles queda precisamente preto da casa.

🥰Estarán con nós todo o mes de novembro e agardamos poder transmitirlles coñecementos e, sobre todo, a ilusión polo que facemos!

Vir á Pontenova supón un esforzo para elas e tamén paras as empresas pequenas como a nosa, que temos a necesidade de facilitarlles o máximo posible que vir sexa unha idea atractiva. Solucionar o aloxamento é esencial para que volvan e para que veñan máis despois delas. Por iso, moitas grazas a Noelia Rubio Moirón, xerente dos Apartamentos A Estación, pola súa colaboración e apoio ao proporcionarnos unha solución asequible. 💪Entre tod@s facemos pobo!

Dirección

Lugo, Galicia
Lugo
27004

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Tirolina das Minas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Tirolina das Minas:

Videos

Compartir