Terras de Auga e Cultura

Terras de Auga e Cultura Descubre as Terras de Auga e Cultura! Moito deste patrimonio foi identificado no plan de sinalización que se levou a caboo ano 2013.

Terras de Auga e Cultura é un programa de excursións guiadas pola zona rural de Lugo e dos concellos limítrofes para coñecer os tesouros naturais e culturais que se agochan nas nosas parroquias. Corenta visitas pola zona rural de Lugo e os concellos limítrofes para coñecer o patrimonio natural, arquitectónico e cultural que se conserva nas nosas parroquias. Funcionamento das visitas

- O programa

inclúe un total de 40 excursións a celebrar desde o 2 de abril ao 17 de decembro de 2017 os domingos (excepto o 2 de xullo,, por coincidir co Arde Lucus, e o 8 de outubro, por ser o Domingo das mozas de San Froilán) e máis algún festivo de relevancia, como é o caso dos días 1 e 17 de maio, e 6 e 8 de decembro.

- Horario das visitas de 10:30 a 19:00 horas de marzo a outubro e de 10:30 a 18:00 horas os meses de horario de inverno. Dependendo de que se desenvolvan actividades especiais, como algún concerto, podería modificarse o horario para coincidir con esa actividade, retransándose a saída e a volta.

- O punto de saída e de volta será a parada do autobús da rúa Alcalde Anxo López Pérez (diante do Seminario).

- O sistema de inscricións é a través da Oficina Municipal de Turismo, con prazo límite para inscribirse fixado ás 14:00 horas do día anterior á celebración da excursión. O teléfono da Oficina Municipal de Turismo é o 982 251 658 e está situada na praza do Campo, 11.

- O número máximo de excursionistas será 35 persoas.

- As excursións son gratuítas, excepto os menús do xantar, que sempre corren a cargo dos participantes e calquera outra actividade que poida ser de pago, como visitas a centros de interpretación ou museos.

- Nas excursións que se estableza xantar de campo, os participantes deben levar comida e bebida.

- Ademais, recoméndase levar roupa e calzado cómodos para camiñar e adaptado ás condicións climatolóxicas, así como elementos reflictantes pola súa seguridade, pois hai tramos das andainas que se fan por estradas. Tamén se recomenda levar sempre bebida e algo de alimento.

- No caso de que se teña que suspender algunha visita por circustancias imprevisibles no momento de programar as visitas, como sería o caso do mal tempo ou de falta de persoas inscritas, a excursión aprazarase para outro día. Temáticas das visitas

1. - Xeoloxía: viaxe polas parroquias de Terras de Auga e Cultura centradas nas características xeolóxicas que presenta o terreo. Ademais da andaina dirixida e comentada por un xeólogo, desenvolveranse actividades didácticas dirixidas a todos os públicos. O obxecto é que os participantes coñezan os distintos tipos de pedras e rochas que configuran a paisaxe, e os distintos periodos que se poden recoñecer e os distintos usos que se lle da á pedra na terra galega.

2. - Bioloxía: as excursións centradas na natureza abundarán nas características da fauna e da flora, extraordinariamente rica nas parroquias que forman parte de Terras de Auga e Cultura. Estas marchas servirán para que os participantes coñezan os elementos que configuran o medioambiente, como se van facer ao longo de todo o ano, poderán detectar todos os cambios que se producen durante as estacións e, sobre todo, servirán para transmitir a responsabilidade de todas as persoas na conservación do medio. Ao igual que as rutas xeolóxicas, estas excursións tamén combinan o sendeirismo con actividades didácticas como estudo da flora autóctona ou avistamento de aves e outras especies de animais.

3.- Antropoloxía e etnografía: estas andainas están centradas en aspectos como a arquitectura tradicional, os usos da terra, a xerarquización do espazo das parroquias, a influenza do home na paisaxe, os vellos oficios vivos...

O obxectivo destas visitas é recuperar tradicións populares do agro lugués, coñecer as actividades económicas que perviven na zona rural como obradoiros de artesáns, e descubrir aspectos da etnografía do territorio.

4.- Patrimonio histórico-artístico: estas visitas teñen un carácter máis tradicional, serán conducidas por unha guía oficial de turismo que abundará en temas relacionados co patrimonio histórico que se conserva nestas parroquias. Estas son visitas comentadas pola guía e inclúen andainas polas distintas parroquias e visitas a lugares de interese cultural, como o templo de Santalla de Bóveda e as distintas igrexas rurais.

5.- Arquitectura: Identidade Territorial: esta temática é a novidade deste ano, e pensamos que resulta fundamental para poder apreciar a riqueza do patrimonio arquitectónico que se conserva, en mellor ou peor estado, na zona rural. Abórdaranse aspectos da arquitectura e da configuración do territorio que axudarán a coñecer as técnicas arquitectónicas que definen os diferentes exemplos de construción tradicional que podemos atopar nas parroquias lucenses e dos municipios colindantes, como a arquitectura popular, a relixiosa ou a civil. Ademais, facilitarán coñecementos básicos sobre a configuración do territorio.

01/08/2017

LUGO EN ROCHAS é unha ruta urbana de xeoloxía enmarcada no programa Excursións polas terras de auga e cultura. Farémola este domingo 6 de agosto, a partir das 10.30 h. na parada do bus urbano de diante do Seminario Maior (rúa Anxo López Pérez) 👣🗿

-- inscríbete--
Oficina Municipal de Turismo, Praza do Campo, 11, tf 982 251 658, ata as 14:00 do día anterior á excursión (Máximo, 35 persoas)

Ahí vamos!!!
13/06/2017

Ahí vamos!!!

Vivamos como castrexos! ✊🔥 Preparando o Arde Lucus: unha ruta de 8 km. polos Castros de Albeiros, Muxa, Viladonga, Coeses e Cas- tromaior. Actividade do programa Escursións polas Terras de Auga e Cultura.

🕥 Domingo 18 de xuño | Ás 10.30 h. na Parada do bus urbano de diante do Seminario Maior (rúa Anxo López Pérez)

👉 Inscrición: Oficina Municipal de Turismo, Praza do Campo, 11, tf 982 251 658, ata as 14:00 do día anterior á excursión

Este domingo nova cita coa xeoloxía lucense
04/05/2017

Este domingo nova cita coa xeoloxía lucense

Non te perda a ruta deste domingo 7 de maio: A paisaxe das terras romanas do Corgo! 👣 Unha andaina e 16,5 km (de dificultade media) por Rubial, Vilamarín, Campelo, Adai, Arxemil, Coeo, Nadela.
Saímos ás 10.30 h. da parada do bus urbano de diante do Seminario Maior (rúa Anxo López Pérez)

👉 Inscríbete xa na Oficina Municipal de Turismo, Praza do Campo, 11, tf 982 251 658, ata as 14:00 do día anterior á excursión.

21/04/2017

Con Javier Gómez Vila, dirigiendo nuestros pasos...Os esperamos!!!!
TERRAS DA AUGA E CULTURA 2017
Antropoloxía e etnografía
1) ARTE E TRADICIÓN NO CAMIÑO PRIMITIVO
Data: 23/abril/2017. Distancia: 15 km.
Visita: tramo do camiño Primitivo no concello de Lugo. Visita ao obradoiro do escultor lucense Xoán Vila onde explicará as técnicas da talla da madeira e amosará a súa obra.
Xantar de campo se o tempo o permite. Posibilidade de xantar en restaurante

13/03/2017
13/03/2017

Dirección

Lugo
27001

Teléfono

982 251 658

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Terras de Auga e Cultura publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Terras de Auga e Cultura:

Compartir


Otros agencias de viajes en Lugo

Mostrar Todas

También te puede interesar