GALP Ría de Pontevedra

GALP Ría de Pontevedra Asociación sen ánimo de lucro que xestiona axudas a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca

Asociación sen ánimo de lucro que xestiona axudas a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca en colaboración coa Consellería do Mar da Xunta de GAlicia. O noso ámbito de actuación son os concellos da área de influencia da Ría de Pontevedra.

Hai uns días celebrabamos as mesas sectoriais (económica, pública, pesqueira e social) do GALP Ría de Pontevedra co obxe...
18/02/2025

Hai uns días celebrabamos as mesas sectoriais (económica, pública, pesqueira e social) do GALP Ría de Pontevedra co obxectivo 📊 de repasar os proxectos beneficiarios das axudas do ano pasado, así como 👥 as accións de dinamización que se puxeron en marcha. Ademais, recolléronse 📝as demandas e propostas dos nosos asociados para este 2025.

Por outra banda, tamén tivemos ocasión de participar na segunda reunión da Mesa de Turismo do Concello de Poio 🏨🌊 para "seguir traballando nun turismo de calidade, sostible e responsable".

Desde o GALP mantemos unha escoita activa 👂 ante a nosa comunidade, conscientes de que o futuro da nosa ría o construímos entre todos e todas.

O GALP Ría de Pontevedra asistiu á inauguración da nova oficina Es.Mar Economía Azul de Galicia en Pontevedra, un espazo...
14/02/2025

O GALP Ría de Pontevedra asistiu á inauguración da nova oficina Es.Mar Economía Azul de Galicia en Pontevedra, un espazo pensado para axudar ás persoas do mar.

📍 Se traballas no sector en Pontevedra, Meaño, Poio, Marín, Sanxenxo ou Bueu, agora contas cun novo punto de referencia no que está programado que acolla unha serie de obradoiros e de actividades relacionados coa remuda xeracional, a dixitalización e a innovación, a xestión de axudas públicas, a internacionalización e mesmo formación sobre a lexislación pola que se rexe a economía azul

🔹 O mar é o noso futuro! 🌊 Desde os GALP seguimos impulsando proxectos sostibles para fortalecer a nosa costa. 💪🌍

📌 Máis información 👉 https://bit.ly/3CRyz7Z

🌿🌊 Grandes noticias para a sostibilidade na Ría de Pontevedra!O proxecto europeo   e o GALP Ría de Pontevedra establecer...
14/02/2025

🌿🌊 Grandes noticias para a sostibilidade na Ría de Pontevedra!

O proxecto europeo e o GALP Ría de Pontevedra estableceron unha colaboración clave para apoiar ao sector pesqueiro na súa adaptación ao cambio climático.

Coa participación da Universidade de Vigo e FUNDAMAR, traballaremos en solucións innovadoras e no fortalecemento das comunidades locais.

💙 Xuntos, construiremos un futuro máis resiliente e sostible.

📸 Presentación do na Lonxa de Campelo, hai uns meses.

Nota de prensa 🔗 https://s.mtrbio.com/xhkwwmgzfb

🗓️ Xa está dispoñible o novo   da Red Española de Mujeres en el Sector Pesquero do mes de xaneiro.🌊 Neste número atopará...
12/02/2025

🗓️ Xa está dispoñible o novo da Red Española de Mujeres en el Sector Pesquero do mes de xaneiro.

🌊 Neste número atoparás información sobre a xornada sobre a fenda de xénero no acceso á xubilación anticipada en empregos feminizados, organizada polo Instituto de las Mujeres, e outras novas de interese vencelledas ás mulleres do mar.

Consulta o boletín na seguinte ligazón 🔗 https://s.mtrbio.com/lcslkgjiap

📢 Difunde!

Chega a porto o boletín de xaneiro do GALP Ría de Pontevedra ⛴️Recompilando as novidades máis destacadas do mes 🌊 como s...
10/02/2025

Chega a porto o boletín de xaneiro do GALP Ría de Pontevedra ⛴️

Recompilando as novidades máis destacadas do mes 🌊 como son os proxectos innovadores que están a dinamizar o sector no noso territorio.

Mantente ao día 📩 https://s.mtrbio.com/zfhmeugjwc

📢 Máis dun millón de euros en axudas para impulsar o sector marítimo-pesqueiro da ría de Pontevedra 🌊O GALP Ría de Ponte...
07/02/2025

📢 Máis dun millón de euros en axudas para impulsar o sector marítimo-pesqueiro da ría de Pontevedra 🌊

O GALP Ría de Pontevedra destinou 1.253.639 euros en axudas a 17 proxectos que contribúen ao desenvolvemento sostible da ría.

🔹 Os concellos de Sanxenxo e Poio reúnen o maior número de iniciativas.
🔹 Os proxectos reforzan a competitividade do sector, a economía azul e o coidado e divulgación do patrimonio mariñeiro.

Toda a información na páxina web do GALP 🌐 https://s.mtrbio.com/ijsgqmuxin

⚠ A nova convocatoria abrirase proximamente! Se tes unha idea que pode encaixar, contáctanos en 📧 [email protected] ou ☎ 886 213 015.

Sabías que en 25 anos a cifra de mariscadoras a pé na nosa ría caeu case á metade? Este sector, fundamental para a econo...
06/02/2025

Sabías que en 25 anos a cifra de mariscadoras a pé na nosa ría caeu case á metade? Este sector, fundamental para a economía e o medio mariño da nosa zona, enfronta grandes retos como son o envellecemento das súas traballadoras e a falta de relevo xeracional.

👩‍🦳 A maioría das profesionais superan os 50 anos e só un escaso 7 % son menores de 30. Aínda así, segue sendo unha actividade clave para o sector.

✍️ O xornalista Marcos Gago escribe sobre esta situación en La Voz de Galicia 🔗 https://s.mtrbio.com/cagibgtpaj

| La Voz de Galicia. Edición Pontevedra

La mayoría de las profesionales del sector pontevedrés superan los 50 años de edad

Domingo de podcast 🎧O investigador do CITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruña, Salvador Naya, desvela...
02/02/2025

Domingo de podcast 🎧

O investigador do CITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruña, Salvador Naya, desvela no podcast 🎙️ 'O Descodificador' como Galicia lidera a transformación dixital no sector naval a través do proxecto europeo EDINAF.

🔍 Descobre como a colaboración entre o CITIC e Navantia está formando enxeñeiros de alto nivel e impulsando a innovación.

🌍 A nosa comunidade amósase unha vez máis na vangarda das novas tecnoloxías para competir coas grandes potencias globais.

Escoita o episodio completo aquí ▶️ https://s.mtrbio.com/jtzklnuxzj

30/01/2025

Hoxe 📹 💬 José Ramón García e Alfonso Fernández, presidente e tesoureiro do Club de Remo Ría de Marín, cóntannos que supoñen as axudas xestionadas polo GALP Ría de Pontevedra para a entidade:

🌊 Fomento da inclusión social
🌱 Concienciación ambiental
🛶 Preservación do patrimonio mariñeiro e promoción dos deportes náuticos

🔔 Tes unha idea para dinamizar o sector do mar?

Proximamente abrirase unha nova convocatoria de axudas para proxectos que impulsen o desenvolvemento sostible e a cohesión social nas nosas comunidades costeiras 📢 Iremos informando!

Si, o GALP Ría de Pontevedra chega tamén a WhatsApp! 📲Únete á nosa nova canle de WhatsApp para estar sempre ao día sobre...
29/01/2025

Si, o GALP Ría de Pontevedra chega tamén a WhatsApp! 📲

Únete á nosa nova canle de WhatsApp para estar sempre ao día sobre 👇

🗓️ Novas e eventos relacionados co mar e o desenvolvemento local.
📄 Axudas e subvencións dispoñibles para proxectos na nosa zona.
💡 Iniciativas sostibles e accións para preservar o noso patrimonio mariño e cultural.
💭 Actividades e formacións para fomentar o emprendemento e a innovación social.

🌊 Síguenos para recibir información actualizada de forma rápida e directa!

Accede á nosa canle aquí 🔗 https://s.mtrbio.com/kissybywdc

🌊 Formación no Centro de Formación A Aixola 📚 Queres mellorar a túa formación e abrirte a novas oportunidades laborais? ...
28/01/2025

🌊 Formación no Centro de Formación A Aixola 📚

Queres mellorar a túa formación e abrirte a novas oportunidades laborais? Agora é o momento! 👉 Xa está aberta a inscrición nos cursos do Plan Formativo para o emprego 📖, cofinanciado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Cursos dispoñibles:

2️⃣ Habilitación para a docencia en graos A, B e C do sistema de formación profesional (Nivel 3).
📅 Datas: 30/01/2025 - 30/05/2025 (De luns a venres, 09:00-14:00).
⏳ Duración: 330 horas.

3️⃣ Operacións auxiliares de mantemento de sistemas e equipos en embarcacións deportivas e de recreo (Nivel 1).
📅 Datas: 03/02/2025 - 05/06/2025 (De luns a venres, 09:00-14:00).
⏳ Duración: 408 horas.

Máis información aquí 🔗 https://s.mtrbio.com/ggcpaqjtuh

Aproveita para formarte no sector náutico ⚓

📫 Consulta o último boletín do GALP Ría de Pontevedra e o Flash Informativo da Red Española de Mujeres en el Sector Pesq...
25/01/2025

📫 Consulta o último boletín do GALP Ría de Pontevedra e o Flash Informativo da Red Española de Mujeres en el Sector Pesquero.

👉 No boletín do GALP atoparás un resumo das actividades, proxectos e novidades da nosa ría.

👉 O Flash Informativo destaca o gran labor das mulleres no sector pesqueiro, recollendo iniciativas e recursos que promoven a igualdade de oportunidades.

📌 Non perdas a oportunidade de estar ao día!

Boletín do GALP 🌊 https://s.mtrbio.com/qmbllvzllx

Flash Informativo da Red Española de Mujeres en el Sector Pesquero 🌊 https://s.mtrbio.com/nritpwkupp

🌊📢 Hoxe estivemos no Auditorio do Museo do Mar de Vigo na presentación da futura Rede de Oficinas Fempa 2021-2027 🐟💼, un...
21/01/2025

🌊📢 Hoxe estivemos no Auditorio do Museo do Mar de Vigo na presentación da futura Rede de Oficinas Fempa 2021-2027 🐟💼, unha iniciativa para apoiar o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola en Galicia. ⚓✨

📌 Estas oficinas ofrecerán asesoramento gratuíto sobre os fondos europeos FEMPA, que teñen como obxectivo promover unha pesca sostible, conservar os recursos mariños e fortalecer a economía azul. 🌍💶

📍 Sete oficinas por toda Galicia: Viveiro, Ferrol, A Coruña, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo. Contarán con profesionais especializados para axudar a empresas e autónomos a aproveitar estas oportunidades de financiamento europeo. 💙⚓

Dende o GALP Ría de Pontevedra, estamos comprometidos con iniciativas coma esta, que impulsan a sostibilidade e o desenvolvemento do territorio costeiro. 🚤🌊

👉 Seguiremos informando sobre estas accións que benefician ao sector. Non perdades de vista as oportunidades que se presentan! 🐚✨

🌊 Consellería do Mar Alfonso Villares Bermúdez

🌊 Este mécores recibimos a visita do conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez, para compartir o Plan de Cultura Mar...
16/01/2025

🌊 Este mécores recibimos a visita do conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez, para compartir o Plan de Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030 (PCUMA) coas entidade socias do GALP Ría de Pontevedra.

Nun espazo natural tan significativo para o noso territorio como é a Fábrica de Salga de Mourisca, en Bueu, Villares destacou o papel clave dos GALP para promover proxectos que salvagarden o legado material e inmaterial do mundo do mar e impulsen as economías costeiras. Exemplos coma a antiga Fábrica de Salga da Mourisca ou o Museo Massó reflicten o valor da nosa cultura mariñeira.

🗺️ O PCUMA é unha estratexia única e pioneira que recolle un centenar de medidas para preservar e poñer en valor o noso patrimonio marítimo.

Consellería do Mar

🎬 Esta mañá asistimos á presentación oficial da campaña de promoción turística 2025 da Deputación Pontevedra, 'Cando vol...
14/01/2025

🎬 Esta mañá asistimos á presentación oficial da campaña de promoción turística 2025 da Deputación Pontevedra, 'Cando volves?' no hotel Numa Experimental, na parroquia pontevedresa de Tomeza.

Unha mostra da riqueza natural que ofrece a provincia e todas as experiencias únicas que se poden vivir nela 🌅

A partir do 23 de xaneiro, en FITUR, presentarase tamén a nivel nacional e internacional.

👉 Presentámosvos o Obxectivo 4 da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo ( ) do GALP Ría de Pontevedra, centr...
09/01/2025

👉 Presentámosvos o Obxectivo 4 da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo ( ) do GALP Ría de Pontevedra, centrado no fomento do benestar social e na posta en valor do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro do noso territorio.

🎯 Obxectivo Específico 4.1: Recoñecer o patrimonio cultural marítimo-pesqueiro como sinal de identidade da ría de Pontevedra.

🏛️ Actuación 4.1.1: Intervencións materiais sobre bens patrimoniais da zona costeira.
📖 Actuación 4.1.2: Reconstrución, valorización e difusión do patrimonio inmaterial vinculado ao mar.
🤝 Actuación 4.1.3: Impulso do traballo en rede para promover a cultura marítimo-pesqueira.
💻 Actuación 4.1.4: Dixitalización do patrimonio para garantir a súa conservación e difusión.

🎯 Obxectivo Específico 4.2: Promover unha zona costeira máis accesible e inclusiva.

🌍 Actuación 4.2.1: Iniciativas que favorezan unha inclusión efectiva.

A é a folla de ruta para un desenvolvemento sostible da pesca, da acuicultura e doutras actividades relacionadas co medio mariño na área de influencia da ría de Pontevedra, ao tempo que promove a conservación e posta en valor do seu patrimonio natural e cultural.

Toda a ℹ️ na nosa web 🌐 https://s.mtrbio.com/ldmhntrnwf

07/01/2025

💡 Se tes unha idea ou proxecto para contribuír ao desenvolvemento sostible da ría de Pontevedra, é o momento de poñerse en marcha. A nova convocatoria de axudas do GALP abrirase proximamente, e queremos ver as túas iniciativas en acción!

Comeza a traballar no teu proxecto e céntrate en áreas como 👇

📈 Mellora da competitividade pesqueira
💼 Creación de emprego
🚀 Innovación mariña
🌍 Conservación ambiental
🎣 Posta en valor do patrimonio cultural

💭 As oportunidades non esperan, comeza hoxe a construír o futuro da nosa ría, axudámosche!

📍 Departamento exportadores 14, Lonxa de
📞 886 213 015
📩 [email protected]

Desde o GALP Ría de Pontevedra, damos a benvida ao novo ano co compromiso de seguir apoiando o desenvolvemento sostible ...
30/12/2024

Desde o GALP Ría de Pontevedra, damos a benvida ao novo ano co compromiso de seguir apoiando o desenvolvemento sostible da nosa ría.

Que o 2️⃣0️⃣2️⃣5️⃣ veña cargado de novos proxectos e colaboracións que continúen a dinamizar o sector e a promover o patrimonio mariñeiro.

Feliz Aninovo! Continuemos a levar o mar por bandeira ⛵

Dirección

Departamento De Exportadores, 14. Lonja De Marín. Puerto De Marín
Marín
36900

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Teléfono

+34886213015

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando GALP Ría de Pontevedra publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a GALP Ría de Pontevedra:

Videos

Compartir