Turismo de Zas

Turismo de Zas Información turística do Concello de Zas
(1)

Xa tes dispoñible a programación cultural das Torres do Allo para este ano. Música, obradoiros, contos, visitas teatrali...
05/03/2024

Xa tes dispoñible a programación cultural das Torres do Allo para este ano. Música, obradoiros, contos, visitas teatralizadas, scape room e moito máis é o que te agarda nun dos primeiros pazos de Galicia.

TORRES DO ALLO| Onte presentouse o programa de actividades culturais para este 2024 nas Torres do Allo que arranca esta Semana Santa coa apertura das portas do pazo de forma continuada do 23 ao 31 de marzo en horario de 11:00 a 20:00 horas

Ao longo de todo o ano, tal e como indicou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño na presentación, haberá actuacións musicais, acitividades infantís, visitas teatralizadas,… e tamén o Escape Room do Allo. Detallámolas todas aquí 👇🏼

Cada fin de semana podes achegarte ás Torres do Allo para descubrir segredos deste pazo ou de outros pazos da   a través...
28/02/2024

Cada fin de semana podes achegarte ás Torres do Allo para descubrir segredos deste pazo ou de outros pazos da a través das visitas guiadas ofertadas. :-)

27/02/2024
26/02/2024
26/02/2024

O sábado pasado presentouse en Baio a "Antoloxía Poética" de Enrique Labarta Pose. En dito acto participaron os editores Chema Rei Lema e Xosé Manuel Varela Varela, Xesús Domínguez, da Editorial Galaxia, Falamos de Libros, e o alcalde do Concello De Zas, Manuel Muíño. Aquí vos deixamos as intervencións do acto.

Mañá o auditorio de Baio acolle a presentación da "Antoloxía Poética" de Enrique Labarta Pose, editada por Chema Rei Lem...
23/02/2024

Mañá o auditorio de Baio acolle a presentación da "Antoloxía Poética" de Enrique Labarta Pose, editada por Chema Rei Lema e Xosé Manuel Varela Varela, publicada pola Editorial Galaxia (Falamos de Libros) en colaboración co Concello De Zas. Agardámoste ás 13 horas! :-)

A exposición de Enrique Labarta Pose situada este mes no Colexio de Fonseca foi protagonista onte no programa ZigZag TVG...
22/02/2024

A exposición de Enrique Labarta Pose situada este mes no Colexio de Fonseca foi protagonista onte no programa ZigZag TVG. Ata o próximo 1 de marzo aínda estás a tempo de visitar esta exposición. :-)

Labarta destacou sobre todo como xornalista e poeta satírico, ideoloxicamente próximo á corrente rexionalista de Alfredo Brañas A súa facilidade para compoñer versos outorgáralle na época moitos galardóns literarios

21/02/2024

Un gran incendio destruiu a gran domus de Brandomil (Zas) a finais do século I d. C.

Se te achegas ata Baio, non deixes de dar un paseo ó carón do río ata a carballeira, no que ademáis da natureza típica d...
20/02/2024

Se te achegas ata Baio, non deixes de dar un paseo ó carón do río ata a carballeira, no que ademáis da natureza típica das ribeiras dos ríos, poderás ver esculturas, feitas en madeira, da fauna, tamén típica.

Cuatro obras de madera, salidas de la motosierra del moañés Yosi Fervenza, dan vida artística al primer tramo de la senda

Entre outros detalles, como a figura feminina de pedra da fachada principal, ou os retablos barrocos, o muro sur da igre...
17/02/2024

Entre outros detalles, como a figura feminina de pedra da fachada principal, ou os retablos barrocos, o muro sur da igrexa de Santiago de Loroño alberga un relevo no que Santiago, o patrón da parroquia, se representa como cabaleiro. Ademáis, vai montado a cabalo e baixo as patas dianteiras do animal pode verse a figura dun mouro. Como se indica na publicación de "Zas polo Miúdo" esta obra pode ser de principios do século XVIII.

Nesta imaxe de febreiro do ano 1946 tomada polo Voo fotogramétrico que fixo a Army Map Service de EEUU pódese ver que a ...
16/02/2024

Nesta imaxe de febreiro do ano 1946 tomada polo Voo fotogramétrico que fixo a Army Map Service de EEUU pódese ver que a única forma de cruzar o río Xallas o seu paso por Brandomil foi a súa ponte vella ata a construcción da carretera actual.

Na imaxe tamén se aprecia a antiga calzada que ata fai pouco se atopaba cuberta e que agora se pode ver en todo o seu esplendor.

A Ponte de Brandomil está situada na cola do encoro da Fervenza, salvando o paso do río Xallas. Malia que na actualidade...
15/02/2024

A Ponte de Brandomil está situada na cola do encoro da Fervenza, salvando o paso do río Xallas. Malia que na actualidade non se aprecian restos arquitectónico romanos, os especialistas non dubidan da súa orixe nesa época. Polas súas características arquitectónicas, autores como Alvarado Blanco sitúan a fábrica actual no século XVI, aínda que recoñecen a existencia no mesmo lugar dunha ponte anterior. Documentalmente, a evidencia máis antiga sobre a ponte data de 1286, aparecendo citada nunha carta poboacional da vila de Muros.

O xeógrafo Carreras y Candi, en "Geografía General del Reino de Galicia", fala da súa orixe romana e tamén comenta a existencia de dous gravados, unha cunha cruz grega e outro coa lenda Avemaría, polo que supón "ha de ser obra de cristianos".

Cun imaxe antiga da celebración do entroido en Zas e co seguinte refrán agardamos que disfrutes do martes de Entroido :-...
13/02/2024

Cun imaxe antiga da celebración do entroido en Zas e co seguinte refrán agardamos que disfrutes do martes de Entroido :-)

"Martes de Entroido e día de Pascua, cada larpeiro na súa casa"

Se algo temos no concello de Zas son pazos. Un deles, o pazo das Edreiras sitúase na parroquia de San Martiño de Meanos....
12/02/2024

Se algo temos no concello de Zas son pazos. Un deles, o pazo das Edreiras sitúase na parroquia de San Martiño de Meanos. Presenta unha planta lonxitudinal á que se lle acaroa no lado sur a ermida e, no lado norte, os restos de cabanotes, cortes e outras construcións, o que lle confire unha forma de “U”.

Exteriormente, destaca o patín e corredor cuberto disposto cara o nacente, cunha monumental escaleira de acceso.

No interior da igrexa de San Tirso de Muiño destaca un estudo coroado por un helmo e tallado nunha única pedra. Nos cuar...
11/02/2024

No interior da igrexa de San Tirso de Muiño destaca un estudo coroado por un helmo e tallado nunha única pedra. Nos cuarteis poden distinguirse as armas dos Pazos, Figueroa e Moscoso, que responden ás distintas ramas dos señores das Torres de Muíño. Estes tiñan o dereito de presentación do crego, así como a obriga de manter en bo estado a capela maior.

No lugar do Couto, parroquia de Muíño, atopamos os restos do que noutro tempo foi a Torre do Couto ou de Santiso, que ho...
10/02/2024

No lugar do Couto, parroquia de Muíño, atopamos os restos do que noutro tempo foi a Torre do Couto ou de Santiso, que hoxe forman parte nunha granxa. Ao exterior obsérvase unha alta construción de cachotes con cantaría no enmarque dos vans. Entre estes, destacan unha fiestra e unha porta gótica cun arco apuntado de grandes doelas. Sobre a ventá disponse un pequeno escudo, moi desgastado polo paso dos anos, que no interior acolle un parladoiro.

A torre tiña acaroada outra construción polo lado norte, tal e como se pode apreciar nunha antiga imaxe recollida pola Asociación Cultural "A Pita Cega" na publicación "Muíño, Historia, Patrimonio e Casa da Escola". Unha casa grande de ilustres familias que, segundo a tradición oral, funcionou como cárcere nalgún tempo.

O castro de San Adrián é un asentamento fortificado na Idade de Ferro. O xacemento, que presenta un único recinto de for...
09/02/2024

O castro de San Adrián é un asentamento fortificado na Idade de Ferro. O xacemento, que presenta un único recinto de forma tendente á circular, atópase perfectamente delimitado.

Son varias as lendas que rodean a este poboado castrexo. Unha delas di que nel existen dúas vigas de ouro cruzadas que aguantan do volcán que hai debaixo, pero que no momento en que alguén as saque, o volcán entrará en erupción, producindo a morte dos pobos dos arredores.

Outro relato conta que no castro hai unha moura peiteándose e que se alguén a ve, deixará caer o peite o chan. Se o peite é recollido antes de que chegue ao chan, a moura desvelará o lugar do seu tesouro pero, se pola contra, o peite toca a terra, a moura lanzará un encantamento sobre a persoa e a fará desaparecer.

A terceira das fábulas narra que no bico deste monte os mouros teñen agochado desde tempos inmemoriais un tesouro formado por barras de ouro e prata. Que se saiba, ata o momento ninguén se atreveu a buscalo xa que, a mesma lenda relata que se alguén o roubara, produciríanse grandes desgrazas que causarían o afundimento da vila de Zas.

Lo lugar de Romelle atópase un cruceiro singular, pois o seu longo varal cilíndrico apoia sobre unha plataforma triangul...
08/02/2024

Lo lugar de Romelle atópase un cruceiro singular, pois o seu longo varal cilíndrico apoia sobre unha plataforma triangular de catro banzos. Sobre o capitel sitúase a cruz: un Cristo ben traballado e unha Virxen orante. Pero o que chama a atención deste cruceiro é a altura do seu fuste.

A escasos metros deste cruceiro atópase o pazo de Romelle, unha boa mostra da arquitectura pacega do lugar.

Conta a lenda que a auga da fonte de Santa Margarida ten poderes máxicos. O dito popular di así:"Santa Margarida tenunha...
07/02/2024

Conta a lenda que a auga da fonte de Santa Margarida ten poderes máxicos. O dito popular di así:

"Santa Margarida ten
unha fonte con dous canos
alí é onde se van a curar
todos os males estraños”

Esta fonte milagreira de posible orixe precristián, hoxe nun recinto cercado e coroada por unha cruz, puido dar orixe ao santuario. Os devotos mollan panos na súa auga para lavar feridas e curar enfermidades da pel ou da garanta, deixando os pedazos de tea colgados no propio lugar.

02/02/2024

Se aínda non tivestes a ocasión de ver o que che ofrece o Concello De Zas e a podes descubrir algunhas pinceladas neste video de Visita A Costa da Morte.

Esta mañá tivo lugar a inauguración da exposición "Enrique Labarta Pose, a pluma da terra" dispoñible no Colexio de Fons...
31/01/2024

Esta mañá tivo lugar a inauguración da exposición "Enrique Labarta Pose, a pluma da terra" dispoñible no Colexio de Fonseca ata o próximo 1 de marzo. Se queres afondar na figura deste persoeiro baiés que cultivou narrativa, teatro e poesía non dubides en achegarte a vela.

Se a partir do próximo mércores 31 de xaneiro te achegas a Santiago de Compostela non olvides visitar no Colexio de Fons...
27/01/2024

Se a partir do próximo mércores 31 de xaneiro te achegas a Santiago de Compostela non olvides visitar no Colexio de Fonseca a exposición sobre Enrique Labarta Pose. Estará dispoñible ata o 1 de marzo. :-)

O vindeiro 31 de xaneiro terá lugar a inauguración da mostra cun acto ao que asistirán, entre outros, o Alcalde de Zas e o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

A Carballeira Municipal de Baio é un espazo natural declarado Formación Senlleira fai algo máis dun ano. Cando chega o i...
26/01/2024

A Carballeira Municipal de Baio é un espazo natural declarado Formación Senlleira fai algo máis dun ano. Cando chega o inverno e con el as choivas é habitual vela anegada e semella que os carballos que alberga afloran da auga.

Na parroquia de San Martiño e entre os lugares de A Atalaia e Froxán atópase o castro de Froxán ou de Atalaia. Recibe os...
25/01/2024

Na parroquia de San Martiño e entre os lugares de A Atalaia e Froxán atópase o castro de Froxán ou de Atalaia. Recibe os dous nomes por situarse entre estas dúas localidades.

O castro encóntrase nun outeiro ó carón do Rego de Froxán e conta cun recinto case circular que se pode apreciar nos mapas sombreados ou hipsométricos.

A igrexa de Santa María atópase na parroquia de Brandoñas. É unha igrexa que arquitectónicamente non destaca moito pois ...
24/01/2024

A igrexa de Santa María atópase na parroquia de Brandoñas. É unha igrexa que arquitectónicamente non destaca moito pois é dunha feitura moi simple, pero o que máis chama a atención está albergado no seu interior, dous retablos pétreos barrocos do primeiro terzo do século XVIII. Un deles, o situado ao norte, está presidido por una imaxe ecuestre de Santiago na que se pode apreciar como o seu cabalo pisa unha figura engruñada.

O Centro Sociocultural de Baio acolle en exposición os manuscritos de Francisco Romero Lema, nado na vila de Baio, no Co...
23/01/2024

O Centro Sociocultural de Baio acolle en exposición os manuscritos de Francisco Romero Lema, nado na vila de Baio, no Concello De Zas. Este baiés é un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos.

Entre os documentos atópanse "Bayo en el siglo XX", "En la inauguración del teléfono en Bayo", "La lengua de Cristobal Colón", "Origen del Seminario de Estudos Gallegos", "Vocabulario de Soneira", entre moitos outros.

Ditos documentos foron doados ao concello por Xosé María Lema Suárez.

20/01/2024

Algunha vez vivistes a experiencia de “entrar” nunha árbore? O xardín das Torres do Allo alberga un abeto de Vancouver que che permite vivila e sorprende tanto a grandes como a pequenos.

🎥

Parece que hoxe fai un bo día e seguro que o pico máis alto da comarca de Soneira, o Pico de Meda, non defraudará como l...
19/01/2024

Parece que hoxe fai un bo día e seguro que o pico máis alto da comarca de Soneira, o Pico de Meda, non defraudará como lugar para poder ver un bonito solpor.

Dirección

Negreira
15150

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Turismo de Zas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Videos

Compartir

Concello de Zas

A tradición literaria sitúa en Zas, segundo a obra de Eduardo Pondal, a tumba do valente Brandomil, un guerreiro celta que caería morto loitando contra a invasión romana. Esta tumba non sería outra que o dolmen da Arca da Piosa, un dos dolmens máis monumentais e mellores conservados de Galicia. Pero Brandomil non é o único guerreiro que o bardo bergantiñán nomea nas súas épicas poesías. Tamén nos fala de Brandoñas O Forte, que desafoga da tristura que lle produciu a morte da doce Baltar, unha doncela cazadora, co seu amigo Porcar.

Pero Brandomil non foi só convertido nun guerreiro celta, senón que tamén é unha vila chea de restos romanos, da cal os historiadores non se poñen dacordo, pero que ben puidera ser unha das mansión romanas da chamada Vía XX, per loca marítima, descrita no Itinerario de Antonino, no século III. A través dun paseo por este pobo descubriremos basas, capiteis, fustes de columnas, aras votivas, estelas funerarias e outros restos romanos. Non podemos esquecernos da Ponte de Brandomil, medieval, pero sen dúbida algunha construída sobre outra romana.

Dende sempre, Zas foi unha terra de tradicións, podemos destacar as tradicionais merendas de Santa Margarida con máis de 400 anos de historia, a de San Roque do Monte, cuxa confraría se creou no ano 1565 ou as desaparecidas de San Pedro do Allo. Todas teñen en común a localización dunha fonte de augas milagreiras próximas. Pero se falamos de festas, non podemos deixar de nomear a Carballeira de Zas, un festival folk ao que acoden cada ano milleiros de persoas.

Zas é unha terra de construcións palacianas, así o atesouran os numerosos pazos, entre os que se sitúa o primeiro pazo de Galicia, un dos poucos de estilo gótico, as Torres do Allo. Xunto cos pazos de Daneiro, Romelle, Follente e as Edreiras forman a ruta dos pazos.


Otros agencias de viajes en Negreira

Mostrar Todas

También te puede interesar