22/10/2024
📽 COÑECE O NOSO PATRIMONIO 2024 (OUTONO) - "A SANTA LUCÍA POR ENTÍNS"‼️
✅ Este pasado domingo tiña lugar a última saída organizada polo Concello de Outes nesta iniciativa na que se percorre e da a coñecer o noso territorio. Desta vez queremos comezar agradecendo a Outes, cultura e mocidade a iniciativa, a toda a xente que colapsou as listaxes de inscrición destas saídas o mesmo día que se abrían, así coma a inestimable labor altruísta de Proteccion Civil Concello de Outes. Esta última andaina levounos por terras de Santa María de Entíns e San Xián de Tarás, dúas parroquias con elementos patrimoniais de moito interese, situadas nun entorno natural espectacular, nas ladeiras do monte Formigheiro ata o río Tins, lindando con Santo Ourente e ata o humidal que conforma a desembocadura do citado río e que forma parte do Espazo Natural Protexido Esteiro do Tambre, pertencente á Rede Natura 2000.
🧐 A saída, coma de costume, estaba programada para as 9:00 a.m. dende a igrexa parroquial de Santa María de Entíns, datada do 1️⃣7️⃣2️⃣0️⃣ e construída sobre os restos dunha anterior da que quedan restos en forma de canzorros románicos. A pesares da ameaza de chuvia acudiu a grande maioría de persoas que estaban inscritas á mesma, e a meteoroloxía deunos un respiro ao longo da mañá para g***r da saída. Saíndo da Igrexa camiñamos por unha rede de camiños tradicionais na ladeira do Formigheiro ata a capela de Santa Lucía, despois de atravesar o lugar de Entíns.
🧐 Dende aquí, seguindo un sendeiro espectacular que pasa pola famosa fonte de Santa Lucía continuamos ata a igrexa de San Xián de Tarás, para contemplar unha pequena igrexa que, segundo documentación antiga é que sufriu unha reforma no século XVIII, descoñecendo a data de construción inicial. Seguimos ata o cruceiro de Tarás, un antigo cruceiro con inscrición que contén gravado no capitel unha cruz de San Andrés. A baixada ata o castro de Coiradas fixémolo por un camiño máxico polos montes da Barreira, parando previamente a contemplar e interpretar a paisaxe do humidal que conforma o Tins na súa desembocadura. Dende este punto poidemos falar da importancia do patrimonio industrial do esteiro do río Tins en tempos pasados. Neste chegaron a existir tres talleres de carpintaría de ribeira, seis aserradoiros e a fábrica de ladrillo do Chorrello, da que se conserva aínda a chiminea. Destes talleres e aserradoiros (Lameán, Marís, Cunchiñas, Seco, Rafael, Alborés, Tomasiño, Juan Mallo ou Pepito de Espiñeiro) saíron algúns dos barcos máis grandes feitos na Ría da Estrela como foi o caso da Goleta América ou o Espiñeiro. Pasando polo castro costeiro de Coiradas, volvemos a subir ata a ladeira do monte e circular por camiños por riba do Rego, A Fonte, Pazos, entrando en Entíns para dar por finalizada a andaina no punto de saída.
Turismo en Outes Concello de Porto do Son Concello de Muros Concello de Mazaricos Concello de Noia Concello de Lousame Turismo de Noia Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego patrimoniogalego.net Galicia Máxica