22/12/2024
A piques de pasar outra páxina en forma de ano 2024 no libro da vida, toca reflexionar sobre o ano en cuestión. No proceso anual de intentar mellorar e g***r deste camiño vital, comprometido con aproveitar está viaxe da mellor maneira posible intentando convertirse nun Benjamin Button mental ao menos, teño que dicir que foi o mellor 2024 da miña vida. Non se repetirá outro igual seguros eso é bo, o 2025 xa veremos, vou fuxir de planificacións, obxectivos de todo tipo e por suposto, non vou aplicar criterios empresariais mindfullnianos de moda ao ciclo vital. Simplemente vou seguir aprendendo e flipando co proceso de crecemento da maneira que vaia xurdindo e rodeado de boa xente, que é o fundamental en realidade, estar ben rodeado. Este ano que remata tivo de todo, coma todos. Comentaba un psicólogo nunha entrevista que vin fai uns meses que se por veces estás feliz, por veces triste, cabreado, ansioso, estresado, de mala ostia, se ris, choras, berras, estás optimista, pesimista, se a veces che apetece romper todo, se a veces estás eufórico, se a veces te sintes só, e outras arroupado, etc, se vas nunha montaña rusa emocional, entón quere dicir que a máquina funciona na súa totalidade, porque non existe full time. Co que eu, totalmente dacordo con esa postura e con moitas gañas de seguir aprendendo, coñecéndome, mellorando e fozando, seguirei facendo que os indicadores vaian funcionando cómo deben, sempre dende a bondade e compasión como norma. Así que nada, péchase un ano caralludo e nuns días ábrese outro que vai ser espectacular seguro, o mellor 2025 das nosas vidas. Que cada quen pase estas datas da maneira que estime oportuna, acompañados de quen consideren máis apropiado e a seguir viaxe neste tren da vida. Boas festas e bo 2025 a ti quisqui