🏰 No Nadal o Castelo de Soutomaior converte a súa Torre da Homenaxe nunha pantalla xigante coa proxección dun videomapping.
Un espectáculo de música, luces e maxia que fai soñar a pequenos e maiores en catro sesións diarias que comezan ás 19:00 horas e culminan coa última ás 20:30 horas
Aproveitade ata este domingo 5 de xaneiro para achegarvos a velo
🏰 Que ben o pasamos esta fin de semana na estrea das visitas teatralizadas de Nadal no Castelo de Soutomaior!!
Unha divertida experiencia en familia na que aprendemos sobre a historia da fortaleza ao tempo que resolvemos un misterio
Regresan o día 21 con todas as prazas esgotadas
Nas #RíasBaixas ti deseñas a túa propia aventura.
Un destino no que natureza e deporte maridan para agasallar propostas únicas os 365 días do ano ⛵
Somos historia, tradicións, mar, gastronomía, cultura e natureza 💚
Visita a provincia de Pontevedra e descubre un paraíso verde do que non querrás marchar!
Anímate a vivir experiencias 100% #RíasBaixas!
Non fan falta palabras cando as imaxes falan.
Castelo de Sobroso, unha xoia do patrimonio Pontevedrés que podedes visitar en Concello de Mondariz
🏰 https://www.castelodesobroso.com/
As #RíasBaixas son o escenario perfecto para demostrar a túa paixón pola aventura 🚣🧗♂️🏊🏼
Temos unha ampla variedade de escenarios e empresas especializadas en #turismoactivo
Agardámosvos en cualquiera época do ano con experiencias 100% Rías Baixas
O noso spot “100%Rías Baixas” finalista no festival de Cannes! 🏆
O xurado do Cannes Corporate Media & TV Awards valorou a calidade e creatividade do vídeo turístico centrado na auga situándoo como como finalista na modalidade de produto turístico xunto con Suíza e Lituania
Medalla de prata para a campaña “100% Rías Baixas”! 🏆
A peza audisual coa que promovemos a provincia de Pontevedra polo mundo enteiro este ano, e producida por Esmerarte Industrias Creativas, entra no podio de mellores spots turísticos no certame Terres Festival de Tortosa, Cataluña.
A rompedora campaña protagonizada pola auga e as paisaxes das #RíasBaixas fíxose co recoñecemento do xurado entre destinos doutros cuarenta países
Un destino que consquista corazóns dentro e fora das nosas fronteiras! 😍📹
A Deputación Pontevedra anuncia as visitas teatralizadas que o Castelo de Soutomaior realizará polo Samaín! 🎃
⮕ Serán máis de mil prazas con pases nocturnos para adultos e diúrnos para familias no mes de outubro.
Entrada próximamente á venda en 👉 https://tickets.castelodesoutomaior.com/
Vídeo campaña 100% Rías Baixas produto
Rías Baixas é o destino gastronómico que buscas!
As nosas rías son unha despensa natural que nos alimenta durante os doce meses do ano
Ven e dalle unha homenaxe ao teu padal 😋
Vídeo campaña 100% Rías Baixas Costa
As nosas rías e os seus cantís son unha das sinais de identidade do destino #RíasBaixas
Percorre a nosa costa e descubre paisaxes que parecen creadas para facernos soñar ✨
Somos un 70% auga e un 100% Rías Baixas!!
Aquí vai unha pequena mostra do que viviremos este sábado no Concello de LALÍN na XXV Malla Tradicional
Unha festa promovida polo Museo y Restaurante Casa do Patrón e da que desfrutaremos na parroquia de Doade