22/11/2024
🟣Mañá, día 23 de novembro as 12:00, temos na Oficina de Turismo a entrega do galardón do IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético a Macarena Baena Garrido e Laura de Grado Alonso. Este ano, o punto de mira céntrase na realidade das mulleres migrantes vítimas de violencia de xénero en España.
🟣Despois da entrega, teremos tamén a charla-coloquio “Os medios de comunicación como axentes do cambio” con Ana González Liste, Diana López Varela e Joshua Alonso Mateo, e unha lectura de poemas do libro de Sesé Mateo “Polo camiño do vento” a cargo de Mar Núñez.
Macarena Baena e Laura de Grado, gañadoras do IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético - Igualdade - Concello de Redondela