29/01/2024
🔶CONCURSO DISFRACES ENTROIDO SADA 2024🔶
A concellería de Cultura programa o martes 13 de febreiro o Desfile-Concurso de Disfraces e Carrozas dentro da programación do Entroido 2024 de Sada e a tal fin abre a convocatoria do Concurso de disfraces.
🔹QUEN PODE PARTICIPAR?
Poderán participar todas aquelas persoas e colectivos que o desexen, sen límite de idade. As persoas concursantes deberán desfilar polas rúas do centro urbano de Sada, segundo o percorrido que proporá a organización, amosando os seus disfraces ao público e ao xurado, exhibindo as coreografías e a animación musical que acompañen a súa proposta. O concurso organízase en 3 categorías: MINI, GRUPOS, CARROZAS, optando a 3 premios en cada unha delas.
🔹COMO ME PODO INSCRIBIR?
Poderás inscribirte (ou inscribir ao teu grupo) cubrindo un formulario online na web municipal SADA.GAL , no que se recollerán os datos necesarios. Poderás concursar nunha destas 3 categorías: MINI (ata 4 compoñentes); GRUPAL (grupos de persoas disfrazadas coa mesma temática cun mínimo de 5 compoñentes); CARROZAS (agrupacións con disfraces dunha mesma temática que incluirán plataformas móviles autopropulsadas ou remolcadas, adornadas conforme á temática escollida polo grupo de participantes e relacionada cos seus disfraces).
🔹QUE PRAZO TEÑO PARA INSCRIBIRME?
O prazo de inscrición abrirase o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e finalizará o venres 9 de febreiro de 2024 ás 14:00h.
🔹PREMIOS
Os premios outorgaranse segundo as puntuacións totais obtidas, despois da suma das valoracións parciais de cada compoñente do xurado. Haberá 3 premios en metálico por cada categoría:
1º PREMIO 300€ Mini; 600€ Grupal, 1.000€ Carrozas
2º PREMIO 200€ Mini, 450€ Grupal, 800€ Carrozas
3º PREMIO 100€ Mini, 300€ Grupal, 600€ Carrozas
ℹ️INFORMACIÓN, BASES E FOLLA DE INSCRICIÓN - https://bit.ly/3RZDM18