Turismo de Samos

Turismo de Samos O proxecto Turismo de Samos está enmarcado dentro do proxecto Lug Open Factory Os obxectivos da L.O.F.

Comezamos a nosa andaina no Concello de Samos, pouco a pouco iremos descubrindo as nosas ferramentas así como as aportacións que podemos facer para darlle unha volta a cada unha das áreas de influencia que queremos axudar a mellorar. Baixo a marca Lug Open Factory (organización sen ánimo de lucro) atópanse dezadeis empresas que desenvolven servizos e produtos no eido da comunicación, do márketing

dixital, do deseño gráfico, do deseño web, as novas tecnoloxías audiovisuais e o turismo deportivo. Por primeira vez se crea unha iniciativa privada na que se pretende facer unha labor social. en Turismo de Samos son:

- Dar visibilidade a Samos na rede de redes.
- Aportar ferramentas de desenvolvemento dixital aos habitantes e empresas de Samos a través da súa capacitación.
- Achegar novas solucións ao desenvolvemento dixital abrindo un foro de discusión.
- Aportar unha programación de actividades axeitadas para a área de influencia. Se estás interesad@ en participar neste proxecto e es de Samos contacta connosco no noso mail: [email protected]

Gostaríanos lembrar que neste tipo de páxinas non está permitido:

- Insultar ou facer comentarios que atenten contra a integridade e a privacidade das personas.
- Facer propaganda de calquera tipo incluída a comercial fóra do establecido polos propios administradores.
- Facer propaganda política nin establecer debates e opinións deste tipo.
- Introducir elementos de spam con contido comercial, sexual,... ou de calquera outro tipo.

25/12/2024

Bo Nadal!

Moi pronto estaremos de novo con todos vós!

Con moitas novidades.

Concello de Samos

19/10/2024

🍛🧆🌮🍖SHOWCOOKING EN SAMOS

Descubre a maxia da cociña de outono cun evento de showcooking único en Samos!

Únete á talentosa chef Belén López (xefa de cociña do cátering de Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Roda Food e a Fundación Ramón González Ferreiro) o 23 de outubro a partir das 17.00 horas no encantador Restaurante Albaroque de Samos.

Durante este evento, teredes a oportunidade de coñecer receitas inspiradas nos sabores e produtos desta estación acolledora. Non só g***rás dunha experiencia de cociña inmersiva, senón que tamén poderás levar a casa novas técnicas e trucos para impresionar na túa cociña.

Para asegurar a súa praza, cómpre anotarse enviando unha mensaxe de WhatsApp ao 620 78 98 35. Este evento enmárcase na campaña QR Samos, organizada polo Concello de Samos, co fin de promover a rica cultura gastronómica da comarca .

Non perdas esta oportunidade de g***r dunha tarde chea de sabor e creatividade culinaria!
samos

26/01/2024

Estes días Samos está en Fitur.

Aquí vos deixamos o video do Destino Courel un proxecto que está comezando os seus pasos reais da man do Concello de Samos Concello de Triacastela Concello de Folgoso do Courel -Turismo Concello do Incio co apoio do GDR Ribeira Sacra - Courel.

A ver se entre todos nos tomamos en serio e sacar adiante esto e agora participar nas formacións que nos propuxeron dende o GDR que dende L.O.F. cremos que son fundamentais para poder desenvolver algo serio no noso concello.

Aquí vos deixamos o vídeo de presentación en Fitur.

Esa abella ten nome???

01/01/2024

Esta noite pasada como tantas noites dende hai tantos anos as campás do "reloj do pueblo" tocaron doce veces como doce desexos para o ano 2024 que comezou con xentiña no pobo como había tempo que non se vía.

A torre do noso reloxio que ten que ver moito coa emigración foi inaugurada aló no 1915 para acoller ao antergo reloxio do mosteiro que foi trasladado aquí por orde do señor alcalde de entón, como se fora a maior xoia do vetusto edificio monacal.

Hoxe podedes ver na planta baixa da torre a maquinaria anterga do reloxo que de xeito espectacular loce para todos os visitantes de Samos. Está aberto todos os días de 10:00 a 20:00 horas.

É de agradecer a posta en valor da pouca arquitectura civil que ten o noso Concello que neste caso se completa co palco da música e a fonte do pobo e que nos fala dunha notoria importancia nos anos pasados e que ademáis se completa coa casa do concello e a biblioteca, amén doutros edificios perdidos.

Feliz Ani Novo 2024.

Un dos monumentos máis importantes que temos no noso Concello é sen lugar a dúbida o noso río. Para nós ao mellor pasa u...
25/12/2023

Un dos monumentos máis importantes que temos no noso Concello é sen lugar a dúbida o noso río. Para nós ao mellor pasa un pouco desapercibido pero sempre foi lugar de encontro das mulleres que lavaban a roupa, de extraordinarios pescadores que había na zona ou simplemente un lugar onde de nenos iamos bañar.

Hoxe existe unha ruta que vai toda a carón da ruta que para un día de Nadal como o de hoxe é unha boa alternativa para poder pasar a tarde en familia.

Se ademáis xa vés un pouco antes e degustas os pratos de calquera dos nosos restaurantes o día xa é bordado ou tomas un café nunha terraza,... vai frío? Sí. E non pasa nada.

Bo Día de Nadal.

Concello de Samos

Foto: L.O.F.

24/12/2023

Que as Luces de Samos cheguen a todos nós, en especial a todas e todos os que estades na distancia, ou que xa non estades.

𝗕𝗼 𝗡𝗮𝗱𝗮𝗹!

𝐓𝐡𝐢𝐬 𝐢𝐬 𝐒𝐚𝐦𝐨𝐬.Un dos traballos da Residencia Creativa que un grupo de mozos e mozas de todo o mundo fixeron en Samos foi...
23/12/2023

𝐓𝐡𝐢𝐬 𝐢𝐬 𝐒𝐚𝐦𝐨𝐬.

Un dos traballos da Residencia Creativa que un grupo de mozos e mozas de todo o mundo fixeron en Samos foi un vídeo.
Aquí vos presentamos a personal visión de Samos a través dos ollos de Abolfazl de Irán, Carolina de Alemaña e Ece de Turquía.

Moitas grazas por facernos apreciar o que vós vistes sobre Samos!.

Este e outros materiais que vos iremos presentando fixéronse no proxecto Lugo Digital Creative Residence un proxecto da Lug Open Factory coa colaboración do Concello de Samos dentro do programa European Solidarity Corps da Unión Europea.

Agardamos que vos guste. 𝐄 𝐩𝐨𝐫 𝐟𝐚𝐯𝐨𝐫 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢́𝐝𝐞𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐜𝐡𝐞𝐠𝐮𝐞 𝐚 𝐦𝐨𝐢𝐭𝐚 𝐱𝐞𝐧𝐭𝐞!!.

Produced By: ECE EZGI KAYA - TURKEYCAROLINA WACHTEL - GERMANYABOLFAZL DOAEI - IRÁNThis video has been made thanks to the collaboration of the residents of Sa...

Proxecto Digital Voices of Europe.Un grupo de 31 mozos e mozas visitaron Samos nestes días. Chegan de Alemaña, Armenia, ...
17/12/2023

Proxecto Digital Voices of Europe.

Un grupo de 31 mozos e mozas visitaron Samos nestes días. Chegan de Alemaña, Armenia, Turquía, Italia, Macedonia do Norte, Rumanía, Portugal, Galicia e de Ukraína.

Están entre nós analizando os problemas e posibles solucións para un futuro sostible a través da dixitalización e as súas aplicacións na vida rural tomando ao Concello de Samos como un proxecto piloto.

Gozaron dunha visita ao mosteiro e a todo o entorno do pobo e visitaron tamén outras zonas do concello onde fixeron traballo de campo e recollida de datos así como entrevistas á xente do noso Concello.

O proxecto Digital Voices of Europe é un proxecto da Lug Open Factory cofinanciado con fondos europeos do programa Erasmus Plus KA1.

Exposición de maquetas de Edificacións Tradicionais de Concellos Lucenses por onde pasa o Camiño Francés.📆⏰A exposición ...
15/12/2023

Exposición de maquetas de Edificacións Tradicionais de Concellos Lucenses por onde pasa o Camiño Francés.

📆⏰A exposición poderase visitar de luns a venres de 09.00-14.30h na casa do Concello, e tamén na Biblioteca Municipal, os días 28 e 29 de decembro e o 4 e 5 de xaneiro, en horario de 10.30-13.30.

❗Para grupos, o horario de visitas na Biblioteca, poderá ser ampliado, previa reserva, chamando ao Concello.

Aínda que nos repitamos na publicación ben merece a pena poñer en valor o traballo das persoas que fixeron tanto por Sam...
08/12/2023

Aínda que nos repitamos na publicación ben merece a pena poñer en valor o traballo das persoas que fixeron tanto por Samos.

Porque sí que é certo que o turismo do noso Concello non se entendería sen os hostaleiros e hostaleiras que fan que Samos sexa máis grande todavía.

Antón, todo un exemplo de discrección e traballo ao servizo de todos os visitantes que se achegaron durante tantos anos a Samos.

Cabería poñer en valor aquelo de "Imos comer un churrasco a Samos?" e facer un evento anual que todavía lle dea máis relevancia? Porque hai que lembrar que Samos foi pioneiro nesto... A Lebre, O Gaio, A Pontenova, O Resco, O Victoria, A Veiga,... A Cantina de Renche, Aira Padrón, Albaroque,... e de seguro que algún se nos olvida!.

Concello de Samos

El samonense Antonio Arza, uno de los fundadores del hotel restaurante A Veiga de Samos, decora el exterior del establecimiento en Navidad con variadas figuras creadas por él mismo

𝗔 𝗩𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗺𝗼𝘀"Chega o Nadal a Samos"Un dos que primeiro fai que notemos que chega o Nadal é Antón de Hotel A Veiga Sa...
03/12/2023

𝗔 𝗩𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗺𝗼𝘀

"Chega o Nadal a Samos"

Un dos que primeiro fai que notemos que chega o Nadal é Antón de Hotel A Veiga Samos que sempre nos mostra as súas creacións en madeira para estas festas especiais, se queredes visitalas podedes facelo na porta da súa casa!

Se compartides chegaremos a moita xentiña!!

Fotografía: 𝐄𝐡𝐬𝐚𝐧

𝗔 𝗩𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗺𝗼𝘀"Outono no Claustro das Nereidas"Se compartides chegaremos a moita xentiña!!Fotografía: 𝐄𝐡𝐬𝐚𝐧
30/11/2023

𝗔 𝗩𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗺𝗼𝘀

"Outono no Claustro das Nereidas"

Se compartides chegaremos a moita xentiña!!

Fotografía: 𝐄𝐡𝐬𝐚𝐧

28/11/2023
Durante os vindeiros meses iremos ensinando o Samos dende os ollos de mozas e mozos de diferentes países que fixeron unh...
28/11/2023

Durante os vindeiros meses iremos ensinando o Samos dende os ollos de mozas e mozos de diferentes países que fixeron unha moi boa colección de panorámicas.

Nós chamarémoslle 𝗔 𝗩𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗺𝗼𝘀

Panóramica do Mosteiro dende a horta da botica.
Unha foto moi de outono.

Se compartides chegaremos a moita xentiña!!

Fotografía: 𝐄𝐡𝐬𝐚𝐧

No rural galego precisamos de moitos proxectos capitaneados pola mocidade e precisamos que a mocidade do noso rural se p...
28/11/2023

No rural galego precisamos de moitos proxectos capitaneados pola mocidade e precisamos que a mocidade do noso rural se poida implicar neste tipo de proxectos.

De seguro que a mocidade ten moitos xeitos e moi diferentes de ver o futuro.

Los participantes, procedentes de diferentes lugares del mundo, trabajarán en un proyecto piloto para contenidos digitales, impulsado por la Lug Open Factory

Reproducimos este artigo de Uxías Carrera onde fala do Camiño de Santiago.Fala dos dous camiños que pasan polo noso Conc...
20/11/2023

Reproducimos este artigo de Uxías Carrera onde fala do Camiño de Santiago.

Fala dos dous camiños que pasan polo noso Concello, un feito que é único en Galicia, que o Camiño de Santiago teña dous camiños por un mesmo concello.

Si que non estamos moi dacordo que no tramo Triacastela-Samos se fale de que os últimos kilómetros se fagan por estrada, non é de todo certo. Invitamos aos camiñantes que veñan polo camiño orixinal que se mete por San Cristovo, vai a Renche chegando a San Martiño, logo do cal, sí que temos que atravesar a estrada enfilando por Outeiro a chegada ao Mosteiro de Samos.

Unha ruta que repasaremos estes días para contrastar todos os puntos importantes do Camiño ao seu paso por Samos.

Dirección

Avenida COMPOSTELA
Samos
27620

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Turismo de Samos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Turismo de Samos:

Videos

Compartir