Vía Céltica

Vía Céltica Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Vía Céltica, Guía turístico, Avda Brasil 69, Santa Comba.

"Via Céltica: Os Camiños de Santiago por Santa Comba", é unha obra literaria que estuda e expón as evidencias históricas dunha vía xenuinamente Xacobea que une os portos da Costa da Morte con Santiago polas Terras de Céltigos. Concellos implicados na Vía Céltica:
Santa Comba
Santiago de Compostela
Ames
Val do Dubra
Zas
Vimianzo
Dumbría
Muxía
Cee
Corcubión
Laxe
Malpica de Bergantiños
A Laracha
Camariñas
Fisterra
Coristanco
Carballo
Cabana de Bergantiños
Ponteceso

VIA CELTICA: CAMIÑO MARÍTIMO DE MALPICAMalpica foi un dos portos baleeiros máis notables das costas galegas, tendo xa co...
26/11/2024

VIA CELTICA: CAMIÑO MARÍTIMO DE MALPICA
Malpica foi un dos portos baleeiros máis notables das costas galegas, tendo xa constancia da súa actividade no século XVII, da man de mariñeiros vascos.
Diante de Malpica levántanse as Illas Sisargas; na Sisarga Grande houbo unha ermida baixo a advocación de Santa Mariña.
Dende o porto de Malpica cruzamos a vila en dirección ó Rueiro do Arnado, onde podemos atopar un PETO DE ÁNIMAS. Dende aquí por Cancela de Areas e seguidamente ata Vila Nova de Santiso. Aquí atopamos a IGREXA DE SAN TIRSO DE VILA NOVA, de estilo barroco, e un MAUSOLEO de estilo NEOCLÁSICO mandado facer polos donos do Pazo de Vila Nova, imitando o de Napoleón.
De Vila Nova proseguimos ata chegar á famosa PEDRA DA ARCA,
DOLMEN de corredor orientado para o sueste e datado entre o 3.500 e 2.700 a.C.

www.viaceltica.com
https://www.amazon.es/dp/B09FR571YB/ https://www.amazon.es/dp/B09DS8BRLW/ https://www.amazon.es/dp/B09CKWDS6S

Vía Céltica etapa de Caión ata Buño. No ultimo tramo de esta etapa podemos facer un pequeno pero sufrido desvio e subir ...
22/11/2024

Vía Céltica etapa de Caión ata Buño.

No ultimo tramo de esta etapa podemos facer un pequeno pero sufrido desvio e subir o Monte Neme punto de obligada visita po las minas abandonadas cos seus lagos tóxicos de color turquesa e as suas espectaculares vistas, e por fin chegamos BUÑO que foi no seu día parada obrigada dos camiñantes que chegaban ás costas de Bergantiños. Jerónimo del Hoyo, nas súas memorias de 1607, constata a existencia da “ERMITA-HOSPITAL DE SANTA CATHERINA”, que xa estaba en ruínas en 1594.
Aínda en 1571 se xustificaba a florecente industria artesanal en Buño, que incluía a Olería de Buño mais tamén zapateiros e ferreiros, pola existencia dun camiño francés entre Malpica e Buño. A tradición oleira continuou viva ata o presente e paga a pena visitar o FORNO DO FORTE, que estivo en funcionamento ata a década de 1960 e que hoxe se encontra recuperada en forma de ECOMUSEO.

VÍA CÉLTICA: DENDE CAIÓN ATA BUÑO Dende CAIÓN proseguimos ata LEIRA e de ahí á IGREXA DE SAN SALVADOR DE REBORDELOS para...
20/11/2024

VÍA CÉLTICA: DENDE CAIÓN ATA BUÑO
Dende CAIÓN proseguimos ata LEIRA e de ahí á IGREXA DE SAN SALVADOR DE REBORDELOS para pasar posteriormente pola IGREXA DE SAN CRISTOVO DE LEMA.
De ahí á CASTRILLÓN para facer unha parada na CAPELA DE SANTA IRENE cunha espectacular panorámica do litoral de Baldaio.
Dende Castrillón ata Cambre ata chegar a Arnados; seguindo a ruta paralalela a costa de Razo chegamos á CAPELA DE SANTA MARIÑA DO MAR, construída no 1948.
No límite entre os concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños atópase o máxico MONTE NEME que acolle un patrimonio arqueolóxico moi singular, exemplificado pola EIRA DAS MEIGAS, un crómlech (círculo lítico), orientado á nacente do Sol e ao pé do cal pasaba o camiño orixinal.
Proseguimos ata A Trémoa, Pedrosa e chegaremos ata a IGREXA DE SANTA MARIA DE LEILOIO, onde Benigno Cortés García localizou dous capiteis prerrománicos.
Este templo comezou sendo propiedade dos condes de Traba ata mediados do século XII , momento no que María Fernández de Traba donou a súa parte ó Cabildo Compostelán . Os capiteis presentan unha decoración pouco frecuente na comarca de Bergantiños e por eles estimamos que a fábrica romana de Leiloio foi erixida nas últimas décadas do século XII.
Leiloio era xunto con de Buño outro dos centros de produción de cerámica, e así, no Censo do Marqués de Ensenada de 1753 constaban 27 oleiros e 8 arrieiros de olas.
Dende aquí proseguimos ata Buño...

En Laxe partimos desde a igrexa de Santa María da Atalaia, cuxa capela maior data do séc. XIV e que foi ampliada seguind...
16/11/2024

En Laxe partimos desde a igrexa de Santa María da Atalaia, cuxa capela maior data do séc. XIV e que foi ampliada seguindo xa o característico gótico mariñeiro. Merece a pena contemplar no altar maior o friso medieval en pedra que presenta cinco escenas da resurrección de Xesús e o Cristo pantocrátor do séc. XIV.

Abandonamos o centro histórico da vila seguindo a rúa Real e pasamos po lo Arco da Casa do Arco que se pensa poido ser hospital de peregrinos, continuamos camiño dirixímonos seguindo o longo areal até o Cabo da Area.

Agradecemos a Chico Devesa Vazquez a cesión das fotos, son espectaculares.

Chegamos a 100.000 visitas o track da Vía Céltica en Google Maps.
13/11/2024

Chegamos a 100.000 visitas o track da Vía Céltica en Google Maps.

Gracias a Voz de Galicia por facerse eco do noso traballo.
05/11/2024

Gracias a Voz de Galicia por facerse eco do noso traballo.

O Club Vía Láctea po la Vía Céltica.
05/11/2024

O Club Vía Láctea po la Vía Céltica.

02/11/2024

A Asociación Costavales vén de facer un estudio das liñas de autobús do Transpor...

A Asociación Costavales ven de facer un estudio das líneas de autobús do  Transporte Público de Galicia das áreas de Ber...
30/10/2024

A Asociación Costavales ven de facer un estudio das líneas de autobús do Transporte Público de Galicia das áreas de Bergantiños e a Costa da Morte cogallo de verificar a existencia de paradas de Bus con disponibilidade e horarios que coincidisen cos finais das distintas etapas da Vía Céltica e permitise levar os peregrinos o seguinte Porto de inicio, comprobamos que efectivamente temos paradas e horarios que coinciden cos finales de etapa e de este xeito os peregrinos poden facer a totalidade do itinerario da Vía Céltica ou facer as etapas que mais lle interesen facendo uso do Transporte Público.

Pra localizar estas paradas señalámolas en google maps como Bus Vía Céltica, e clicando nelas o usuario ten información sobre horarios, rutas, itinerario, conta atras chegada do bus,etc.

Temos solicitado en Movilidade da Xunta de Galicia unha parada a demanda en Castrobó mediante unha pequena variación da ruta que une Carballo con Corme Porto, e tamén ampliar baixo demanda ata Camariñas a ruta de Santiago a Vimianzo por Paramos.

Este é o xeito mais sostibel, económico e ecológico de facer a Vía Céltica.

Estos lugares están situados en los dos ramales de lo que Castro Vilas denomina la Vía Céltica, a su paso por la parroqu...
20/10/2024

Estos lugares están situados en los dos ramales de lo que Castro Vilas denomina la Vía Céltica, a su paso por la parroquia de San Fins de Freixeiro, en Santa Comba, arciprestado de Dubra.

Marcos Castro dice que el descubridor de América legó el 10 % de sus beneficios de las Indias a su familia de una aldea de la comarca de Fisterra, los Louzán de Vilas.

O itinerario da Vía Céltica esta en continuo estado de revisión co obxecto de identificar do xeito máis preciso os camiñ...
14/10/2024

O itinerario da Vía Céltica esta en continuo estado de revisión co obxecto de identificar do xeito máis preciso os camiños historicos mediante a investigación documental e o testimonio dos veciños.

11/10/2024
09/10/2024
O Club Vía Láctea na Vía Céltica.Muxía 》Romar
08/10/2024

O Club Vía Láctea na Vía Céltica.
Muxía 》Romar

O Club Vía Láctea po la Vía Céltica.Laxe 》A Garga
07/10/2024

O Club Vía Láctea po la Vía Céltica.
Laxe 》A Garga

O Club Vía Láctea  po la Vía Céltica .Camariñas 》Quintáns
06/10/2024

O Club Vía Láctea po la Vía Céltica .
Camariñas 》Quintáns

Dirección

Avda Brasil 69
Santa Comba
15840

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Vía Céltica publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Vía Céltica:

Videos

Compartir

Categoría


Otros Guías turísticos en Santa Comba

Mostrar Todas