CORREVEYDILE

CORREVEYDILE Correveydile é unha empresa de xestión e catalización cultural, comunicación creativa, organización de eventos e dinamización sociocultural.

En Correveydile creamos, conceptualizamos, deseñamos, coordinamos e executamos proxectos e accións culturais de diversa índole. Ademais, dámoslle ás á imaxinación, brindando a cada cliente e entidade colaboradora ou promotora, a creatividade e as ferramentas necesarias para a visibilización eficaz das súas liñas de acción, obxectivos, servizos, actividades, produtos e marcas. Os que seguen son alg

úns dos traballos que realizamos dende 2012:

-1ª, 2ª e 3ª edición do ciclo musical de concertos noitiNHas MUSIC para o Hotel NH Collection Santiago e Cervezas Alhambra. 4ª edición * 2021 en preprodución.
-Proxeccións de creadoras e creadores galegos na Praza da Quintana de Santiago de Compostela para felicitar o Nadal 2020 e o Aninovo 2021 aos viandantes da cidade. Proxecto realizado para Turismo de Santiago.
-Empresa promotora do festival lúdico-cultural para a posta en valor do talento galego Mercado da Estrela en 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019 e 2020. Iniciativa propia co-organizada co Concello de Santiago de Compostela con patrocinadores e colaboradores como Artesanía de Galicia, Santiago de Compostela Turismo, Estrella Galicia, Gadis, Finsa, etc.
- Dirección de produción da quincena de actividades do espazo de Galeras nas Festas do Apóstolo 2020 (Santiago de Compostela; Festas do Apóstolo 2020; Concello de Santiago de Compostela)
-2ª edición da actividade Sabor a Artesanía coa Fundación Pública Artesanía de Galicia – Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia xullo 2020
- Conteptualización, deseño e materialización da campaña de promoción QUEDAMOS EN TEO. QUEDAMOS SEGURO para o Concello de Teo (primavera 2020)
-1ª edición do ciclo de sesións DJ TardiNHas para o Hotel NH Collection Santiago e Cervezas Alhambra (verán 2020)
-Traballos de deseño e produción de materiais para Tragsatec, Grupo Tragsa (febreiro 2020)
-Parte da produción e contidos da mostra de artesanía da Feira do San Martiño. Concello de Teo (novembro 2019)
-Organización do Festival AtardeSer en Broña para o Concello de Outes (agosto 2019).
-Organización da iniciativa Festa Territorio das mulleres enmarcada dentro das Festas do Apóstolo (xullo de 2016, 2017, 2018 e 2019) para o Concello de Santiago de Compostela - Santiago de Compostela Turismo
-Organización da 1ª, 2ª, 3ª e 4ª Edición do Festival de San Xoán en Compostela para o Concello de Santiago de Compostela a través de Turismo de Santiago de Compostela (2016, 2017, 2018 e 2019).
-Deseño, coordinación e produción da 1ª e a 2ª edición da iniciativa CREAGAIÁS para o CEM, Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia (2018 e 2019).
-Actualización de contidos dixitais para a axenda de actividades culturais de Turismo de Santiago para Turismo de Santiago de Compostela (2019).
-Organización do festival familiar Feira na eira para o Concello de Santiago de Compostela. Apóstolo 2018.
-Dirección artística, coordinación e contratacións da Noite de Bandas Galegas na Praza da Quintana para o Concello de Santiago de Compostela. Apóstolo 2018.
-Dirección dos Premios da Cultura Galega para a Xunta de Galicia. Outono/inverno 2017.
-Servizo de coordinación e programación de actividades culturais na Cidade da Cultura de Galicia (setembro 2015 –setembro 2017).
-Organización do Festival da Cervexa Artesá de Cangas (xullo 2016).
-Deseño, coordinación e produción da iniciativa Nadal sobre rodas. Concello de Santiago de Compostela (Nadal 2015-2016).
-Secretaría técnica de organización, deseño de imaxe e dinamización da 1ª, 2ª e 3ª edición da iniciativa Estrea Estilo: xornada lúdica de dinamización comercial para a presentación das novas coleccións do comercio compostelán. 2013, 2014 e 2015. Concellaría de Comercio de Santiago de Compostela.
-Secretaría técnica de organización e deseño de imaxe Mercado da Quintana para Turismo de Galicia e Concello de Santiago de Compostela (Nadal 2014-15)
-Actividades de dinamización Nadal 2014-2015. Turismo de Santiago.
-Deseño de imaxe, actividades e espazo infantil para o Festival do Norte’ 14.
-Dinamización musical para Compostela Gastronómica 2014. Concello de Santiago de Compostela.
-Deseño de contidos e dinamización infantil e familiar para a 1ª e 2ª edición da iniciativa Festivalín. 2013 e 2014 en Vigo e A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza e I-radia crea.
-Organización Bee Happy Market. 2013 e 2014. Naranjalimón e Asociación Galega de Apicultores.
-Actividades infantís para SGAE - Fundación Autor no Festival de la Luz. 2013.
-Empresa promotora da iniciativa Sabor a artesanía. 2012.
-Dirección artística e creatividade de todos os proxectos xestionados.
-Deseño de merchandising para SOGAMA, Tropa Verde e todos os proxectos propios.
-Etc.

🌟⭐️🌟Que o novo ano nos leve da man, na procura de novas e máis fermosas estrelas...FELIZ E VENTUROSO 2025!Este Nadal:   ...
01/01/2025

🌟⭐️🌟

Que o novo ano nos leve da man, na procura de novas e máis fermosas estrelas...

FELIZ E VENTUROSO 2025!

Este Nadal:






https://www.youtube.com/watch?v=feBYXAZO-EM

Cos mellores desexos do Mercado da Estrela

Un proxecto de: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi - Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia - Xunta de Galicia, Estrella Galicia e GadisGadis
Colaboran: FINSA, Paco&Lola, Universidade de Santiago de Compostela, Café Dromedario, Archidiócese de Santiago de Compostela, Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco

📸: AIGI BOGA

🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟Devorade as últimas horas de 2024 e as primeiras fotos do 13º MERCADO DA ESTRELA no seu arranque o venres 13 de dece...
30/12/2024

🌟⭐️🌟

Devorade as últimas horas de 2024 e as primeiras fotos do 13º MERCADO DA ESTRELA no seu arranque o venres 13 de decembro!

En nada... MÁIS!

Este Nadal:







https://www.youtube.com/watch?v=feBYXAZO-EM

Un proxecto de: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi - Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia - Xunta de Galicia, Estrella Galicia e Gadis
Colaboran: FINSA, Paco&Lola, Universidade de Santiago de Compostela, Café Dromedario, Archidiócese de Santiago de Compostela, Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco

📸: AIGI BOGA

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1295520628154497&type=3

🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟FELIZ MOI FELIZ DÍA DE NADAL e todo o noso agradecemento aos Apalpadores de espírito estreleiro que trouxeron na pas...
25/12/2024

🌟⭐️🌟

FELIZ MOI FELIZ DÍA DE NADAL e todo o noso agradecemento aos Apalpadores de espírito estreleiro que trouxeron na pasada noite talento galego a infinidade de fogares de Galicia!

Este decembro:







Un proxecto de: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi- Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia Xunta de Galicia Estrella Galicia e Supermercados Gadis
Colaboran: FINSA, Paco&Lola - Universidade de Santiago de Compostela, Café Dromedario, Archidiócese de Santiago de Compostela Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco
Deseño: Rebeca Losada
Imaxe: Xoel Méndez

https://youtu.be/feBYXAZO-EM?si=rTtotoiu3l0rFm9V

🌟⭐️🌟

24/12/2024

🌟⭐️🌟

O Mercado da Estrela número 13, e que comezou en 13, tivo cousas boas, malas, regulares e fantásticas.

A mellor delas: que novamente nos sorprendestes co voso cariño e a vosa presencia aumentando con creces a asistencia de edicións anteriores e superando este ano as 39.000 visitas nos seis espazos da iniciativa.

A todas as persoas que nos acompañastes facendo compras e asistindo con ilusión ás actividades, a todas as marcas que participastes co mellor do voso espírito na Zona Foodtruck e na Feira Creativa, a todo o equipo humano que traballou con tesón e boa enerxía nas diferentes localizacións, a todas as artistas que destes o mellor de vós no escenario e fóra del, e a todas as entidades públicas e privadas que crestes no proxecto, desexámosvos...

UN NADAL CHEO DE LUZ, DE COMPAÑÍA, DE COMPRENSIÓN E DE NOVOS E MÁIS ILUSIONANTES HORIZONTES

Este decembro:







Un proxecto de: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi- Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia Xunta de Galicia Estrella Galicia e Gadis
Colaboran: FINSA, Paco&Lola, Universidade de Santiago de Compostela, Café Dromedario, Archidiócese de Santiago de Compostela, Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco
Deseño: Rebeca Losada Ilustración
Música: Alana
Vídeo: Xoel Méndez

🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟DOMINGO 15 DE DECEMBRO: última tarde no Mercado da EstrelaFeira Creativa de Agasallos de Nadal ata as 21h coa presen...
15/12/2024

🌟⭐️🌟

DOMINGO 15 DE DECEMBRO: última tarde no Mercado da Estrela

Feira Creativa de Agasallos de Nadal ata as 21h coa presencia de máis dun centenar de marcas, obradoiros artesáns e persoas creadoras no mosteiro de San Martiño Pinario (hospedaría e claustro procesional con fotomatón, obradoiros, xogos xigantes e gardería ludoteca) e no Salón Comedor do pazo de Fonseca para as marcas da Fundación Pública Artesanía de Galicia

Bus Estreleiro na praza de Cervantes ata as 21h

Zona Foodtruck na praza 8 de marzo con vehículos de comida e sesión musicais ata as 22h

17:30h a 23:30h: Espazo Musical na pista cuberta dos xardíns do CX Don Bosco. Ademais: posto gastronómico, barra e canxeo de estrelas.
🌟Bingo Musical con Esteban: (actividade de xogo con agasallos sorpresa, non económicos)
🌟Concerto Pava
🌟Actuación Monoulious DOP. Concerto de peche da xira Disko Disko
🌟DJ Daasanach. Sesión Kuduro.

Este decembro:







Promove: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi - Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia Xunta de Galicia Estrella Galicia e Gadis
Colaboran: FINSA Paco&Lola Universidade de Santiago de Compostela, Archidiócese de Santiago de Compostela Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco

🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟13º MERCADO DA ESTRELA: PROGRAMA DE ACTIVIDADES⭐️ VENRES 13 DE DECEMBRO ‘2415h. en adiante: apertura da Zona Foodtru...
11/12/2024

🌟⭐️🌟

13º MERCADO DA ESTRELA: PROGRAMA DE ACTIVIDADES

⭐️ VENRES 13 DE DECEMBRO ‘24

15h. en adiante: apertura da Zona Foodtruck na praza 8 de Marzo con sesións picadiscos. Ademais: barra e canxeo de estrelas

17h en adiante: Bus Estreleiro na praza de Cervantes

17h. a 21h: Apertura dos espazos da Feira Creativa de Agasallos de Nadal: San Martiño Pinario (Claustro Procesional e Hospedaría con foto-recordo no Fotomatón Estreleiro cuñando comprobantes de compras realizadas no Mercado da Estrela) e Salón Comedor do pazo de Fonseca con sorpresas no Xardín das Pedras que Falan)

18h a 19h: Obradoiro de galletas de Nadal a cargo de Hello Cooking. A partir de 5 anos. Preinscricións no Salón Peregrinos da Hospedería de San Martiño Pinario quince minutos antes do comezo da actividade.

18h en adiante: Brinde inaugural con Paco&Lola e as marcas participantes do Mercado da Estrela

19h. a peche: Espazo Musical na pista cuberta dos xardíns do CX Don Bosco. Ademais: posto gastronómico, barra e canxeo de estrelas.

🌟Concerto Alana
🌟Actuación Amoebo
🌟Concerto Terrae
🌟More Amore Djs

⭐️SÁBADO 14 DE DECEMBRO ‘24

11h. a 21h: Apertura dos espazos da Feira Creativa de Agasallos de Nadal do 13º Mercado da Estrela e café mañaneiro con Dromedario para as marcas participantes: San Martiño Pinario (Claustro Procesional e Hospedaría con foto-recordo no Fotomatón Estreleiro cuñando comprobantes de compras realizadas no Mercado da Estrela) e Salón Comedor do pazo de Fonseca con sorpresas no Xardín das Pedras que Falan)

11:30 a 13:30: Xogos xigantes e gardería ludoteca na Hospedería de San Martiño Pinario

12h en adiante: Bus Estreleiro na praza de Cervantes

12h. a 14h: Obradoiro para elaborar Candeas de Soia da man de Alma Verde Eco. Preinscricións no Salón Peregrinos da Hospedería de San Martiño Pinario quince minutos antes do comezo da actividade.

12h. en adiante: apertura da Zona Foodtruck na praza 8 de Marzo con sesións picadiscos a partir das 13h aprox. Ademais: barra e canxeo de estrelas.

17:00 a 19h: Xogos xigantes e gardería ludoteca na Hospedería de San Martiño Pinario.

17h: Obradoiro de Kokedama navideño da man de "Plántate”. Preinscricións no Salón Peregrinos da Hospedería de San Martiño Pinario quince minutos antes do comezo da actividade.

18h. a peche: Espazo Musical na pista cuberta dos xardíns do CX Don Bosco. Ademais: posto gastronómico, barra e canxeo de estrelas.

Bingo Estreleiro con Lúa Gándara e micro aberto para anécdotas acontecidas no Mercado da Estrela, declaracións de amor e propósitos e desexos de aninovo (actividade de xogo con agasallos sorpresa, non económicos)

🌟 DJ Daasanach
🌟 Actuación Belish
🌟 Señora DJ
🌟 Concerto Boyanka Kostova
🌟 Señora DJ

⭐️DOMINGO 15 DE DECEMBRO ‘ 24

O domingo sacaremos do armario os xerseis máis frikis do Nadal, liberaremos os pompóns, desempoaremos as camisas de flanela, airearemos as camisetas de purpuriña, rescataremos os gorros, as boinas e as bufandas de oitos, e recuperaremos dos caixóns as diademas de reno e as coroas dos pasados roscóns de Reis para desfrutar das últimas compras, os últimos brindes e as últimas apertas no Mercado da Estrela!

11h a 21h: Apertura dos espazos da Feira Creativa de Agasallos de Nadal do 13º Mercado da Estrela e café mañaneiro con Dromedario para as marcas participantes: San Martiño Pinario (Claustro Procesional e Hospedaría con foto-recordo no Fotomatón Estreleiro cuñando comprobantes de compras realizadas no Mercado da Estrela) e Salón Comedor do pazo de Fonseca con sorpresas no Xardín das Pedras que Falan)

11:30 a 13:30: Xogos xigantes e gardería ludoteca na Hospedería de San Martiño Pinario

12h en adiante: Bus Estreleiro na praza de Cervantes

12h en adiante: Apertura da Zona Foodtruck na praza 8 de Marzo con sesións picadiscos a partir das 13h aprox. Ademais: barra e canxeo de estrelas.

15h a 17h: Obradoiro para elaborar Candeas de Soia impartido por Alma Verde Eco . Preinscricións no Salón Peregrinos da Hospedería de San Martiño Pinario quince minutos antes do comezo da actividade.

17h: Obradoiro de Kokedama navideño realizado por "Plántate”. Preinscricións no Salón Peregrinos da Hospedería de San Martiño Pinario quince minutos antes do comezo da actividade

17:00 a 19h: Xogos xigantes e gardería ludoteca na Hospedería de San Martiño Pinario.

20h en adiante: Entrega de globos estreleiros ás primeiras persoas que os soliciten e se comprometan a “adoptalos” na casa como decoración desbotándoos, tralo Nadal, de forma responsable. Varios espazos.

17:30h a peche: Espazo Musical na pista cuberta dos xardíns do CX Don Bosco. Ademais: posto gastronómico, barra e canxeo de estrelas.

🌟Bingo Musical con Esteban: (actividade de xogo con agasallos sorpresa, non económicos)
🌟Concerto Pava
🌟Actuación Monoulious DOP. Concerto de peche da xira Disko Disko
🌟DJ Daasanach. Sesión Kuduro.

Este decembro:







Promove: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi - Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia Xunta de Galicia Estrella Galicia e
Colaboran: FINSA Paco&Lola Universidade de Santiago de Compostela, Archidiócese de Santiago de Compostela Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco

🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟Seguinte parada? O ceo!☄️✨Segue a estela que marca o cometa estreleiro ata a praza de Cervantes e descubre a galaxia...
10/12/2024

🌟⭐️🌟

Seguinte parada? O ceo!

☄️✨

Segue a estela que marca o cometa estreleiro ata a praza de Cervantes e descubre a galaxia de actividades desta presente edición!

13º MERCADO DA ESTRELA

Venres 13, sábado 14 e domingo 15 de decembro de 2024 en Santiago de Compostela

Unha fin de semana para os reencontros, as apertas, os brindes, a música, as compras e as ilusións compartidas nun festival urbán de inverno no que descubrir o talento galego.

Reserva a data para desfrutar da Feira Creativa de Agasallos de Nadal, os obradoiros, os picoteos na rúa, os concertos de balde, os xogos sorpresa, e as sesións picadiscos no 13º MERCADO DA ESTRELA

ESPAZOS E CONTIDOS

1. Feira Creativa de Agasallos de Nadal coa presencia de máis dun centenar de marcas, obradoiros artesáns e persoas creadoras o venres de 17h a 21h, e o sábado e domingo de 11h a 21h no mosteiro de San Martiño Pinario (hospedaría e claustro procesional con fotomatón, obradoiros, xogos xigantes e gardería ludotecal) e no Salón Comedor do pazo de Fonseca para as marcas da Fundación Pública Artesanía de Galicia con rocódromo inchable no Xardín das Pedras que Falan

2. Bus Estreleiro na praza de Cervantes venres de 17h a 21 e sábado e domingo de 12h a 21h con reparto do programa de actividades

3. Zona Foodtruck na praza 8 de marzo con vehículos de comida e sesión musicais o venres de 15h a 00h, e o sábado e domingo a partir das 12h

4. Zona de concertos, sesións DJ e xogos musicais na pista do CX Don Bosco o venres a partir das 19h, o sábdo a partir das 18h e o domingo a partir das 17:30h

Este decembro:







Promove: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi - Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia Xunta de Galicia Estrella Galicia e Gadis
Colaboran: FINSA Paco&Lola Universidade de Santiago de Compostela, Archidiócese de Santiago de Compostela Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco

🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟A túa sorte está botada..... sobre a pista do Cento Xuvenil Don Bosco S. 14: Bingo Estreleiro con Lúa Gándara Lúa Gá...
09/12/2024

🌟⭐️🌟

A túa sorte está botada...
.. sobre a pista do Cento Xuvenil Don Bosco

S. 14: Bingo Estreleiro con Lúa Gándara Lúa Gándara e micro aberto para anécdotas no Mercado da Estrela, declaracións de amor e propósitos de aninovo

D. 15: Bingo Musical con Esteban

13º MERCADO DA ESTRELA

Venres 13, sábado 14 e domingo 15 de decembro de 2024 en Santiago de Compostela

Unha fin de semana para os reencontros, as apertas, os brindes, a música, as compras e as ilusións compartidas nun festival urbán de inverno no que descubrir o talento galego.

Reserva a data para desfrutar da Feira Creativa de Agasallos de Nadal, os obradoiros, os picoteos na rúa, os concertos de balde, os xogos sorpresa, e as sesións picadiscos no 13º da Estrela

Este decembro:







Promove: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi - Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia Xunta de Galicia Estrella Galicia e Gadis
Colaboran: FINSA, Paco&Lola, Universidade de Santiago de Compostela, Archidiócese de Santiago de Compostela, Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco

🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟O Nadal faise ben, ou non se fai.Comezade adestrar para os concertos estreleiros e non tomedes nota do reparto de dí...
08/12/2024

🌟⭐️🌟

O Nadal faise ben, ou non se fai.

Comezade adestrar para os concertos estreleiros e non tomedes nota do reparto de días.

Vide a todos.

13º MERCADO DA ESTRELA
Venres 13, sábado 14 e domingo 15 de decembro de 2024 en Santiago de Compostela

Unha fin de semana para os reencontros, as apertas, os brindes, a música, as compras e as ilusións compartidas nun festival urbán de inverno no que descubrir o talento galego.

Reserva a data para desfrutar da Feira Creativa de Agasallos de Nadal, os obradoiros, os picoteos na rúa, os concertos de balde, os xogos sorpresa, e as sesións picadiscos no 13º da Estrela

Este decembro:







Promove: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi - Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia Xunta de Galicia Estrella Galicia e
Colaboran: FINSA Paco&Lola Universidade de Santiago de Compostela, Archidiócese de Santiago de Compostela Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco

🌟⭐️🌟

🍪🍩🎄🥮🍬🎄🥧🍫Hoxe domingo 08 de decembro - San Martín PinarioMáis de 200 especialidades de doces, moitos deles típicos do Nad...
08/12/2024

🍪🍩🎄🥮🍬🎄🥧🍫

Hoxe domingo 08 de decembro - San Martín Pinario

Máis de 200 especialidades de doces, moitos deles típicos do Nadal, procedentes de 24 conventos de toda España, agardan por vós ata as 21h nun dos espazos mais fermosos do Mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela: a tenda da Hospedería San Martín Pinario

Todo tipo de turróns, mazapáns, xemas, chocolates, marmeladas, meles, polvoróns, roscos, panetones... entre os que se inclúe os produtos dun rincón sen azúcar -con polvoróns e aleluias de Vico, marmelada de fresa de Berga etc.- e sen glute -con corazóns de Santa Xertrude e pastas con chocolate-, ademais de licores, aceites, vinagres, especias, infusións, e a incorporación do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, coa súa exquisita tarta elaborada con améndoa, os coquiños ou as alegrías, e o Real Mosteiro de San Clemente de Sevilla, coas súas tortas de polvorón e unha marmelada de laranxa amarga.

Repite o exitoso panetone das monxas ourensás de Astres, con catro variedades, e que en pasadas edicións chegou a esgotarse ata en cinco ocasións, o chocolate con torreznos de Soria, o turrón á pedra, os figos en almíbar e confitados, os turróns das Xerónimas de Sevilla ou o doce máis famoso de Sevilla, as xemas das Agustinas.

https://www.elcorreogallego.es/santiago/2024/12/07/hospederia-san-martin-pinario-dulce-112390384.html?fbclid=IwY2xjawHCWlJleHRuA2FlbQIxMAABHfxe3NTReHVILAtow0Hok2Sng3A4xZLPObES3EFbBHElcmJWHdHCMqs4dg_aem_ykDJFCZFY8KF7pa3oQzq2A

🍪🍩🎄🥮🍬🎄🥧🍫

🌟⭐️🌟Agasállate no 13º MERCADO DA ESTRELA a oportunidade de aprender. Agasállate a posibilidade de sorprenderte e de sorp...
07/12/2024

🌟⭐️🌟

Agasállate no 13º MERCADO DA ESTRELA a oportunidade de aprender. Agasállate a posibilidade de sorprenderte e de sorprender con algo creado coas túas propias mans nos obradoiros de:

🍪 Galletas de Nadal a cargo de "Hello Cooking". V13: 18h

🪴 Kokedama navideño da man de "Plántate" S14 e D15: 17h

13º MERCADO DA ESTRELA

Venres 13, sábado 14 e domingo 15 de decembro de 2024 en Santiago de Compostela

Unha fin de semana para os reencontros, as apertas, os brindes, a música, as compras e as ilusións compartidas nun festival urbán de inverno no que descubrir o talento galego.

Reserva a data para desfrutar da Feira Creativa de Agasallos de Nadal, os obradoiros, os picoteos na rúa, os concertos de balde, os xogos sorpresa, e as sesións picadiscos no 13º MERCADO DA ESTRELA

Este decembro:







Promove: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi - Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia Xunta de Galicia Estrella Galicia e Supermercados Gadis
Colaboran: FINSA Paco&Lola Universidade de Santiago de Compostela, Archidiócese de Santiago de Compostela Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco

🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟Entre tantas encargas e trasnadas de gorrobellos estreleiros nas que andamos arremangadas estas semanas para que tod...
06/12/2024

🌟⭐️🌟

Entre tantas encargas e trasnadas de gorrobellos estreleiros nas que andamos arremangadas estas semanas para que todo estea escintilante, listo e preparado para vós, onte presentabamos no Pazo de Raxoi o 13º MERCADO DA ESTRELA.

Grazas ao Concello de Santiago e a todas as marcas expositoras, patrocinadoras, colaboradoras e ás entidades participantes pola súa confianza e apoio na iniciativa un ano máis.

A conta atrás estreleira xa comezou!

🪄

13º MERCADO DA ESTRELA
Venres 13, sábado 14 e domingo 15 de decembro de 2024 en Santiago de Compostela

Unha fin de semana para os reencontros, as apertas, os brindes, a música, as compras e as ilusións compartidas nun festival urbán de inverno no que descubrir o talento galego.

Reserva a data para desfrutar da Feira Creativa de Agasallos de Nadal, os obradoiros, os picoteos na rúa, os concertos de balde, os xogos sorpresa, e as sesións picadiscos no 13º MERCADO DA ESTRELA

Este decembro:







Promove: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi - Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia Xunta de Galicia Estrella Galicia
Colaboran: FINSA Paco&Lola Universidade de Santiago de Compostela, Archidiócese de Santiago de Compostela Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco

🌟⭐️🌟

https://santiagodecompostela.gal/gl/noticias/o-mercado-da-estrela-celebra-sua-xiii-edicion-do-13-ao-15-de-decembro

🌟⭐️🌟Aínda nos quedan mooooooitas cousas por contarvos.Por exemplo estas:Monoulious DOPeBelish no Mercado da EstrelaFágas...
05/12/2024

🌟⭐️🌟

Aínda nos quedan mooooooitas cousas por contarvos.

Por exemplo estas:

Monoulious DOP

e

Belish

no Mercado da Estrela

Fágase a festa!

🥳

13º MERCADO DA ESTRELA
Venres 13, sábado 14 e domingo 15 de decembro de 2024 en Santiago de Compostela

Unha fin de semana para os reencontros, as apertas, os brindes, a música, as compras e as ilusións compartidas nun festival urbán de inverno no que descubrir o talento galego.

Reserva a data para desfrutar da Feira Creativa de Agasallos de Nadal, os obradoiros, os picoteos na rúa, os concertos de balde, os xogos sorpresa, e as sesións picadiscos no 13º Mercado da Estrela

Este decembro:







Promove: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi - Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia Xunta de Galicia Estrella Galicia e
Colaboran: FINSA Paco&Lola Universidade de Santiago de Compostela, Archidiócese de Santiago de Compostela Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco

🌟⭐️🌟

🍪🍩🎄🥮🍬🎄🥧🍫A  de San Martín Pinario inaugura o Nadal en Santiago de Compostela esta fin de semana cunha escolma de máis de ...
04/12/2024

🍪🍩🎄🥮🍬🎄🥧🍫

A de San Martín Pinario inaugura o Nadal en Santiago de Compostela esta fin de semana cunha escolma de máis de douscentos produtos elaborados en monasterios de toda a península aos que lle puxo forma a ilustradora Novoa neste fabuloso e apetitoso traballo realizado dende CORREVEYDILE para a

🍪🍩🎄🥮🍬🎄🥧🍫

🌟⭐️🌟Nesta 13ª edición do Mercado da Estrela contaremos con obradoiros que arrecenderán a creatividade, ao traballo coa i...
03/12/2024

🌟⭐️🌟

Nesta 13ª edición do Mercado da Estrela contaremos con obradoiros que arrecenderán a creatividade, ao traballo coa imaxinación e coas mans e a tempo compartido!

Como o de "Elaboración de Candeas de Soia" que impartirá o sábado 14 e o domingo 15 de decembro Alma Verde Eco no Salón Peregrinos da Hospedería de San Martiño Pinario de 12h a 14h con inscricións de balde ata cubrir capacidade preinscribíndose no propio espazo quince minutos antes do comezo da actividade!

13º MERCADO DA ESTRELA

Venres 13, sábado 14 e domingo 15 de decembro de 2024 en Santiago de Compostela

Unha fin de semana para os reencontros, as apertas, os brindes, a música, as compras e as ilusións compartidas nun festival urbán de inverno no que descubrir o talento galego.

Reserva a data para desfrutar da Feira Creativa de Agasallos de Nadal, os obradoiros, os picoteos na rúa, os concertos de balde, os xogos sorpresa, e as sesións picadiscos no 13º MERCADO DA ESTRELA

https://fb.me/e/2rEf4ql3V

Este decembro:







Promove: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi- Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia Xunta de Galicia Estrella Galicia e Gadis
Colaboran: Universidade de Santiago de Compostela, Archidiócese de Santiago de Compostela Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco

🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟Todo o agradecemento do Mercado da Estrela para a Fundación Pública Artesanía de Galicia por apoiar á iniciativa den...
02/12/2024

🌟⭐️🌟

Todo o agradecemento do Mercado da Estrela para a Fundación Pública Artesanía de Galicia por apoiar á iniciativa dende a súa primeira edición en 2012. A través da súa colaboración, unha trintena de obradoiros incluidos no Rexistro de Artesanía da Xunta de Galicia poderán participar de forma especial nesta 13ª edición ocupando un espazo no Salón Comedor do Pazo de Fonseca, ao que poderedes acceder a través dun suxerente paseo polo "Xardín das Pedras que falan" a fin de semana de celebración desta presente edición!

Agardámosvos!

13º MERCADO DA ESTRELA
Venres 13, sábado 14 e domingo 15 de decembro de 2024 en Santiago de Compostela

Unha fin de semana para os reencontros, as apertas, os brindes, a música, as compras e as ilusións compartidas nun festival urbán de inverno no que descubrir o talento galego.

Reserva a data para desfrutar da Feira Creativa de Agasallos de Nadal, os obradoiros, os picoteos na rúa, os concertos de balde, os xogos sorpresa, e as sesións picadiscos no 13º MERCADO DA
ESTRELA

https://fb.me/e/2rEf4ql3V
Este decembro:








Promove: CORREVEYDILE
Coorganiza: Pazo de Raxoi Concello de Santiago de Compostela - Comercio Santiago
Patrocinan: Fundación Pública Artesanía de Galicia Xunta de Galicia Estrella Galicia e Gadis
Colaboran: Universidade de Santiago de Compostela, Archidiócese de Santiago de Compostela Hospedería San Martín Pinario e CX Don Bosco

🌟⭐️🌟

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CORREVEYDILE publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a CORREVEYDILE:

Videos

Compartir