FAZ Cultura e Desenvolvimento. Consultora

FAZ Cultura e Desenvolvimento. Consultora Consultoría en Cultura, Divulgación da Ciencia, Turismo Científico e Desenvolvento Económico. Tamén tendemos pontes entre Galicia e os países lusófonos.
(1)

FAZ Cultura e Desenvolvimento é unha empresa galega de consultoría estratéxica, formada por profesionais da Cultura e da Economía, que traballa fundamentalmente en proxectos de I+D+i para o mercado lusófono. FAZ pretende ser un nodo xeograficamente estratéxico entre todos os organismos, públicos e privados, que realizan accións relacionadas coa cultura, o turismo e a innovación, entre a Comunidade

de países de Lingua Portuguesa (CPLP ) e o resto de Europa. A innovación e a investigación é o que nos diferencia. FAZ é unha spin off surxida do grupo de investigación GALABRA da Universidade de Santiago de Compostela. O grupo GALABRA é o noso provedor de coñecementos, funcionando a modo de laboratorio de I+D, do que nós extraemos o coñecemento teórico para convertelo en produtos e servizos transferíbeis ao mercado. O know how de GALABRA é a nosa materia prima e, ao mesmo tempo, a base para investigacións aplicadas realizadas directamente por FAZ. Somos unha empresa pioneira no noso ámbito de coñecemento e transferencia dentro da Universidade de Santiago de Compostela

En FAZ pensamos que a investigación realizada no campo das Ciencias Humanas resulta vital para unha sociedade en continua mudanza e crecemento; un crecemento sustentábel ao abeiro do enriquecemento achegado pola investigación fundamental das humanidades. É por isto que a transferencia de coñecemento nestas áreas, da universidade á sociedade, é posíbel, e crucial para o desenvolvemento desta última. En FAZ traballamos na procura dunha sociedade máis cohesionada, en que a innovación no campo das humanidades se converta nun elemento transversal, que sirva de alicerce para un crecemento e un desenvolvemento social sustentados e progresivos. Temos, daquela, unha filosofía definida e clara: a lingua e a cultura presentan enormes posibilidades como elementos catalizadores de propostas de innovación económica e social. En FAZ, pensamos que traballar coa cultura, planificala e tratala dunha forma plástica, xogando con todos os seus aspectos simbólicos e cognitivos, provoca impactos multidimensionais en diversas esferas da estrutura socio-económica, que se traducen sempre en melloras na calidade de vida dunha sociedade.

Dirección

Edificio Emprendia S/N Campus Vida
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 18:00
Martes 09:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 18:00
Viernes 09:00 - 18:00

Teléfono

+34 881 979 630

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando FAZ Cultura e Desenvolvimento. Consultora publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir


Otros agencias de viajes en Santiago de Compostela

Mostrar Todas