31/07/2024
Queremos compartir con todos os interesados e as interesadas que dende HOXE 31/07/2024, e en cumprimento do artigo 109.04 da ordenanza municipal reguladora de actividades, instalacións e ocupacións da vía pública, ESTÁ PROHIBIDO O USO DE AMPLIFICADORES DE VOZ NAS VISITAS GUIADAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Con esta medida (que non é nova) quérese reducir a molestia causada polos excesivos ruidos no centro histórico da cidade.
Para facer as visitas guiadas con grupos grandes, recoméndase usar os dispositivos tradicionais de radioguía.