Chéganos este magnífico vídeo cedido por Alberto Prado, https://www.instagram.com/albertopradog/, da Área Recreativa O Liño (A Cornella).
Está área recreativa converteuse nun reclamo turístico da comarca e cada vez máis visitantes chegan atraídos pola tranquilidade que se respira na zona e polas augas limpas que serven para refrescarse. A área foi remodelada fai pouco, hoxe en día conta con bar, parque infantil, merendoiro, grellas ou pista de fútbol sala entre outras cousas.
O motivo do nome, Área Recreativa O Liño débese a que antigamente era unha zona utilizada polos veciños para traballar o liño, cunha importancia económica destacables para o concello.
Aquí realizábanse tres das fases para a preparación do liño:
1- O empozado: metíase o liño na auga con pesos enriba dos feixes para que se enchoupara. Aí permanecían entre 15 e 40 días coa única finalidade de que despois se cocera ben.
2- O mazado: unha vez seco o liño e reunido en feixes levábano de novo a área para mazalo. O mazadoiro estaba composto por tres cilindros dentados movidos coa forza da auga.
3- O augado: despois de mazalo, o liño debía ser branqueado, e para iso empozábase de novos uns días. Logo era secado ó sol.
#turismodesantiso #santiso #oliño #acornella #cornella #ulla #galicia #concellodesantiso #turismodegalicia
#Rural
Bo día dende Pezobre, é momento para aproveitar as últimas raiolas de sol.
Santiso é o que andabas buscando!
#santiso #turismosantiso #pezobre #muiño #beseña #turismodegalicia
Comezo do curso 21-22 con Fol da Chousa:
O grupo de música tradicional Fol da Chousa comeza as súas aulas, se queres aprender a tocar a gaita, o acordeón, a percusión ou a requinta este é o teu sitio,para máis información podes contactar con eles no 600 40 90 53.
Tamén podes seguilos na redes sociais:
Instagram:
https://www.instagram.com/fol_da_chousa/
Facebook:
https://www.facebook.com/Fol-da-Chousa-104670571832249
Para un concello de 1500 habitantes, aproximadamente, como é Santiso, iniciativas como as que leva a cabo esta agrupación folclórica son unha fantástica nova para conservar e promover o noso patrimonio cultural.
Anímate.
#FolDaChousa #foldachousa #aulas #gaita #percusión #acordeón #requinta #Galicia #galiza #santiso #visantoña #turismodesantiso #TurismoSantiso #turismodegalicia #terrademelide