Lirios do Xurés

Lirios do Xurés Empresa de ecoturismo, que nace coa ilusión de dinamizar e impulsar a zona do Xurés dende unha base de preservación da nosa cultura e natureza.
(5)

Lirios Aventura organiza actividades a medida de los/as clientes: rutas de senderismo, montaña, deportes de aventura, rutas culturales, interpretación del patrimonio, ocio en familia, actividades infantiles y juveniles...
Contacta con nosotras para que programemos tu aventura a medida.

Para a ponte da vindeira fin de semana temos preparadas unha enchenta de actividades para vir disfrutar do Xurés. Noite ...
25/10/2024

Para a ponte da vindeira fin de semana temos preparadas unha enchenta de actividades para vir disfrutar do Xurés. Noite de Samaín, saída de avistamento da cabra no inicio da súa época de celo, rutas por bosques e paisaxes de outono e unha estupenda cea castrexa en Castro Laboreiro coas compis de que tenhen algo moi especial preparado.
Con todo esto non hai tempo de aburrirse

Non perdas comba da info que iremos compartindo estos días!

Sabías que agora en novembro comeza o celo da cabra montés? Os machos e as femias pasan o resto do ano separados e é ago...
23/10/2024

Sabías que agora en novembro comeza o celo da cabra montés? Os machos e as femias pasan o resto do ano separados e é agora, coa chegada do inverno cando se xuntan, cando os machos loitan entre eles, batendo seus cornos con forza para ver quen é o máis forte e pode achegarse á femia.
Puro espectáculo da natureza e do que temos a inmensa sorte de poder observar e sentir.
Onte saímos de exploración e vimos xa movemento entre os cumios escarpados, puidemos observar tres machos imponentes no alto da serra e unha actividade moi especial nestos últimos días antes de que cheguen os fríos do inverno.
Para nós saír ao monte a observar e aprender da natureza é algo moi especial e queremos compartilo con vós.

O venres 1 de novembro faremos a primeira saída de observación nesta época do celo, cun grupo reducido para que a experiencia sexa moito mellor.

Lembra tamén, que esta actividade tamén pode ser organizada con grupos privados baixo demanda e durante todo o ano.

Xunto coas compis de estamos avanzando nestas actividades de natureza, observación e aprendizaxe sobre a fauna e flora das terras do Xurés.

XA APARECEU A DONA ;) graciñas!!Apareceu este cancinho entre Lobeira e o cruce de Sta. Cruz, pola estrada a Grou.Alguén ...
17/10/2024

XA APARECEU A DONA ;) graciñas!!

Apareceu este cancinho entre Lobeira e o cruce de Sta. Cruz, pola estrada a Grou.
Alguén o reconhece? Está delgadinho e cóstalle moito caminhar.

Está agora en Grou

19/09/2024

O vindeiro día 29 de Setembro estaremos na Festa da Respiga en Lobios

Que semanas máis bonitas pasamos traballando por axudar a recuperar a memoria de Bande. Que gran grupo humán o que se su...
28/08/2024

Que semanas máis bonitas pasamos traballando por axudar a recuperar a memoria de Bande. Que gran grupo humán o que se suntou e traballou con gran ilusión!!

Grazas ao Concello de Bande pola súa implicación, axuda e motivación para seguir con este proxecto.

Xesta Brava S. Coop Galega Terra de Celanova-Serra do Xurés Xuventude Galicia

Estamos de cheo co Campo de Voluntariado "Saberes de Onte e de Sempre" en Concello de Bande Segue as nosas redes para co...
16/08/2024

Estamos de cheo co Campo de Voluntariado "Saberes de Onte e de Sempre" en Concello de Bande

Segue as nosas redes para conhecer de primeira man o que estamos a facer

145 Followers, 90 Following, 10 Posts - See Instagram photos and videos from Saberes de sempre ()

15/08/2024
Estas primeiras semanas de campamento de mañás no Concello de Bande  están a ser moi divertidas e cheas de actividades n...
17/07/2024

Estas primeiras semanas de campamento de mañás no Concello de Bande están a ser moi divertidas e cheas de actividades na natureza a través das cales a rapazada disfruta e aprende un feixe de cousas.
Quedámonos coa boa participación e ganas de pasalo ben, que traen as familias e co moito que desfrutamos as monitoras coa nosa labor.

Cada día é unha aventura!!

E que foi o que fixemos?

- Cabanas e clans no bosque
- Cadernos de campo
- Rastros de fauna
- Observación de bichos
- Cámara de fototrampeo (cun gran resultado)
- Tintas naturais e escritura con plumas
- Obradoiros artísticos
- Papel reciclado
- Xogos no bosque
- Xogos deportivos
- Piscina
- Excursión familiar á praia
- Prensado de plantas

E seguimos todo o verán!!!!

Grazas ao concello por seguir apostando polo noso traballo e fomentar o emprendemento e supervivencia no verán.

Seguimos buscando a unha cociñeira ou cociñeiro para traballar do 17 ao 25 de Xullo no albergue de bande nun campamento ...
09/07/2024

Seguimos buscando a unha cociñeira ou cociñeiro para traballar do 17 ao 25 de Xullo no albergue de bande nun campamento de verán.

Urxente!!

OFERTA LABORAL: PERSOAL DE COCIÑA.

Buscamos unha persoa xefa de cociña e unha axudante de cociña. Para dous campamentos de verán no albergue municipal de Bande. As tarefas serán preparar almorzos, comidas, merendas e ceas. Horario intensivo en oito día.
Moi boas condicións económicas e aloxamento e manutención incluídas no posto de traballo.

Hai dúas datas:
Do 17 ao 25 de Xullo
Do 12 ao 22 de Agosto

Lugar: Bande (Ourense)

Para o posto de xefa/e de cociña requerimos un mínimo de experiencia.

Máis información por privado: 696 76 09 10 [email protected]

Xa está aquí o verán, tempo de pozas! Para a vindeira fin de semana imos preparar un par de saídas para coñecer algunhas...
05/07/2024

Xa está aquí o verán, tempo de pozas! Para a vindeira fin de semana imos preparar un par de saídas para coñecer algunhas das pozas do Parque Natural do Xurés.

O sábado marcharemos pola zona de Olelas para achegarnos ata as pozas do mallón e a mistura das augas. Unha paraxe única e fermosísima que nos vai permitir disfrutar da contorna e do río do Leboreiro.

O sábado, faremos unha pequena aventura para descubrir as pozas da Corga da Fecha, cun grupo reducido. Un lugar que é máis que fermoso e que ben merece a pena visitar.

Para inscribirse podes enviarnos un correo electrónico ao mail: [email protected] ou chamar ao 696.760.910 (a partir do luns)

Para a finde do 6 e o 7 de Xullo imos organizar unha actividade de aventura total na serra do Xurés-Gerês, cunha travesí...
26/06/2024

Para a finde do 6 e o 7 de Xullo imos organizar unha actividade de aventura total na serra do Xurés-Gerês, cunha travesía de trekking con vivac. Será para un grupo reducido e unha experiencia única onde andaremos por algunhas pozas da serra e pernoctaremos segundo vaiamos facendo a nosa travesía, con todo o necesario sobre as nosas costas.
Comezaremos o sábado cedo e remataremos o domingo.

Non agardes para solicitar máis información e incluso inscribirte nesta aventura!!!!

Onte saímos cun grupo estupendo no "II Descenso Internacional do Salas", para remar e disfrutar do día que nos acompañou...
24/06/2024

Onte saímos cun grupo estupendo no "II Descenso Internacional do Salas", para remar e disfrutar do día que nos acompañou.
Grazas grupo por vires e participar desta actividade que seguiremos organizando cana ano e mellorando.

Está a chegar a máxica noite de San Xoán, chea de tradición, supersticións, meigallos e maxia.   E ti, que plantas utili...
20/06/2024

Está a chegar a máxica noite de San Xoán, chea de tradición, supersticións, meigallos e maxia.
E ti, que plantas utilizas para facer a túa auga de San Xoán?

O domingo, despois do Descenso do Salas en kayak e do rico xantar, faremos un paseo para recoller estas plantiñas na contorna do Salas.

E pola noite participaremos na tradicional xuntanza de San Xoán que organiza MiraXurés no San Roque de Lobios.

Xurés é tradición, é xuntanza e é amizade

Aviva Outdoor Sports Center

Historia viva no Campamento Romano de Aquis Querquennis
20/06/2024

Historia viva no Campamento Romano de Aquis Querquennis

📜𝗥𝗲𝗰𝗿𝗲𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗵𝗶𝘀𝘁ó𝗿𝗶𝗰𝗮 𝗔𝗾𝘂𝗶𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗿𝗾𝘂𝗲𝗻𝗻𝗶𝘀!
🗓 28,29 e 30 de xuño

Para este sábado sacamos proposta dunha ruta de serra, para descubrir os picos de Gralleiras e subir ata o alto de Fonte...
18/06/2024

Para este sábado sacamos proposta dunha ruta de serra, para descubrir os picos de Gralleiras e subir ata o alto de Fontefría.
Unha das rutas máis especiais do Xurés, onde poderemos observar gran parte da fauna que podemos atopar nestas terras,así como o lirio do Xurés que nestos días esta xa florido.

Unha xornada de sendeirismo e natureza.

Prazas limitadas e prezo rebaixado

OFERTA LABORAL: PERSOAL DE COCIÑA.   Buscamos unha persoa xefa de cociña e unha axudante de cociña. Para dous campamento...
13/06/2024

OFERTA LABORAL: PERSOAL DE COCIÑA.

Buscamos unha persoa xefa de cociña e unha axudante de cociña. Para dous campamentos de verán no albergue municipal de Bande. As tarefas serán preparar almorzos, comidas, merendas e ceas. Horario intensivo en oito día.
Moi boas condicións económicas e aloxamento e manutención incluídas no posto de traballo.

Hai dúas datas:
Do 17 ao 25 de Xullo
Do 12 ao 22 de Agosto

Lugar: Bande (Ourense)

Para o posto de xefa/e de cociña requerimos un mínimo de experiencia.

Máis información por privado: 696 76 09 10 [email protected]

NOVA DATA PARA O 2ºDESCENSO INTERNACIONAL DO RÍO SALAS Por mor da mala climatoloxía que teremos para este domingo, tomam...
13/06/2024

NOVA DATA PARA O 2ºDESCENSO INTERNACIONAL DO RÍO SALAS

Por mor da mala climatoloxía que teremos para este domingo, tomamos a decisión de mudar a data para o vindeiro domingo día 23 de Xuño. Será en horario de mañá con ou sen xantar, polo que poderedes chegar a tempo aos vosos plans de San Xoan.

Todavía temos prazas, pero lembrade que esta actividade ten prazas limitadas.

Máis info: 696.760.910 / [email protected]

Turismo Provincia Ourense Turismo de Galicia Terra de Celanova-Serra do Xurés Aviva Outdoor Sports Center

Buscamos monitoras e monitores para este verán. Para traballar nos campamentos de verán de Bande e Lobeira. Horario de M...
12/06/2024

Buscamos monitoras e monitores para este verán. Para traballar nos campamentos de verán de Bande e Lobeira. Horario de Manhá de luns a venres.
O verán está para divertirse!!

Estamos moi pendentes das previsións metereolóxicas para o domingo, porque parece que queren caer unhas gotiñas... O ven...
11/06/2024

Estamos moi pendentes das previsións metereolóxicas para o domingo, porque parece que queren caer unhas gotiñas... O venres confirmaremos se a actividade segue ou non adiante.

As inscricións seguen abertas, estamos xa coas últimas prazas para anotarse. Non perdas esta xornada de remo, natureza e gastronomía

Aviva Outdoor Sports Center Ecoturismo Xurés

Xa temos data para o 2ª Descenso Internacional do Río Salas!!  Será o vindeiro domingo día 16 de Xuño, en horario de mañ...
30/05/2024

Xa temos data para o 2ª Descenso Internacional do Río Salas!! Será o vindeiro domingo día 16 de Xuño, en horario de mañá e rematando cun estupendo xantar.

Remaremos pola mañá, con varias paradas e aproveitando para facer algo de observación e interpretación do lugar. O primeiro tramo discurre pola zona do río sen embalsar, tendo que baixar algunha que outra vez dos kayaks para avanzar. Unha auténtica aventura. Unha actividade para disfrutar da natureza e do grupo que se forme.

A que agardas para anotarte? lembra que as prazas son limitadas.

Aviva Outdoor Sports Center Turismo de Galicia

Oferta de Traballo!!      Buscamos persoal de Ocio e Tempo Libre ou do eído da Educación para traballar nos meses de Xul...
29/05/2024

Oferta de Traballo!!

Buscamos persoal de Ocio e Tempo Libre ou do eído da Educación para traballar nos meses de Xullo e Agosto en actividades de tempo libre con infancia (de 3 a 12 anos) No concello de Concello de Bande
O ideal é ter algo de experiencia no sector e estar en posesión da titulación de Ocio e Tempo Libre.

Horario de media xornada, de mañás de luns a venres.

Se estás interesada/o podes enviarnos o teu currículum a [email protected] ou chamarnos directamente ao 696.760.910 (Ana)

Abrimos inscricións para a ruta deste sábado, coa que nos achegaremos a descubrir algúns dos currais da Serra do Gerês e...
20/05/2024

Abrimos inscricións para a ruta deste sábado, coa que nos achegaremos a descubrir algúns dos currais da Serra do Gerês e faremos un xantar estilo montanheiro, unha xornada para caminhar e disfrutar do convivio. Unha experiencia máis para descubrir a parte portuguesa da Reserva Transfronteiriza Gerês -Xurés

Seguimos pendentes da climatoloxía, pero pinta mal para esta primeira travesía dos 8 Miles do Xurés....   No caso de non...
14/05/2024

Seguimos pendentes da climatoloxía, pero pinta mal para esta primeira travesía dos 8 Miles do Xurés....

No caso de non realizala, mudaremos esta primeira para a seguinte data proposta: 1 e 2 de Xuño.

A travesía partirá do pé do Pisco para subir ao seu cumio, cruzaremos a fronteira e seguiremos polos marcos da fronteira dirección Pico de Fontefría, de aí achegarémonos ata o Cumio portugués da Nevosa para ir logo cara a Portela do Homem.

Total 34 km e un desnivel positivo acumulado de 1.700 m.

Será unha gran aventura para vivir na Reserva da Biosfera Gerês - Xurés !!

A organización xestionará o material necesario para a pernocta, así como a comida que será distribuída no grupo da expedición antes de saír. Cada participante deberá levar o seu s**o de durmir e esterilla, así como todo o material e equipamento que requeriremos coa inscrición (plato, vaso, cubertos, botiquín elemental...) Toda esta información será compartida coas persoas valentes que se animen a vivir esta gran experiencia

Lembrade que o grupo será reducido para garantir a seguridade do mesmo e o desfrute da expedición.

Se queres máis información ou incluso irte inscribindo podes enviarnos un correo: [email protected] ou contactar con nós no 693.760.910

Esta actividade conta con todos os seguros obrigatorios para actividades deste tipo.

Seguimos adiante!!

Dirección

Sober
32892

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 20:00
Sábado 09:00 - 20:00
Domingo 09:00 - 20:00

Teléfono

(0034)696760910

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Lirios do Xurés publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Lirios do Xurés:

Videos

Compartir

Categoría


Otros agencias de viajes en Sober

Mostrar Todas