Bos días, familia!!!
Arestora, a data 01 de maio.
A neve sempre é benvida polo Territorio de Trevinca.
bo día, familia!!!
moi agradecidos ó programa da TVG @horagalega e a @emilioguillintv (presentador) e @iagoyaguete (cámara) por contar connosco para a sección da búsqueda do tesouro.
Mónica e Juanjo
Xares, a cota 1000 m, uns 20 cm de neve ,,🌨️🌨️🌨️
Feliz día das Montañas !!!!
Bo e chuvioso día, familia!!!
Ístes días, preparando a actividade de lagoas glaciais do vindeiro sábado 17, grabamos este vídeo onde vemos un exemplar de Hirudo sp. (probablemente Hirudo verbana) que é unha especie de samesuga (sanguijuela, en castelán), que habita en lagoas e zonas remansadas de ríos frecuentadas por animais.
Existen referencias da súa presenza nas lagoas glaciais de Ocelo e a Serpe (o exemplar deste video é da lagoa de Ocelo).
Juanjo
Boa tarde, familia!!!!
Seguemos con anfibios propios do Territorio de Trevinca.
Neste caso tocalle a quenda a unha "coqueta" compañeira que deixouse coller e grabar tranquilamente.
Hyla arborea, chamada coloquialmente "rá de San Antón" ou tamén "estroza" é unha especia catalogada coma Vulnerabel no Anexo II do Catálogo Galego de Especies Amenazadas.
Desfrutade do vídeo.
Juanjo.
--------------------------------------------------------------------
Buenas tardes, familia!!!!
Seguimos con anfibios propios del Territorio de Trevinca.
En este caso le toca el turno a una "coqueta" compañera que se dejó coger y grabar tranquilamente.
Hyla arborea, llamada coloquialmente "rana de San Antonio" o también "estroza" (en gallego) es una especia catalogada como Vulnerable en el Anejo II del Catálogo Gallego de Especies Amenazadas.
Disfrutad del vídeo.
Juanjo.
#terrasaltasdetrevinca #trevinca #penatrevinca #peñatrevinca #aveiga #turismoaveiga #ourense #turismoourense #galicia #turismogalicia #turismoruralgalicia #guiamontañatrevinca #raquetasdenieveourense
Terras Altas de Trevinca
Bo serán, familia!!!
Fin de semana para compartir experiencias con vell@s e nov@s amig@s.
Deixovos un vídeo de coma lucía a Señora Trevinca esta pasada fin de semana
Compartide con amig@s. Graciñas.
TERRAS ALTAS DE TREVINCA
Guías locais de montaña
Os teus guías do Territorio de Trevinca.
Juanjo
#terrasaltasdetrevinca #trevinca #penatrevinca #peñatrevinca #aveiga #turismoaveiga #ourense #turismoourense #galicia #turismogalicia #turismoruralgalicia #guiamontañatrevinca #raquetasdenieveourense
--------------------------------------------------------------------
Buenas noches, familia!!!
Fin de semana para compartir experiencias con vell@s e nov@s amig@s.
Os dejamos un vídeo de como lucía la Señora Trevinca este pasado fin de semana
Compartid con amig@s. Graciñas.
TERRAS ALTAS DE TREVINCA
Guías locales de montaña
Tus guías del Territorio de Trevinca.
Juanjo
201211 río Xares ó seu paso pola aldea de Xares
Así luce o río Xares, este venres 11 de decembro, ó seu paso pola aldea de Xares, no Concello de A Veiga.
Terras Altas e Trevinca, sábado 01 de febreiro
Bos días, equipo!!
Aínda quedan prazas libres para anotarse á actividade deste sábado con raquetas de neve polas Montañas de Trevinca.
Coma máis dunha persoa preguntoume se habería neve para poder face-la actividade, decidín percorrer onte pola tarde a ruta que faremos esta sábado con raquetas de neve, para compobar in situ o estado da propia neve e contarvolo.
E temos moi boas novas.
Até os 1400 m non hai nada de neve.
A partires de esa cota aparece a neve (ver foto do refuxio de cazadores de O Fial a 1445 msnm), presentando fora dos camiños acumulados duns 12 cm (6 cm compactado con roseta de bastón). Ainda así, vese bastante vexetación.
A partires dos 1500 m a capa de neve é un manto constante que cubre completamente o terreo, ainda que trátase dunha neve moi húmida e pesada, que agarrase moito ó andar ás raquetas.
A partires dos 1600 m a neve xa escomeza a estar en boas condicións para raquetas. Atopamos unha capa base de neve transformada e outra de neve recente por riba da mesma.
A partires dos 1700 m atopamos acumulados de neve nova de 15-20 cm (sen contar ca capa base) (ver fotos).
No Alto do Fial (1841 msnm), existe zonas con neve dura, placas de vento e neve recente. Fora do camiño atopamos espesores de 15-20 cm, aínda que exiten zonas varridas polo vento con espesores menores.
Por outra banda:
A partires de hoxe mércores temos previsións de ausencia de precipitacións, tanto en forma sólida (nevaradas) coma líquida (choivas).
As temperaturas diurnas irán ascendendo de xeito progresivo, sobretodo o venres e o sábado. Agárdanse temperaturas negativas en horario nocturno.
Existe neve transformada a partires dos 1600 m.
Tendo en conta tódolo anteriormente expresado, PENSO QUE AS CONDICIÓNS DA NEVE VAN A SER BOAS PARA PODER REALIZA-LA ACTIVIDADE, sobretodo nas primeiras hora da xornada, a pesar de que, o sábado, atopemos a neve a cotas algo maiores que onte martes.
Vo-lo ides perder????.
Juanjo.
---------------------------------------------------