Turismo de Vimianzo

Turismo de Vimianzo Páxina oficial de Turismo do Concello de Vimianzo (Costa da Morte)

Para información do concello: http://facebook.com/ConcelloVimianzo

Dirección

Praza Do Concello, 6
Vimianzo
15129

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Teléfono

+34981716001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Turismo de Vimianzo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Turismo de Vimianzo:

Compartir

Vimianzo, un destino cultural na #CostadaMorte

Vimianzo, capital da Terra de Soneira, sitúase nun territorio de contrastes entre a paisaxe agrogandeira das fértiles terras de interior e a abrupta costa do Atlántico. Comparte por todo, a identidade da mítica rexión da Costa da Morte, territorio que poderás percorrer facilmente establecendo Vimianzo como punto de partida, grazas a súa céntrica e privilexiada posición estratéxica.

Vila de altivo pasado, sorprende ao visitante pola súa riqueza patrimonial de diferentes épocas: monumentos megalíticos (Ruta dos Dolmens), petróglifos, castros como o das Barreiras, igrexas de impronta románica (a magnífica de Santiago de Cereixo), pazos ou conxuntos etnográficos de gran interese como o do Mosquetín cos seus muíños e batáns á beira do río Grande.

O castelo medieval, emblema da vila, tamén se amosa no presente como un espazo vivo e dinámico onde se dan cita artesáns da comarca nunha exposición de artesanía ao vivo, alén doutras actividades deseñadas sempre para o achegamento a nosa memoria e goce cultural.

Vimianzo distínguese tamén na actualidade, pola súa riqueza gastronómica, como núcleo comercial e referente da vida cultural da comarca cunha intensa e variada programación durante todo o ano.