Turismo As Neves

Turismo As Neves Facebook oficial de Turismo As Neves dende 2024

1º Premio do Concurso de Fotografía o Outono en As Neves 👏🏻👏🏻👏🏻Parabéns a Patricia González Fernández que fixo esta ferm...
17/11/2024

1º Premio do Concurso de Fotografía o Outono en As Neves 👏🏻👏🏻👏🏻

Parabéns a Patricia González Fernández que fixo esta fermosa fotografía do noso municipio📸 coa cal o xurado outorgoulle o 1º premio 🥇

O Xurado estivo formado pola Concelleira de Turismo Ana Belén Rodríguez, polo ambito social por Alejandro Martínez e polo ambito cultural por María Ángeles Martínez.

Parabéns 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻

3º Premio do Concurso de Fotografía o Outono en As Neves 👏🏻👏🏻👏🏻Parabéns a Cristian Benitez Leyva que fixo esta fermosa f...
15/11/2024

3º Premio do Concurso de Fotografía o Outono en As Neves 👏🏻👏🏻👏🏻

Parabéns a Cristian Benitez Leyva que fixo esta fermosa fotografía do noso municipio📸 coa cal o xurado outorgoulle o 3º premio 🥉

O Xurado estivo formado pola Concelleira de Turismo, Ana Belén Rodríguez, polo ambito social por Alejandro Martínez e polo ambito cultural por María Ángeles Martínez.

Parabéns 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻

Malia que se atopa na parte urbana da vila de As Neves, o cruceiro de Entrecíns, orixinalmente marcaba o límite entre as...
26/10/2024

Malia que se atopa na parte urbana da vila de As Neves, o cruceiro de Entrecíns, orixinalmente marcaba o límite entre as parroquias de Santa María de As Neves e Santiago de Tortoreos. Foi o abade de Tortoreos e comisario do Santo Oficio: Don Pedro de Groba Carrera quen mandou facer este cruceiro, probablemente, no ano 1685 ao igual que aparece na capela de Tortoreos.

📢 MOITO POR DESCUBRIR As Neves é un concello cheo de recunchos por descubrir, vén e coñéceos!Nas imaxes podemos ver: 👉Pe...
05/10/2024

📢 MOITO POR DESCUBRIR

As Neves é un concello cheo de recunchos por descubrir, vén e coñéceos!

Nas imaxes podemos ver:
👉Petróglifos da Coutada (Taboexa)
👉Miradoiro de San Nomedio (Taboexa)
👉Sendeiro dos pescadores (Polo Miño)
👉Santa Marta de Ribarteme (San Xosé de Ribarteme)
👉O Xigante, Esculturas de Redondelo (Tortoreos)
👉Requeixo e Mel
👉Ponte da Senra (Santiago de Ribarteme)

Xa tes lista a túa cámara de fotografía? 📸Hoxe comeza o prazo para presentar a túa mellor imaxe do outono en Concello As...
01/10/2024

Xa tes lista a túa cámara de fotografía? 📸

Hoxe comeza o prazo para presentar a túa mellor imaxe do outono en Concello As Neves 🍁 tes todo o mes para facer a fotografía e presentala, non o dubides un dos premios pode ser teu! 💶

Le as bases completas aquí 👉 https://asneves.gal/concurso-de-fotografia-outono-en-as-neves/

📢 AVISOA oficina de Turismo de As Neves permanecerá pechada desde hoxe, 30 de setembro, ata o vindeiro verán.Vémonos de ...
30/09/2024

📢 AVISO

A oficina de Turismo de As Neves permanecerá pechada desde hoxe, 30 de setembro, ata o vindeiro verán.

Vémonos de novo no 2025.

Hoxe é o día mundial do turismo que este ano ten como lema Turismo e Paz. Desde Turismo As Neves e Concello As Neves  an...
27/09/2024

Hoxe é o día mundial do turismo que este ano ten como lema Turismo e Paz.

Desde Turismo As Neves e Concello As Neves animámosvos a viaxar e coñecer o mundo, comenzando por As Neves.

Como dí António Guterres, Secretario Xeral das Nacións Unidas: Viaxemos con sentido da responsabilidade, tendamos pontes e promovamos o respeto mutuo entre culturas e nacións.

Benvido  ! 🍁Pronto comenzaran as follas a volverse amarelas, vermellas, marróns e a caer convertendo os nosos espacios n...
22/09/2024

Benvido ! 🍁

Pronto comenzaran as follas a volverse amarelas, vermellas, marróns e a caer convertendo os nosos espacios naturais de lecer nun lugar no que deleitarse coa beleza que estas cores outonais lle dan.

Lembra que a partir do 1 de outubro comenza o prazo para presentar a túa fotografia para o concurso "Outono en As Neves". 📸

Le as bases aquí 👉 https://asneves.gal/concurso-de-fotografia-outono-en-as-neves/

As Neves é   Se gozas do sendeirismo tes dúas opcións para achegarte ata esta lagoa cun alto valor ecolóxico. Ben podes ...
21/09/2024

As Neves é

Se gozas do sendeirismo tes dúas opcións para achegarte ata esta lagoa cun alto valor ecolóxico. Ben podes facer o Camiño dos pescadores e rematar na lagoa, ou ben podes comezar o Camiño dos Frades desde aquí.

Neste paraxe atoparás unha especie de tartarugas pouco comúns, por iso tamén se a coñece como a lagoa dos sapoconchos.

A lenda conta que no fondo da lagoa hai un carro de bois e unha campá. A igrexa de Setados non tiña campá e os veciños decidiron unha noite ir a Portugal e roubar a campa da súa igrexa. Ao pasar pola lagoa os bois asustaronse e a campá caeu ao fondo. Contan que cada ano, na noite de San Xoán (24 de xuño), as campás poden ser ouvidas delatando aos ladróns.

A que esperas para coñecela?

Vai preparando a túa cámara de fotografía porque o Concello As Neves ven de publicar as bases para un concurso de fotogr...
20/09/2024

Vai preparando a túa cámara de fotografía porque o Concello As Neves ven de publicar as bases para un concurso de fotografía "Outono en As Neves".

Consegue facer a fotografía que mellor difunda o noso patrimonio arquitectónico, arqueolóxico, artístico, industrial ou natural e poderás gañar un dos 3 premios.

📅 Poderás presentar as tuas fotografías do 1 ao 31 de outubro.

Le as bases completas aquí 👉 https://asneves.gal/concurso-de-fotografia-outono-en-as-neves/

Ainda non tes plan para este sábado? 🤔Pois a que esperas para comprar a túa entrada para o Bus da Vendimia da Ruta do Vi...
19/09/2024

Ainda non tes plan para este sábado? 🤔

Pois a que esperas para comprar a túa entrada para o Bus da Vendimia da Ruta do Viño Rías Baixas? 🍇

No Concello As Neves poderás participar na vendimia na adega Señorío de Rubiós onde aprenderás todo sobre o proceso de elaboración do viño, e gozarás dun paseo polos fermosos paisaxes do Condado do Tea.

📅 Data: 21 de septiembre
📍 Lugar: As Neves, Condado do Tea
🚌 Saídas: desde Pontevedra e Vigo.
💳 Entradas: https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/default_category/787-salida-pontevedra2f-hiperxel-plaza-de-galicia/x3aggkxm-bus-de-vendimia-o-condado-do-tea

Non perdas a oportunidade de vivir esta experiencia única rodeado da maxia dos viñedos galegos 🍇✨

📢 VIVE A VENDIMIA EN AS NEVES! 🍇Reserva o 21 de setembro para vivir unha experiencia enoturística única da man da Ruta d...
13/09/2024

📢 VIVE A VENDIMIA EN AS NEVES! 🍇

Reserva o 21 de setembro para vivir unha experiencia enoturística única da man da Ruta do Viño Rías Baixas 🍇

Únete a unha excursión exclusiva e goza dunha xornada inesquecible onde poderás:
- Participar na vendimia na bodega Señorío de Rubiós
- Aprender sobre o proceso de elaboración do viño.
- G***r dun paseo polos fermosos paisaxes do Condado do Tea.

Un plan perfecto para amantes do enoturismo e a natureza!

📅 Data: 21 de septiembre
📍 Lugar: As Neves, Condado do Tea
🚌 Saídas: desde Pontevedra e Vigo.

Non perdas a oportunidade de vivir esta experiencia única rodeado da maxia dos viñedos galegos 🍇✨

Coñeces o noso perfil en Instagram? Tamén podes seguirnos ali. 👇
09/09/2024

Coñeces o noso perfil en Instagram? Tamén podes seguirnos ali. 👇

Rubiós está en   na honra da Virxe do Libramento!O vindeiro fin de semana non perdas a celebración chea de música, diver...
08/09/2024

Rubiós está en na honra da Virxe do Libramento!

O vindeiro fin de semana non perdas a celebración chea de música, diversión e tradición!

📅 O sábado 14
🕐 ás 13:00 horas Gran tirada de foguetes
🕛 e, pola noite, verbena amenizada pola orquestra Costa Blanca e o Trío Azar.

📅 O domingo 15,
🕚 ás 11:00 horas pasarrúas
🕛 ás 12:00 horas Concerto da Banda de Música "Popular de Rubiós" - As Neves
🕐 ás 13:15 horas Misa solemne, coa procesión acompañada pola Banda de Música, e a continuación, sesión vermú

Non faltedes!
Colabora: Concello As Neves e Deputación Pontevedra

A Banda de Música "Popular de Rubiós"  - As Neves convidate á XIV edición da súa clásica convención! 📅 O vindeiro día 14...
06/09/2024

A Banda de Música "Popular de Rubiós" - As Neves convidate á XIV edición da súa clásica convención!

📅 O vindeiro día 14 de setembro
📍 No torreiro da Igrexa de Rubiós

Haberá boa música e acompañados pola Unión Musical de Coruxo amenizaran a tarde de festas.

Non volo perdades!

Coñeces o edificio da EFA A Cancela?Foi inaugurado pola propia Marquesa do Pazo da Mercé, ten no seu corpo central unha ...
05/09/2024

Coñeces o edificio da EFA A Cancela?

Foi inaugurado pola propia Marquesa do Pazo da Mercé, ten no seu corpo central unha capela neogótica de gran valor arquitectónico, construída en 1919, con artísticas vidrieiras e dous sepulcros labrados en pedra, un coas cenizas da marquesa e o outro coas do párroco de Tortoreos D. Juan Pérez Martínez, o seu colaborador.

Na súa orixe estivo rexido polas Monxas Franciscanas para a formación de nenas en idade e escolar e parvulos de ámbolos sexos.

Nos anos 70 quedou abandonado e o Patronato da Fundación cedeullo ao Centro de Iniciativas para a Formación Agraria EFA A Cancela.

Sabías que no barrio de Ribadeira, en Rubiós, ainda se poden ver  ?Estas construcións cavadas na rocha, contan cun dinte...
29/08/2024

Sabías que no barrio de Ribadeira, en Rubiós, ainda se poden ver ?

Estas construcións cavadas na rocha, contan cun dintel de pedra e algunhas aínda conservan a porta de madeira. Servían para dar acubillo aos animais domésticos.

A que esperas para vir a coñecer o noso ?

Endereço

Marquesa Do Pazo, 22
Vila Franca Do Campo

Horário de Funcionamento

Quarta-feira 10:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Quinta-feira 10:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Sexta-feira 10:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Sábado 10:00 - 13:30
16:30 - 20:00
Domingo 10:00 - 13:30
16:30 - 20:00

Telefone

+34684723206

Notificações

Seja o primeiro a receber as novidades e deixe-nos enviar-lhe um email quando Turismo As Neves publica notícias e promoções. O seu endereço de email não será utilizado para qualquer outro propósito, e pode cancelar a subscrição a qualquer momento.

Entre Em Contato Com O Negócio

Envie uma mensagem para Turismo As Neves:

Vídeos

Compartilhar